Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 Transportistas do carbón da central térmica das Pontes cortaron os accesos do porto de Ferrol // Comeza na Audiencia Nacional o macroxuízo á antiga cúpula de Pescanova pola quebra da compañía // Traballadores do hospital de Verín inician un peche nas instalacións contra a clausura do paridoiro // "O que arde" sitúase entre as favoritas nos Premios Goya // Empate sen goles entre Lugo e Deportivo no derbi galego de Segunda // A catedral de Santiago estrea a súa primeira audioguía gratuíta para descargar no móbil    02/12/19 

Transportistas do carbón da central térmica das Pontes cortaron os accesos do porto de Ferrol // Comeza na Audiencia Nacional o macroxuízo á antiga cúpula de Pescanova pola quebra da compañía // "O que arde" sitúase entre as favoritas nos Premios Goya   02/12/19 

 Decembro comeza cun anticiclón que deixa ceos despexados polo sur e con algunhas nubes pola norte. As temperaturas baixan. As máximas oscilarán entre os 10 graos previstos en Lugo e os 14 que agardan en Pontevedra. A sensación térmica será de máis frío polo vento do nordés. Deixará refachos fortes no litoral e zonas altas  02/12/19 

O veredicto do caso Diana Quer atrásase ata mañá. O xuíz devolveullo ao xurado por posibles erros e contradiccións // Hoxe declarou ante o xuíz o loteiro da Coruña investigado por presuntamente apropiarse dun boleto premiado da primitiva // Estímase que cada galego gastará de media uns 200 euros nesta xornada de descontos do Black Friday 29/11/19 

O veredicto do caso Diana Quer atrásase ata mañá. O xuíz devolveullo ao xurado por posibles erros e contradiccións // Hoxe declarou ante o xuíz o loteiro da Coruña investigado por presuntamente apropiarse dun boleto premiado da primitiva  // O Blue Star cumpre unha semana encallado na ría de Ares e co combustible aínda sen extraer // A Federación galega de municipios e provincias renova hoxe a súa dirección, nunha asemblea na que sairá elexido como novo presidente o alcalde de Vilagarcía de Arousa, o socialista Alberto Varela // O Celta busca esta noite outra vitoria contra o Valladolid, con opcións de abandonar a zona de descenso // Estímase que cada galego gastará de media uns 200 euros nesta xornada de descontos do Black Friday 29/11/19 

Xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día. Iso permitirá apertura dalgúns claros nas horas centrais antes de que coa noite volvan as chuvias, que serán abondosas sobre todo mañá sábado. Despediremos así o mes de novembro con máis días de chuvia da última década. As tempeturas máximas poderían subir algo. Oscilarán entre os 16 graos previstos en Santiago e os 19 de Ourense.29/11/19 

O veredicto do caso Diana Quer atrásase ata mañá. O xuíz devolveullo ao xurado por posibles erros e contradiccións // Hoxe declarou ante o xuíz o loteiro da Coruña investigado por presuntamente apropiarse dun boleto premiado da primitiva // Estímase que cada galego gastará de media uns 200 euros nesta xornada de descontos do Black Friday 29/11/19 

Axilízanse os traballos para retirar as máis de cen toneladas de combustible do Blue Star, encallado na costa de Ares desde hai seis días // A Xunta vai dedicar cinco millóns de euros á instalación de torretas para ampliar a cobertura dos teléfonos móbiles en zonas rurais // Vieiras de calidade, pero de tamaño algo inferior ao habitual. Así arrancou a campaña deste marisco, un dos máis demandados de cara ao Nadal // A ministra de Defensa mostra en Ferrol a súa preocupación polo risco inminente de atendados terroristas contra españois no Sáhara Occidental, do que avisan os servizos de intelixencia // A Delegación do Goberno entrega os Premios Meninas a cinco institucións que loitan contra a violencia machista // Mañá celébrase o Black Friday, ou venres negro, pero moitas tendas xa están adiantando os descontos 28/11/19 

 

Axilízanse os traballos para retirar as máis de cen toneladas de combustible do Blue Star, encallado na costa de Ares desde hai seis días // A Xunta vai dedicar cinco millóns de euros á instalación de torretas para ampliar a cobertura dos teléfonos móbiles en zonas rurais // Vieiras de calidade, pero de tamaño algo inferior ao habitual. Así arrancou a campaña deste marisco, un dos máis demandados de cara ao Nadal

28/11/19 

Seguimos contando días de chuvia. Esta tarde notaremos especialmente a chegada dun río atmosférico. O que se traducirá en máis humidade e chuvias nas próximas horas. Poden ser puntualmente intensas e deixar acumulacións importantes  na metade sur e nas zonas elevadas. As temperaturas máximas soben. O vento na costa deixará refachos moi fortes ao sur de Fisterra nestas horas centrais do día. 28/11/19 

 

O primeiro 'narcosubmarino' detectado en Europa levaba tres toneladas de cocaína e seguíao a policía de varios países // Os médicos de atención primaria están convocados hoxe e mañá a unha nova xornada de folga para pedir máis tempo para atender aos doentes e máis medios // Cineuropa chega ao seu fin repetindo a exhibición das cinco películas premiadas polo público. 27/11/19

 

O primeiro 'narcosubmarino' detectado en Europa levaba tres toneladas de cocaína e seguíao a policía de varios países // En Ares, retómanse os preparativos para a extracción do combustible do Blue Star, encallado desde hai cinco días // Os médicos de atención primaria están convocados hoxe e mañá a unha nova xornada de folga para pedir máis tempo para atender aos doentes e máis medios // A principios do ano que vén estará xa a pleno rendemento o novo edificio xudicial de Tui, inaugurado esta mañá // Galicia súmase ás concentracións en protesta pola sentenza do Tribunal Constitucional que avala o despido dos traballadores por baixas intermitentes, aínda que sexan xustificadas // Cineuropa chega ao seu fin repetindo a exhibición das cinco películas premiadas polo público. 27/11/19

 

As chuvias e chuvascos serán máis frecuentes e intensos durante a segunda metade do día e máis persistentes na fachada atlántica. No mar toda a costa segue en alerta amarela por ondas de ata cinco metros. O vento soprará con refachos moi fortes no extremo norte e Os Ancares. As temperaturas máximas baixan. Oscilarán entre os 12 graos previstos en Lugo e os 15 da Coruña. 27/11/19

 

O primeiro 'narcosubmarino' detectado en Europa levaba tres toneladas de cocaína e seguíao a policía de varios países // En Ares, retómanse os preparativos para a extracción do combustible do Blue Star, encallado desde hai cinco días // Os médicos de atención primaria están convocados hoxe e mañá a unha nova xornada de folga para pedir máis tempo para atender aos doentes e máis medios // A principios do ano que vén estará xa a pleno rendemento o novo edificio xudicial de Tui, inaugurado esta mañá // Galicia súmase ás concentracións en protesta pola sentenza do Tribunal Constitucional que avala o despido dos traballadores por baixas intermitentes, aínda que sexan xustificadas // Cineuropa chega ao seu fin repetindo a exhibición das cinco películas premiadas polo público. 27/11/19

 

José Enrique Abuín pide perdón no seu uso do turno de última palabra no xuízo polo asasinato de Diana Quer, que hoxe queda visto para sentenza // Chega ao porto de Aldán, en Cangas, o submarino afundido con tres toneladas de cocaína a bordo. Esta tarde comezarán a decargar a droga e tamén pasarán a disposición xudicial os dous tripulantes detidos  // Os operarios encargados da extracción do combustible  no Blue Star, encallado na ría de Ares, xa traballan a bordo do buque. 26/11/19

 

José Enrique Abuín pide perdón no seu uso do turno de última palabra no xuízo polo asasinato de Diana Quer, que hoxe queda visto para sentenza // Na ría de Aldán, en Cangas, seguen tentando remolcar a porto o submarino cun cargamento de cocaína interceptado polas forzas de seguridade hai dous días // Os operarios encargados da extracción do combustible  no Blue Star, encallado na ría de Ares, xa traballan a bordo do buque // O día 1 de decembro pecha o paridoiro do Hospital de Verín e os partos faranse no de Ourense // Unha guía para potenciar a FP dual. Santiago acolle hoxe a primeira xornada técnica sobre esta modalidade formativa. 26/11/19

 

Unha fronte moi activa atravesa hoxe Galicia e déixanos temporal en terra e no mar. O litoral da Coruña e Lugo está en alerta laranxa por ondas de ata seis metros. Tamén hai alerta en terra por refachos de vento que xa superaron 122 kilómetros por hora en Viveiro. 26/11/19

 

José Enrique Abuín pide perdón no seu uso do turno de última palabra no xuízo polo asasinato de Diana Quer, que hoxe queda visto para sentenza // Na ría de Aldán, en Cangas, seguen tentando remolcar a porto o submarino cun cargamento de cocaína interceptado polas forzas de seguridade hai dous días // Os operarios encargados da extracción do combustible  no Blue Star, encallado na ría de Ares, xa traballan a bordo do buque // O día 1 de decembro pecha o paridoiro do Hospital de Verín e os partos faranse no de Ourense // Unha guía para potenciar a FP dual. Santiago acolle hoxe a primeira xornada técnica sobre esta modalidade formativa. 26/11/19

 

Recta final do xuízo polo crime de Diana Quer, antes de que quede visto para sentenza // Hoxe celébrase o día internacional pola eliminación da violencia contra a muller con actos por toda Galicia // Retómanse os traballos para reflotar o narcosubmarino que varou na ría de Aldán, en Cangas. 25/11/19

 

Recta final do xuízo polo crime de Diana Quer, antes de que quede visto para sentenza // Hoxe celébrase o día internacional pola eliminación da violencia contra a muller con actos por toda Galicia // Retómanse os traballos para reflotar o narcosubmarino que varou na ría de Aldán, en Cangas // A navieira propietaria do Blue Star prepárase para retirar as máis de 100 toneladas de combustible que aínda alberga o buque encallado na ría de Ares // O Celta vence ao Villarreal despois de case un ano sen gañar fóra da casa. 25/11/19