Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A semana comeza cunha pequena tregua. Con ceos anubrados e algún chuvasco no terzo norte que foi deixando paso a máis claros. Unha situación transitoria porque xa de cara a noite chega unha nova fronte. De madrugada volverán as chuvias, comezando pola franxa atlántica. As temperaturas quedan sen cambios. 1811/19

Na quinta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer prestaron declaración os axentes que participaron no achádego do corpo na nave de Asados // Aprazado o xuízo polo atropelo mortal a un grupo de ciclistas na Guarda, porque o acusado, un conductor de 91 anos, está ingresado nun hospital // Os orzamentos da Xunta para o ano que vén inician hoxe o seu debate parlamentario // Cincocentos comensais probaron o menú degustación elaborado polos 22 cociñeiros do grupo Nove no restaurante efémero que abriron no Porto // A nova derrota do Dépor colma a paciencia da afección, que prepara unha protesta // O mosteiro de Oia saca á luz os debuxos que pintaron nas súas paredes máis de cinco mil presos republicanos. 1811/19

As circunstancias nas que apareceu o corpo de Diana Quer centraron a sesión de hoxe no xuízo a José Enrique Abuín, o acusado do crime // Xornada de balance tralo paso da borrasca Cecilia, que deixou máis dun milleiro de incidencias nas últimas 24 horas en Galicia // Julia cumpre 106 anos. Esta lonxeva coruñesa é unha das avoas de Galicia. 15/11/19

As circunstancias nas que apareceu o corpo de Diana Quer centraron a sesión de hoxe no xuízo a José Enrique Abuín, o acusado do crime // Xornada de balance tralo paso da borrasca Cecilia, que deixou máis dun milleiro de incidencias nas últimas 24 horas en Galicia // Galicia investirá 1.250 millóns nos próximos catro anos para frear o quecemento global e paliar os seus efectos // Julia cumpre 106 anos. Esta lonxeva coruñesa é unha das avoas de Galicia // Abre ao público a exposición "Galicia, un relato no mundo" // De durmir nun caixeiro a protagonizar un documental sobre a historia da súa vida. 15/11/19

Seguimos con moito frío polo vento do norte e esta borrasca que tende a debilitarse. Aínda nos está a deixar chuvascos con saraiba, sobre todo pola metade norte. A cota de neve nos 800 a 900 metros mantén en alerta laranxa a montaña de Lugo onde poderían acumularse máis de 20 centímetros de neve. Tamén seguen os avisos por temporal no mar con ondas que poden chegar aos 7 metros no litoral norte. 15/11/19

As circunstancias nas que apareceu o corpo de Diana Quer centraron a sesión de hoxe no xuízo a José Enrique Abuín, o acusado do crime // Xornada de balance tralo paso da borrasca Cecilia, que deixou máis dun milleiro de incidencias nas últimas 24 horas en Galicia // Galicia investirá 1.250 millóns nos próximos catro anos para frear o quecemento global e paliar os seus efectos // Julia cumpre 106 anos. Esta lonxeva coruñesa é unha das avoas de Galicia // Abre ao público a exposición "Galicia, un relato no mundo" // De durmir nun caixeiro a protagonizar un documental sobre a historia da súa vida. 15/11/19

A primeira alerta vermella do outono deixa ondas de máis de dez metros no litoral da Coruña // Alerta laranxa por neve na montaña de Lugo, onde quedaron sen clase máis de 800 alumnos // Aprazado ata o 9 de decembro o xuízo polo crime de Ana Enjamio, por un problema coa elección do xurado. 14/11/19

A primeira alerta vermella do outono deixa ondas de máis de dez metros no litoral da Coruña // Alerta laranxa por neve na montaña de Lugo, onde quedaron sen clase máis de 800 alumnos // Aprazado ata o 9 de decembro o xuízo polo crime de Ana Enjamio, por un problema coa elección do xurado // Na terceira xornada do xuízo por Diana Quer declara, entroutros, o amigo co que intercambiou as últimas mensaxes antes de desaparecer // A Xunta abre novas axudas para a mellora paisaxística dos Camiños de Santiago // Cada mes diagnostícanse en Galicia dous mil novos casos de diabetes // Iniciativa viral: pon flores nas fochancas para denunciar o abandono das estradas na súa parroquia do Porriño. 14/11/19

José Enrique Abuín, o Chicle, pediulles aos seus familiares que mentisen para ter unha coartada a noite do crime de Diana Quer // A actualidade postelectoral centrou hoxe o debate no Parlamento galego, na sesión de control ao Goberno da Xunta // 300 mil persoas maiores de 65 anos vacináronse xa contra a gripe en Galicia, neste mes que vai de campaña. 13/11/19

José Enrique Abuín, o Chicle, pediulles aos seus familiares que mentisen para ter unha coartada a noite do crime de Diana Quer // A actualidade postelectoral centrou hoxe o debate no Parlamento galego, na sesión de control ao Goberno da Xunta // Douscentos axentes da garda civil e da policía nacional e local reciben formación especializada na atención e protección a vítimas de violencia de xénero // 300 mil persoas maiores de 65 anos vacináronse xa contra a gripe en Galicia, neste mes que vai de campaña // 300 estudantes de institutos de Lugo coñecen o funcionamento dos vehículos aéreos non tripulados en Rozas. 1311/19

Xornada de transición antes da chegada dun novo temporal cara á noite. De momento durante o día, ceos parcialmente anubrados e chuvias febles. A última hora irá aumentando a intensidade do vento con refachos moi fortes na costa, onde mañá se activará a primeira alerta vermella do outono por olas de ata 8 metros nun xoves  que prometer ser invernal con baixada de temperaturas e da cota de neve. 1311/19

José Enrique Abuín, o Chicle, autor confeso da morte de Diana Quer, di que a súa intención non era matala // Morre un mariñeiro tras embarrancar en Castro Baroña un pesqueiro con base en Portosín // Volve aos mercados a raíña dos mariscos, a centola galega. 12/11/19

Eleccións 10N: O PP recupera o liderado en Galicia e o BNG volve ao Congreso tras catro anos // Cinco homes e catro mulleres xulgarán a José Enrique Abuín, alcumado o Chicle, polo asasinato de Diana Quer // Volve aos mercados a centola galega. Abre con boas perspectivas a campaña extractiva nas provincias da Coruña e Pontevedra // Intensa semana de traballo a que ten por diante o Celta. O novo adestrador aproveitará o parón das seleccións para afianzar os cambios técnicos que amosou no Camp Nou // Feira de San Martiño en Francos, Teo, unha das romarías máis antigas de Galicia. 11/11/19

Hoxe agardamos unha melloría nas condicións meteorolóxicas. A chuvia feble de primeira hora vai indo a menos e pola tarde abriranse claros, sobre todo na metade sur. As temperaturas ascenden, e os valores máximos quedarán arredor dos 15 graos. Mañá chega outra borrasca. 11/11/19 

Eleccións 10N: O PP recupera o liderado en Galicia e o BNG volve ao Congreso tras catro anos // Cinco homes e catro mulleres xulgarán a José Enrique Abuín, alcumado o Chicle, polo asasinato de Diana Quer // Volve aos mercados a centola galega. Abre con boas perspectivas a campaña extractiva nas provincias da Coruña e Pontevedra // Intensa semana de traballo a que ten por diante o Celta. O novo adestrador aproveitará o parón das seleccións para afianzar os cambios técnicos que amosou no Camp Nou // Feira de San Martiño en Francos, Teo, unha das romarías máis antigas de Galicia. 11/11/19

A primeira nevarada do outono na montaña de Lugo deixa sen clase a 85 nenos de Pedrafita e o Courel // Remata unha campaña atípica, de só oito días, cos partidos pendentes aínda dos indecisos e tentando loitar contra a abstención // Douscentos artistas debuxan Santiago na cuarta edición de Compostela ilustrada. 08/11/19

A primeira nevarada do outono na montaña de Lugo deixa sen clase a 85 nenos de Pedrafita e o Courel // Remata unha campaña atípica, de só oito días, cos partidos pendentes aínda dos indecisos e tentando loitar contra a abstención // Un de cada catro adolescentes fuma cannabis ou algún dos seus derivados // Mañá estréase o novo adestrador do Celta, Óscar García ante o seu antigo equipo, o Barcelona // Douscentos artistas debuxan Santiago na cuarta edición de Compostela ilustrada. 08/11/19