Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A ponte de Santos estará pasada por auga. Sobre todo mañá. Iso sí, as temperaturas serán altas para a época do ano. De momento hoxe o vento do sur seguirá traendo moita humidade e nubes baixas, pero con chuvias febles que se  intensificarán cara a noite. 31/10/19

Os cemiterios prepáranse para as visitas. Limpeza e flores para que luza a memoria dos defuntos nos días máis concorridos nos camposantos // Coincidindo coa ponte dos Santos, Tráfico avisa de que estes días se poden atopar retencións en moitas estradas, precisamente polos desprazamentos aos cemiterios // Arranca a campaña electoral cos socialistas e PP pugnando pola cabeceira no reparto de deputados en Galicia, un ano antes das autonómicas // Xunta inicia os trámites para transformar en autovía o corredor entre Lugo Sarria // Mellora a imaxe do Celta, pero non os resultados. A derrota ante o Betis afunde ao equipo na clasificación e mantén ao adestrador cun pé fóra do club // Motar en moto e beber cervexa non é incompatible, sempre que sexa cervexa sen alcohol. 31/10/19

Sanidade investiga o rastro dos alimentos que puideron provocar unha reacción alérxica a polo menos 41 nenos de nove comedores escolares de Pontevedra e Marín // A federación galega de redeiras reúnese con Traballo e a Seguridade Social para tentar desbloquear a xubilación anticipada e o recoñecemento das enfermidades profesionais deste colectivo // Operación Triunfo busca candidatos en Galicia para unha nova edición do concurso. (30/10/19)

Sanidade investiga o rastro dos alimentos que puideron provocar unha reacción alérxica a polo menos 41 nenos de nove comedores escolares de Pontevedra e Marín // Ata o 95 por cento dos estudantes de FP dual  logran un contrato na empresa na que fixeron prácticas // A federación galega de redeiras reúnese con Traballo e a Seguridade Social para tentar desbloquear a xubilación anticipada e o recoñecemento das enfermidades profesionais deste colectivo // Medio milleiro de directivos empresariais debaten en Santiago sobre os retos da economía, nunha sociedade transformada pola revolución dixital // Campos de fútbol pechados polo despoboamento do rural, coma o de Trasmiras, en Ourense // Operación Triunfo busca candidatos en Galicia para unha nova edición do concurso. (30/10/19)

Unha fronte cruza Galicia e con ela as chuvias que foron especialmente intensas durante a mañá nas provincias atlánticas. De feito está activada ata ás catro desta tarde unha alerta amarela por acumulacions de máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas. As temperaturas quedarán sen cambios significativos. O vento do sur amaina durante a tarde e tamén o fará a chuvia cara ao final do día. (30/10/19)

A última enquisa do CIS antes das eleccións xerais do 10 de novembro pronostica unha nova victoria do PSOE en Galicia // Sete mil galegos sofren cada ano un ictus, a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes // O Estadio de Riazor cumpre hoxe 75 anos. 29/10/19

A última enquisa do CIS antes das eleccións xerais do 10 de novembro pronostica unha nova victoria do PSOE en Galicia // Comeza en Santiago a Semana da Estrada. Empresas e administracións relacionadas coas redes viarias apostan por investir en novos sistemas de seguridade para reducir os accidentes de tráfico // Sete mil galegos sofren cada ano un ictus, a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes // Veciños de Casalonga, no concello coruñés de Teo, concéntranse coincidindo coas voaduras que se están facendo na antiga canteira // 16 patrullas dos tres exércitos participan na considerada como unha das probas militares máis duras de España // O Estadio de Riazor cumpre hoxe 75 anos. 29/10/19

Xornada de transición á espera da chegada dunha nova fronte que se empezará a notar polo extremo oeste con algunha precipitación illada e aumento da nubosidade. No resto continuaremos sen cambios. Con temperaturas moi agradables. As mínimas subiron e as máximas oscilarán entre os 19 graos previstos en Santiago e os 23 de Ourense. 29/10/19

Aprazado ata o 11 de novembro o xuízo polo crime de Diana Quer // Tráfico pon en marcha unha campaña para previr atropelos nas vías interurbanas // Rosalía de Castro podería ter unha estrela co seu nome. 28/10/19

Aprazado ata o 11 de novembro o xuízo polo crime de Diana Quer // Comeza na Audiencia Nacional o xuízo contra catro exdirectivos da antiga Caixanova // Tráfico pon en marcha unha campaña para previr atropelos nas vías interurbanas // Unha exposición no hospital clínico de Santiago busca darlle visibilidade ao cancro de mama metastásico // Nova derrota do Celta en Balaídos e semana decisiva para Fran Escribá // Rosalía de Castro podería ter unha estrela co seu nome. 28/10/19

Unha fronte fría asociada ao exfuracán Pablo foi entrando. Medrou a nubosidade e tamén a probabilidade de chuvias, que serán máis persistentes na costa atlántica e ocasionalmente poden vir acompañadas de treboadas. En todo caso remitirán ao final do día. As temperaturas con poucos cambios. As máximas oscilarán entre os 19 graos previstos en Santiago e os 23 de Ourense. 28/10/19

Aprazado ata o 11 de novembro o xuízo polo crime de Diana Quer // Comeza na Audiencia Nacional o xuízo contra catro exdirectivos da antiga Caixanova // Tráfico pon en marcha unha campaña para previr atropelos nas vías interurbanas // Unha exposición no hospital clínico de Santiago busca darlle visibilidade ao cancro de mama metastásico // Nova derrota do Celta en Balaídos e semana decisiva para Fran Escribá // Rosalía de Castro podería ter unha estrela co seu nome. 28/10/19

Alumnado, familias e profesorado do colexio de Vilalba pintan o centro para chamar a atención sobre as vantaxes de estudar nun colexio rural e incentivar o incremento da matrícula para que non peche // Na comarca da Limia, en Ourense, piden medidas urxentes para mellorar a xestión dos xurros e evitar a contaminación dos acuíferos // Guadi Galego publica hoxe o seu novo disco, "Inmersión". 25/10/19

Alumnado, familias e profesorado do colexio de Vilalba pintan o centro para chamar a atención sobre as vantaxes de estudar nun colexio rural e incentivar o incremento da matrícula para que non peche // Na comarca da Limia, en Ourense, piden medidas urxentes para mellorar a xestión dos xurros e evitar a contaminación dos acuíferos // Tras o traslado dos restos de Franco, as asociación de memoria histórica piden máis medidas para borrar símbolos franquistas e o recoñecemento ás vítimas da ditadura // Unha delegación de mozos con discapacidade intelectual remata a súa peregrinación a Santiago para visibilizar a loita pola integración e a normalidade //  O Celta prepárase para recibir á Real Sociedad o domingo en Balaídos // Guadi Galego publica hoxe o seu novo disco, "Inmersión". 25/10/19

Por diante temos unha fin de semana sen chuvias e con suba de temperaturas. Será despois dunha mañá con nubes baixas, sobre todo polo oeste e sur da comunidade, que van a ir deixando paso a ceos pouco anubrados ou despexados. O vento soprará forte do sur con refachos moi fortes en puntos do litoral norte. As temperaturas máximas rondarán os 20 graos. 25/10/19

Os restos de Franco, exhumados da basílica do Valle dos Caídos // O terceiro trimestre do ano remata con 3.100 parados máis en Galicia que no trimestre anterior // Unha froiteira da Coruña denuncia que foi agredida por ter á venda mercadoría procedente de Cataluña. (24/10/19)

A universidade de Santiago suspende cautelarmente ao profesor Luciano Méndez tras unha nova denuncia por comentarios machistas dirixidos a unha alumna // Sesión de control no Parlamento galego con preguntas a Feijóo sobre recursos sanitarios e a crise de empresas electrointensivas, e cun marcado ton preelectoral // A campaña deste outono prevese moi boa en canto a variedade, cantidade e calidade dos cogomelos, logo de tres anos malos por mor da meteoroloxía. (23/10/19)