As temperaturas seguirán subindo. As máximas estarán por riba dos 20 graos. Unha marca que xa se superou amplamente onte, en Verín, Ourense onde os termómetros chegaron aos 25 graos ou en Arbo Pontevedra, con máis de 23. Nas próximas horas os ceos han quedar máis despexados sobre todo no leste, mentres no oeste reaparecerán as nubes baixas nas últimas horas do día. (11/03/20)
Comeza a desinfección do centro cívico de Feáns, na Coruña, para acabar coa posible presenza de coronavirus // A garda civil desmantela en Pazos de Borbén, Pontevedra, un taller clandestino onde se reparaban armas de fogo e municións para a súa venda ilegal // Traballadores de Renfe e de Adif denuncian a falta de mantemento da rede de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo // Hoxe celébrase o Día da Clase Obreira Galega, con homenaxes aos dous traballadores que morreron hai 48 anos nas protestas do naval en Ferrol // Aparecen nas praias galegas varias ducias de aves mariñas manchadas de hidrocarburos, a meirande parte delas mortas // O CRA de Valga cumpre vinte anos como escola rural innovadora e de calidade. (10/03/20)
Comeza a desinfección do centro cívico de Feáns, na Coruña, para acabar coa posible presenza de coronavirus // Hoxe celébrase o Día da Clase Obreira Galega, con homenaxes aos dous traballadores que morreron hai 48 anos nas protestas do naval en Ferrol // Aparecen nas praias galegas varias ducias de aves mariñas manchadas de hidrocarburos, a meirande parte delas mortas. (10/03/20)
O anticiclón achega aire cálido que tamén notaremos en Galicia, sobre todo no leste, onde os ceos estarán despexados. No resto ceos máis cubertos con algunha chuvia feble no litoral atlántico. As temperaturas soben con ascensos notables nas montañas do interior. As máximas oscilan entre os 17 graos previstos en Pontevedra e os 20 que agardan en Ourense. (10/03/20)
Desde hoxe non se permite abrazar a imaxe do apóstolo na catedral de Santiago, para previr contaxios polo coronavirus, con seis casos confirmados en Galicia // Peche total ao tráfico da Porta do Sol, no centro de Vigo, e 17 liñas de autobús desviadas // O "violador de Augas Férreas" recoñece os feitos e acepta seis anos e medio de cárcere. (09/03/20)
Confírmase o cuarto caso de coronavirus en Galicia // As mulleres ocupan o 16% do emprego no mar, pero non teñen os mesmo dereitos // A USC custodia os arquivos que deron a coñecer a historia de Elisa e Marcela, o primeiro matrimonio homosexual de España. 05/03/20
Galicia rexistra tres dos 345 casos de coronavirus de España // Científicos da universidade de Santiago que investigan o uso de células nai na cura do parkinson cren que aínda é cedo para afirmar se serven para curar o Covid19 // Asasinan en México a un empresario ourensán de 42 anos // O presidente da Xunta reúnese en París co presidente do grupo PSA Carlos Tavares para tratar proxectos de futuro para a fábrica de Vigo // As mulleres ocupan o 16% do emprego no mar, pero non teñen os mesmo dereitos // A USC custodia os arquivos que deron a coñecer a historia de Elisa e Marcela, o primeiro matrimonio homosexual de España. 05/03/20

De cara a fin de semana mellora algo o tempo. A inestabilidade atmosférica dos días pasados irase perdendo e pola tarde desaparecen os chuvascos. As temperaturas baixan. As máximas oscilarán entre os 11 graos previstos en Lugo e os 14 de Pontevedra. Mañá volve o anticiclón e o domingo unha fronte pouco activa deixará algo de chuvia só pola mañá. 05/03/20
Continúa grave, pero estable o home ingresado no hospital da Coruña por coronavirus, o único caso confirmado en Galicia // Traballadores de Navantia volven manifestarse en Ferrol para pedir carga de traballo // Unha emprendedora pón en marcha un aloxamento de temática feminista na Mariña lucense. 05/03/20
Continúa grave, pero estable o home ingresado no hospital da Coruña por coronavirus, o único caso confirmado en Galicia // O Consello da Xunta aprobou un gasto de dous millóns de euros en reforzos de persoal e equipamento sanitario para loitar contra o coronavirus e previr contaxios // O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, reúnese co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao // Traballadores de Navantia volven manifestarse en Ferrol para pedir carga de traballo // Unha empresa tecnolóxica galega vai comezar a comercializar o primeiro sistema avanzado de asistencia á conducción de baixo custo // Unha emprendedora pón en marcha un aloxamento de temática feminista na Mariña lucense. 05/03/20

Despois do paso dunha fronte con chuvias intensas e vento durante a noite, temos un día marcado polos chuvascos que poden caer en calquera punto. Poden vir acompañados de treboadas e sarabia. As temperaturas irán baixando e as mínimas agardámolas ao final do dia. Xa de noite volveremos sentir os efectos doutra fronte que pasará máis rápido. 05/03/20
Confírmase o primeiro caso de coronavirus en Galicia // Optimismo no sector pesqueiro galego co arranque das negociacións do Brexit, que xa comezaron // Unha instructora de voo coruñesa forma parte do escaso 4% de mulleres pilotos de avión en España. 04/03/20
Optimismo no sector pesqueiro galego co arranque das negociacións do Brexit, que xa comezaron // Os recursos sanitarios no rural volven á polémica política pola morte dun home en Lalín despois de esperar 36 minutos por unha ambulancia desprazada desde Chantada // Os okupas néganse a abandonar a praza de Abastos de Ourense en obras // 56 reclusos da Lama fórmanse para a vida en liberdade no módulo "Nelson Mandela" // Hoxe abre na Cidade da Cultura, en Santiago, unha exposición que busca recoñecer o traballo das redeiras galegas // Unha instructora de voo coruñesa forma parte do escaso 4% de mulleres pilotos de avión en España. 04/03/20
Seguimos na influencia das baixas presións. Ceos moi anubrados, con chuvias máis persistentes na metade oeste de Galicia. Pola noite chegará unha nova fronte que fará que se intensifiquen a chuvia e, sobre todo, o vento. As temperaturas mínimas soben lixeiramente e máximas acadarán os 18 graos na Coruña e Ferrol e os 19 en Ourense. 04/03/20
Optimismo no sector pesqueiro galego co arranque das negociacións do Brexit, que xa comezaron // Os recursos sanitarios no rural volven á polémica política pola morte dun home en Lalín despois de esperar 36 minutos por unha ambulancia desprazada desde Chantada // Os okupas néganse a abandonar a praza de Abastos de Ourense en obras // 56 reclusos da Lama fórmanse para a vida en liberdade no módulo "Nelson Mandela" // Hoxe abre na Cidade da Cultura, en Santiago, unha exposición que busca recoñecer o traballo das redeiras galegas // Unha instructora de voo coruñesa forma parte do escaso 4% de mulleres pilotos de avión en España. 04/03/20
O paro reduciuse en 1.500 persoas en Galicia no mes de febreiro, unha caída do 0,9%, case catro veces máis que a media do conxunto de España // O 900 400 116 é o novo teléfono habilitado pola Xunta para información xeral sobre o coronavirus // Minia Manteiga é a única catedrática de astrofísica de Galicia e mañá converterase na cuarta muller que ingresa na Real Academia Galega das Ciencias (03/03/20)