As máscaras comenzan a ser obligatorias para usar o transporte público. Hoxe foron repartidas en Galicia máis de 800.000. E unha das novidades no arranque da chamada fase cero da desescalada.// Salóns de peiteado, pequenos comercios e restaurantes comenzan a retomar a actividade, con cita previa, logo de mes e medio de confinamento. Moitos negocios estudan a viabilidade da reapertura.// Un exemplar de oso pardo é sorprendido polas cámaras dun equipo de cine que estaba a rodar un documental na montaña de ourense. É Unha especie que se daba por desaparecida naquela zona dende hai 150 anos. 04/05/20
Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia e tamén se produce unha drástica caída de pacientes hospitalizados e nas UCI. Hoxe houbo catro mortes, pero a de onte foi a primeira xornada sen vítimas desde o inicio da crise hai mes e medio // A posibilidade de restrinxir a mobilidade entre provincias crea incerteza nos Peares, entre Ourense e Lugo. Ou en Pontecesures e Padrón, onde os veciños cruzan de provincia para tarefas cotiás // Case a metade dos falecidos con coronavirus en Galicia vivía nunha residencia de maiores. A Fiscalía mantén activas cinco das doce dilixencias penais rexistradas contra estes centros en Galicia. 30/04/20

O pequeno comercio pide un plan de reapertura que especifique a protección necesaria para volver á actividade. Os salóns de peiteado serán dos primeiros en poder abrir, o próximo luns, con cita previa e aforo limitado // A hostalaría galega tamén pide maior concreción e ve inviable economicamente o plan de desescalada. Cuestiona a limitación de aforo. A partir do 11 de maio poden abrir as terrazas co trinta por cento de ocupación // Tras sete semanas sen traballar, os mariscadores volven á ría de Arousa. Deixaran de faenar porque o seu produto non tiña saída no mercado. Agora regresan con cupos limitados. 29/04/20

Desembarcan en Vigo as catro toneladas de cocaína intervidas na segunda gran operación contra o tráfico de drogas en Galicia desde o confinamento. Coa detención de 28 persoas, dase por desartellada a principal banda de narcotransportistas da nosa comunidade // O paro aumentou en 11.000 persoas e perdéronse 13.000 empregos en Galicia durante o primeiro trimestre do ano. A enquisa de poboación activa publicada hoxe só recolle o impacto das dúas últimas semanas de marzo en estado de alarma // Profesionais sanitarios concéntranse nos principais hospitais de Pontevedra. Reclaman equipos de protección axeitados, test PCR para o seguemento do seu estado de sáude e máis persoal. En Galicia hai un milleiro de sanitarios infectados. 28/04/20

Tranquilidade neste segundo día de saídas autorizadas dos nenos. Algúns concellos abriron as praias para desfrute dos máis pequenos e outros recomendan organizar os paseos por quendas // Só as separa o río Miño, pero o día a día é ben distinto na vila galega de Tui e na portuguesa de Valença, onde o confinamento é máis relaxado // O buque interceptado cerca de Canarias con catro toneladas de cocaína que ían ser introducidas na costa galega navega xa rumbo a Vigo. Na comarca de Arousa foron detidos doce integrantes da rede. 27/04/20

A data das eleccións autonómicas en Galicia volve ao debate político despois de que o lehendakari Íñigo Urkullu plantexase celebrar as de Euskadi en xullo // A partir do domingo os menores de 14 anos poderán sair pasear de xeito controlado. Moitas institucións están a repartir máscaras infantís, coma o concello de Sober // Propietarios de hortas de autoabastecemento piden poder recoller os froitos cultivados durante o inverno e facer as plantacións de primavera. Está prohibido se as teñen a máis de cincocentos metros dos seus domicilios. (24/04/2020)

Os centros de saúde comezan a toma de mostras aos seleccionados para participar no estudo epidemiolóxico que pon en marcha a Xunta. O obxectivo é coñecer a incidencia da Covid-19 en Galicia, testando a cen mil persoas // Axudar ao pequeno comercio e á hostalaría mercando bonos para consumilos cando volvan abrir as súas portas. É unha iniciativa que xa está en marcha en localidades como Sarria ou Lugo // As librarías celebran este atípico día do libro coa reixa baixada. A venda por internet está a supor un pequeno alivio para as librarías que ofrecen este servizo con entrega a domicilio. (23/04/2020)

O conselleiro de Sanidade asegura no Parlamento que entramos na fase de descenso da onda da pandemia. Baixan do cento os pacientes ingresados nas UCI dos hospitais galegos. O sistema sanitario prepárase para unha nova forma de traballar, con menos atención presencial // 320.000 nenos galegos poderán saír da casa, a pasear un momento, a partir do domingo. Os psicólogos aconsellan explicarlles a situación diferente que atoparán fóra das súas vivendas // A fundación do cociñeiro español José Andrés en Estados Unidos iniciou esta semana o reparto de comidas a ONGs da Coruña. (22/04/2020)
O turismo galego calcula perdas de 2.500 millóns de euros e a destrucción de trinta e dous mil empregos, pola crise sanitaria. Unhas cifras que, advirten, poderían duplicarse se as restriccións se manteñen todo o ano // Unha ducia de produtores de pataca da comarca ourensá da Limia xúntanse para vender por internet a clientes de toda España cinco millóns de kilos que lles sobran polo peche dos restaurantes. Non dan abasto cos pedidos // Tiñan novos espectáculos preparados cando chegou o estado de alarma. Coa posible suspensión das verbenas no verán, está no aire o futuro de máis de 160 orquestras galegas. Moitas viven únicamente das festas en vilas e aldeas. (21/04/2020)
Máis de 1.300 profesionais da área sanitaria de Ourense sometéronse xa á proba rápida para saber se teñen o coronavirus. Tamén no resto de áreas sanitarias están a facer o test aos traballadores que empregaron as máscaras defectuosas enviadas a Galicia polo ministerio de Sanidade // No colexio público de Baralla, en Lugo, empregan walkie talkies para continuar co curso. Evitan así os problemas de cobertura telefónica da zona e manteñen o contacto a través das ondas // A crise sanitaria obriga a centos de parellas a aprazar a súa voda. En Galicia celebráronse na primavera do ano pasado case tres mil casamentos. Tamén están no aire as planificadas para o verán. (20/04/2020)
Sobe o número de altas e baixan os ingresados nas UCIs. Menos presión nos hospitais, pero segue medrando a cifra dos falecidos. 415 ata hoxe en Galicia, e hai 6.124 contaxiados que ainda teñen o virus // Ante a ausencia de feiras, mercados e consumo na hostalaría, xurden iniciativas para axudar aos gandeiros e agricultores a comercializar os seus produtos, a través da internet ou con reparto a domicilio // Tralos casos de acoso ao persoal sanitario por parte dalgúns veciños anónimos, comezan a trascender as mostras de apoio como a que recibiron dous médicos e unha garda civil que viven no mesmo edificio en Ourense. 17/04/20

A factoría de PSA en Vigo prepárase para a volta ao traballo, aínda sen data, e con medidas de seguridade especiais para os 7.500 empregados ante o Covid-19. Un protocolo inspirado na planta que ten en Wuhan, foco da pandemia en China // O curso escolar rematará en Galicia o 19 de xuño, como estaba previsto. A posible volta ás clases presenciais antes desa data dependerá das autoridades sanitarias // Unha residencia de estudantes da Coruña aloxa agora trinta sanitarios. O medo a posibles contaxios fai que busquen alternativas coma esta mentres dure a crise do coronavirus. 16/04/20