Galicia supera os 1.800 casos de coronavirus, dos que 86 están ingresados na UCI. Rexistráronse 47 altas e 36 mortes // 112.284 traballadores galegos están afectados polos máis de 20.987 expedientes temporais de regulación de emprego xa presentados // Trinta e cinco médicos xubilados de Ourense comezan a colaborar co Sergas. Atenden chamadas da poboación que precisa información sobre o coronavirus. 26/03/20

Ascenden a trinta os falecidos con coronavirus en Galicia, que roza os 1.600 infectados // Seguen a medrar os contaxios nas residencias de maiores, case un cento, entre residentes e traballadores. A Xunta habilita dous centros, en Baños de Molgas e Santiago, para concentrar neles aos maiores contaxiados // Na lonxa máis grande de Galicia, en Vigo, aumentan as medidas de seguridade e hixiene para seguir comercializando peixe e asegurar o abastecemento dos mercados. 25/03/20

Dúas novas vítimas, en Burela e na Coruña, elevan a vintedous os falecidos con coronavirus en Galicia. Aquí hai 1.374 infectados // Desde hoxe xa se poden cobrar as pensións. A maioría das entidades bancarias anticipan o pago para evitar as habituais aglomeracións de pensionistas nas oficinas a final de mes // Un consorcio de empresas da Coruña deseña un prototipo de respiradores con materiais de baixo custo. 24/03/20

A morte dun home de 81 anos ingresado en Lugo eleva a 19 as vítimas mortais con coronavirus en Galicia, que rexistra 1.170 infectados // Efectivos da Unidade Militar de Emerxencia desinfectan a residencia de anciáns de Celanova, na que se confirmaron 28 contaxios de coronavirus, a metade residentes e outra metade empregadas // Segunda semana de confinamento. A maioría de galegos afróntaa con actitude exemplar e ánimo de resistencia, tras coñecerse que o estado de alarma se prolonga ata despois da Semana Santa. 23/03/20
Sexta vítima mortal con coronavirus en Galicia, onde hai 567 casos // Cinco positivos por coronavirus nunha residencia de maiores de Santiago e outro nun centro de Caldas // Os que seguen traballando para garantir os servizos básicos piden máis protección. 20/03/20

Aumentan a 444 os positivos por coronavirus en Galicia. Cinco contaxiados faleceron, o último un home de 75 anos, no CHUAC, e sete recibiron a alta // Día do Pai en estado de alarma. Algúns escollen os menús especiais para levar, cos que tentan sobrevivir os restaurantes. E as pastelerías seguen abertas, para darlle un pouco de dozura á celebración no illamento // Esta próxima madrugada comeza a primavera, na que se agarda menos chuvia do habitual, despois dun inverno que foi o máis cálido neste século. Tamén se espera que nos vindeiros tres meses teñamos temperaturas por riba do normal. 19/03/20

Cuarta vítima mortal con coronavirus en Galicia. Un home de 72 anos, con patoloxías previas, que estaba ingresado no hospital da Coruña // O hospital Meixoeiro de Vigo comeza a realizar test do coronavirus aos pacientes sen baixar dos seus coches // Máis de 600 empresas galegas solicitaron expedientes de regulación temporal de emprego nos últimos días, debido á crise sanitaria. 18/03/20
Longas ringleiras para cruzar a ponte internacional entre Tui e Valença. Este e mailo de Verín son os únicos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal que seguen abertos // Ascenden a 285 os casos positivos de coronavirus en Galicia, nove deles ingresados na UCI, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade // Preocupación pola falta de equipamentos de protección individual contra o contaxio do COVID19 nos servizos de axuda a domicilio. 17/03/20
Terceira morte por coronavirus en Galicia // Todos os partidos políticos galegos coinciden en pedir o aprazamento das eleccións autonómicas do 5 de abril, debido á crise sanitaria provocada polo coronavirus // Primeiro día laborable baixo estado de alarma. De momento mantense a actividade industrial con certa normalidade, aínda que a factoría PSA de Vigo xa anunciou que vai parar a partir do mércores. 16/03/20
Terceira morte por coronavirus en Galicia // Primeiro día laborable baixo estado de alarma. Retómase a actividade industrial con certa normalidade // A garda civil aumenta os controis na fronteira entre Galicia e Portugal. 16/03/20
Aulas baleiras neste primeiro día sen clase en tódolos niveis educativos, como medida preventiva fronte ao coronavirus // A Catedral de Santiago pecha as suas portas aos visitantes ata novo aviso // Ascenden a 90 os casos de coronavirus en Galicia, cinco deles na UCI // Un mozo con parálise cerebral percorre seis etapas do Camiño de Santiago nunha bicicleta adaptada // Uns corenta mil pescadores galegos prepáranse para comezar a tempada de pesca fluvial, este domingo // Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre publican hoxe o seu terceiro disco xuntos, "As Catedrais Silenciadas". 13/03/20

Galicia queda na influencia das altas presións con circulación do nordés. Hoxe e mañá serán xornadas moi tranquilas, con menos nubes e temperaturas máis altas canto máis ao sur. O domingo chega unha fronte que traerá chuvias e baixada dos termómetros. 13/03/20
Primeiro día con restriccións ás visitas nas residencias de maiores e hospitais de toda Galicia, que suma 27 positivos por coronavirus // A incerteza sobre a evolución do virus tamén ameaza a campaña e mesmo as eleccións autonómicas do 5 de abril // Cancelacións nas axencias de viaxes pola supresión das viaxes do imserso e dos voos con destino e procedencia de Italia // Traballadores das industrias electrointensivas galegas protestan na Coruña para pedir un marco enerxético competitivo e estable // O festival de cine feito por mulleres volve celebrarse en Santiago ata o sábado para ofrecer e visibilizar as creacións realizadas por mulleres // Arranca o salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, con 300 actividades no Pazo da Cultura ata o 28 de marzo. (11/03/20)