Cambiamos a masa de aire frío por outra de aire cálido e húmido que fai subir as temperaturas e trae máis chuvia. Os chuvascos serán xeralizados e localmente fortes no oeste. Na metade norte seguirá a soprar o vento con refachos fortes. No mar continúa a alerta por ondas, que poden acadar aos 6 metros, sobre todo no litoral da Coruña e Lugo. (03/03/20)
O paro reduciuse en 1.500 persoas en Galicia no mes de febreiro, unha caída do 0,9%, case catro veces máis que a media do conxunto de España // O 900 400 116 é o novo teléfono habilitado pola Xunta para información xeral sobre o coronavirus // Nace a plataforma pola regulación de vivendas de uso turístico en Galicia // Os xuíces poderán anular o IRPH das hipotecas duns trinta mil galegos se o ven abusivo // Enxeñeiros informáticos recoñecen o legado de Ángela Ruiz Robles, considerada precursora do libro electrónico // Minia Manteiga é a única catedrática de astrofísica de Galicia e mañá converterase na cuarta muller que ingresa na Real Academia Galega das Ciencias. (03/03/20)
Galicia, entre as catro comunidades sen ningún caso de infección por coronavirus, investirá 1,7 millóns de euros en equipamento para facer fronte ao andazo // Hoxe remata o prazo de presentación das candidaturas ante a xunta electoral para as autonómicas do 5 de abril // Aprazado por segunda vez o xuízo contra Marino Jiménez, membro do clan dos Moróns, e outros seis acusados por tráfico de drogas, entre eles un exgarda civil // A Xunta prepra un plan para facer máis accesible o Camiño de cara ao Xacobeo 2021 // Pouco fútbol e marcador sen goles no derbi galego de segunda // O historiador Miguel Anxo Seixas presenta hoxe na Real Academia Galega o primeiro volume da súa biografía de Castelao. (02/03/2020/)
A semana comeza marcada pola inestabilidade atmosférica e con ceos parcialmente cubertos con chuvascos que mesmo poden vir acompañados de saraiba. Día ventoso con alerta no litoral e zonas altas. Tamén avisos na montaña porque volve a neve e no mar, a alerta é por ondas que poden chegar aos 6 metros. (02/03/2020)
A raíña Letizia, acompañada polo vicepresidente segundo Pablo Iglesias, preside na Coruña a proclamación do Premio Princesa de Girona Social 2020 // Comezan os traballos para desatascar o canal da ría de Baldaio en Carballo // O restaurante a Tafona, da compostelá Lucía Freitas, consegue dous soles Repsol. 28/02/20
A raíña Letizia, acompañada polo vicepresidente segundo Pablo Iglesias, preside na Coruña a proclamación do Premio Princesa de Girona Social 2020 // Comezan os traballos para desatascar o canal da ría de Baldaio en Carballo // A consellería de Sanidade recomenda aos centros educativos evitar viaxes e intercambios de estudandes con zonas afectadas polo coronavirus // Os mellores atletas a nivel nacional competirán esta fin de semana en Ourense, no campionato de España absoluto de pista cuberta // Derbi galego en segunda: Dous puntos separan ao Deportivo e ao Lugo, que se enfrontan o domingo en Riazor // O restaurante a Tafona, da compostelá Lucía Freitas, consegue dous soles Repsol. 28/02/20

Á espera de que a partir desta noite empecen a notarse os efectos da borrasca Jorge, durante o día seguiremos con tempo seco e temperaturas altas para a época do ano. As máximas oscilarán entre os 16 graos previstos na Coruña e os 20 que agardan en Ourense. Xa de noite chegará unha fronte que deixará chuvias intensas e ventos fortes sobre todo na provincia da Coruña e norte de Lugo con refachos que poden superar os 100 km/hora. 28/02/20
Adif prevé que o AVE a Galicia entre en funcionamento en xuño de 2021 // Sanidade plantexa a maior oferta pública de emprego desde que existe o Sergas // Chega a Galicia a xira do espectáculo Circlassica, unha homenaxe ao circo clásico, dirixido por Emilio Aragón. 27/02/20
Sanidade plantexa a maior oferta pública de emprego desde que existe o Sergas // Persoal sanitario volveu concentrarse hoxe diante dos centros de saúde en defensa da mellora da atención primaria // A marea vermella mantén pechados case a metade dos polígonos de bateas de Galicia // Reabre ao tráfico a Avenida Fisterra na Coruña, cunha imaxe renovada, sen o viaduto da ronda de Nelle // O deportivo feminino despídese da Copa da Raíña, tras plantarlle cara nos cuartos de final ao Barcelona // Chega a Galicia a xira do espectáculo Circlassica, unha homenaxe ao circo clásico, dirixido por Emilio Aragón. 27/02/20

Seguimos con nubes e máis claros, sobre todo no terzo sureste pola tarde. As temperaturas volven subir pola entrada de aire cálido. Notarase sobre todo nas máximas. Hoxe tanto en Lugo coma eu Ourense os termómetros poden rexistrar ata 18 graos. O peor estará no mar. Na costa norte segue a alerta por ondas de ata 5 metros. Tamén agardan refachos fortes de vento. 27/02/20
Os traballadores de Alcoa levan as súas reclamacións a Lugo en demanda dunha solución para a fábrica da Mariña // 169 persoas morreron en Galicia en accidentes de tractor na última década. A nosa é a comunidade con máis sinistros mortais neste tipo de vehículos // O Museo Marco de Vigo mostra obras pouco coñecidas de Manuel Colmeiro. 26/02/20
Os traballadores de Alcoa levan as súas reclamacións a Lugo en demanda dunha solución para a fábrica da Mariña // Os sindicatos agrarios reciben con cautela as medidas aprobadas polo Goberno para tentar mellorar os prezos que se lles pagan aos agricultores e gandeiros // 169 persoas morreron en Galicia en accidentes de tractor na última década. A nosa é a comunidade con máis sinistros mortais neste tipo de vehículos // Sanidade aconsella non viaxar, se non é imprencindible, as zonas máis afectadas polo coronavirus // O Complexo hospitalario de Ourense pon en marcha unha formación pioneira en España para que os pediatras poidan recoñecer os síntomas das enfermidades raras // O Museo Marco de Vigo mostra obras pouco coñecidas de Manuel Colmeiro. 26/02/20

Tempo cambiante, con nubes e claros e algún chuvasco ocasional. Segue a baixada de temperaturas. As máximas rondan os 14 graos. No mar a costa norte da Coruña e Lugo está en alerta amarela por ondas que poden chegar aos 5 metros. 26/02/20
Loito no Val Miñor polo mariñeiro de Baiona morto ao naufragar o pesqueiro no que traballaba á carón das illas Cíes // Presentar os recibos será condición necesaria para recuperar o pagado nas peaxes da AP-9 // En Chantada, na Ribeira Sacra, os Volantes danzan nas hortas chamando por unha boa colleita. 25/02/20
Loito no Val Miñor polo mariñeiro de Baiona morto ao naufragar o pesqueiro no que traballaba á carón das illas Cíes // Alberto Núñez Feijóo pón Galicia como exemplo de moderación e defensa dos valores constitucionais // Presentar os recibos será condición necesaria para recuperar o pagado nas peaxes da AP-9 // Neste martes de entroido entramos ata a cociña. Tempo de cocidos // En Chantada, na Ribeira Sacra, os Volantes danzan nas hortas chamando por unha boa colleita // Os fulións de Manzaneda, un dos entroidos rurais máis populares de Galicia que ten neste martes un dos días grandes. 25/02/20