Ten unha incidencia acumulada de case 2.000 casos por 100.000 habitantes. As xuntanzas familiares do Nadal, as matanzas e a mobilidade entre concellos son as causas máis probables
Novo record de contaxios en Galicia: máis de 1.300 detectados nun so día, no que o Sergas comunica outros 14 falecementos. Os casos activos rozan xa os 15.000. // Os rastrexadores intensifican o seu labor entre os contactos estreitos dos veciños no concello ourensán de Xinzo de Limia, onde os infectados se teñen multiplicado nos últimos días, ata converterse no de maior incidencia de Galicia, //Endesa desbota manter operativa con biocombustibles a central das Pontes e anuncia o seu peche definitivo. Di que, logo das probas realizadas, a alternativa non resulta viable por razóns técnicas e ambientais. //Mobilización do sector dos peiteadores, barbeiros e profesionais da estética. Advirten do peche de miles de establecementos a causa do impacto da pandemia e da presión fiscal. 20-01-2021

Hai 778 persoas con covid hospitalizadas, 114 nas UCI. O máis preocupante é que nos últimos sete días a ocupación de camas convencionais medrou un 58 por cento, sobre todo nas áreas da Coruña, Ferrol e Ourense
Os novos contaxios superan os mil por sétimo día consecutivo, e comunícanse 24 falecementos máis. A presión hospitalaria tampouco da tregua cun aumento de case o 60 por cento na última semana..// O Pazo de Meirás poderá recibir visitas a partir do 30 de xaneiro, nos exteriores.. As torres poderanse visitar a partir de marzo. O Pazo vai abrir as portas cunha exposición que dará a coñecer a Historia do inmoble dende os tempos de Emilia Pardo Bazán// Máis do 70 por cento da poboacion galega estará sometida ao máximo nivel de restricións, as que se suman Súmanse 55 novos concellos. // O xulgado de Betanzos acordou prisión provisional comunicada e sen fianza para o acusado da morte dunha muller en Oza-Cesuras. 19-01-2021
Peche total da hostalaría e as actividades non esenciais, e a decisión anunciada polo comité clínico para tres concellos coa máis alta incidencia. Son os de Arteixo, na Coruña, Xinzo de Limia, en Ourense, e Viveiro, en Lugo. // Por sétimo día consecutivo os novos contaxios rexistrados superan os mil e comunicáronse 24 falecementos. A presión hospitalaria tampouco da tregua e obriga a reprogramar operacións. // Unos 2.000 traballadores sanitarios das áreas de Ourense Vigo e Santiago reciben as primeiras doses da vacina de Moderna, que permite unha maior facilidade de conservación. // Galicia xunto coas tres comunidades da cornisa cantabrica asinan un posicionamento común para que a nova Pac teña en conta as pecularidades das explotacións nas futuras axudas europeas. 19-01-2021
A borrasca Gaetan pon en alerta laranxa a Galicia. Está a provocar temporal no mar e vento forte en terra, coma o que se deixaba notar xa este mediodía na praia da Lanzada, no litoral pontevedrés. Co avance da tarde a fronte tamén deixará chuvias, que chegarán a toda Galicia pola noite e serán especialmente intensas na metade oeste. 19-01-2021
Peche total da hostalaría e as actividades non esenciais. É a decisión anunciada polo comité clínico para tres concellos coa máis alta incidencia. Son os de Arteixo, na Coruña, Xinzo de Limia, en Ourense, e Viveiro, en Lugo. // Por sétimo día consecutivo, os novos contaxios rexistrados superan os mil e comunicáronse 24 falecementos. A presión hospitalaria tampouco da tregua e obriga a reprogramar operacións. // Unos 2.000 traballadores sanitarios das áreas de Ourense Vigo e Santiago reciben as primeiras doses da vacina de Moderna, que permite unha maior facilidade de conservación. // Galicia xunto coas tres comunidades da cornisa cantabrica asinan un posicionamento común para que a nova Pac teña en conta as pecularidades das explotacións nas futuras axudas europeas. 19-01-2021
A doazón de órganos para transplantes mantívose en Galicia por riba da media española durante o ano pasado. Tamén se viu afectada pola pandemia. O número de transplantes realizados baixou un 7% con respecto a 2019.
Actualmente hai en Galicia 8. 600 persoas que contan cun ril, un pulmón, un corazón, un fígado ou un páncreas que lles permite seguir con vida grazas a teren recibido un transplante nun dos hospitais galegos que realizan este tipo de intervencións.
Principio de acordo entre o comité de Alcoa e a multinacional para negociar a venda da fábrica de aluminio á SEPI. Os traballadores decidirán en referendo se aceptan o pacto, que poría fin a folga iniciada o pasado mes de outubro. // Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril.// O Concello de Xinzo de Limia pide aos veciños que so saian das suas casas para as actividades esenciais e que en todo caso adianten o toque de recollida ás 20h. // A alta incidencia de contaxios repercute tamén nas aulas. Máis 1.600 casos contabilízanse nos colexios e institutos, o dobre que antes das vacacions de Nadal. 18-01-2021
Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril. O temor á saturación das UCI leva ao SERGAS a comenzar o traslado de enfermos críticos dende o hospital de Ferrol ao de Lugo. // Os casos rexistrados nos colexios e institutos duplícanse respecto aos de antes das vacacións de Nadal, ata superar os 1.600. Educación. // A doazón de órganos descendeu un oito por cento durante o ano pasado en Galicia, fronte ao descenso do 19 por cento do conxunto de España. A presión hospitalaria repercute nun lixeiro aumento das negativas familiares á doazon. // Familiares de Alexande Bóveda e outros políticos fusilados ao comenzo da Guerra Civil sumáronse hoxe diante do consulado de Arxentina, á querela pola que se están a investigar nese país os crimes do franquismo. 18-01-2021
O sol volve brilar nos ceos este luns, no que se prevé un lixeiro aumento das temperaturas. A influencia dun anticiclón marcará unha xornada que arrancará con néboas nas comarcas do interior. 18-01-2021
Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril. O temor á saturación das UCI leva ao SERGAS a comenzar o traslado de enfermos críticos dende o hospital de Ferrol ao de Lugo. // Os casos rexistrados nos colexios e institutos duplícanse respecto aos de antes das vacacións de Nadal, ata superar os 1.600. Educación. // A doazón de órganos descendeu un oito por cento durante o ano pasado en Galicia, fronte ao descenso do 19 por cento do conxunto de España. A presión hospitalaria repercute nun lixeiro aumento das negativas familiares á doazon. // Familiares de Alexande Bóveda e outros políticos fusilados ao comenzo da Guerra Civil sumáronse hoxe diante do consulado de Arxentina, á querela pola que se están a investigar nese país os crimes do franquismo. 18-01-2021
Varios hospitais reprograman intervencións cirúrxicas non urxentes para evitar quedar sen camas dispoñibles
A Coruña duplica os ingresos dende Noiteboa e ten o 75% das camas de críticos ocupadas
Case 600 enfermos ingresados, 90 deles nas uCI, e o efecto que deixa, polo de agora, a terceira vaga nos hospitais Galegos. Os da Coruña, Ferrol e Santiago comenzan a reprogramar intervencións cirurxicas non urxentes para evitar quedar sen camas dispoñibles. //Os novos contaxios superan os 1.000, e foron cinco falecementos. Os casos activos sitúanse en 10.864, unha cifra que duplica a de hai tan so quince días, e supera a do pico da segunda vaga, a principios de novembro. // A hostalaría e o comercio aplican dende hoxe as novas restricións de horarios e cabida, con 63 concellos en peche perimetral. O presidente da Xunta pide que o goberno central permita adiantar o toque de recollida // Sanidade conta con ter rematada o próximo luns a primeira fase da vacinación, que chegaría a 50.000 persoas consideradas as prioritarias. 15-01-2021
Case 600 enfermos ingresados, 90 deles nas uCI. E o efecto que deixa, polo de agora, a terceira vaga nos hospitais Galegos. Os da Coruña, Ferrol e Santiago comenzan a reprogramar intervencións cirurxicas non urxentes para evitar quedar sen camas dispoñibles. //Os novos contaxios superan os 1.000, mentres foron comunicados cinco falecementos. Os casos activos sitúanse en 10.864, unha cifra que duplica a de hai tan so quince días, e supera a do pico da segunda vaga, a principios de novembro. // A hostalaría e o comercio aplican dende hoxe as novas restricións de horarios e cabida, con 63 concellos en peche perimetral. O presidente da Xunta pide que o goberno central permita adiantar o toque de recollida // Sanidade conta con ter rematada o próximo luns a primeira fase da vacinación, que chegaría a 50.000 persoas consideradas as prioritarias. 15-01-2021
Galicia recupera a influencia anticiclónica e, anque pola mañá os ceos estarán bastante anubados e con néboas nas comarcas do interior, as nubes irán en diminución a medida que avance o día. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. 15-01-2021
Toque de queda adiantado ás 10 da noite, hostalaría pechada a partir da seis e 63 concellos en confinamento perimetral