Dispárase a demanda para facer probas de coronavirus en clínicas privadas, ante a proximidade do nadal. Moitos usuarios queren contar cos resultados dunha PCR ou dun test de antíxenos antes de viaxar e entrar en contacto con familiares. // A curva da pandemia segue en ascenso, nunha xornada na que se contabilizaron sete falecidos e 275 novos contaxios. Os casos activos soben a 5.598. // O concello da Coruña inicia os trámites para reclamar pola vía xudicial a propiedade da Casa Cornide, en poder da Familia Franco. //O Celta escala postos na clasificación tras a goleada ao Cádiz en Balaídos. É a terceira vitoria consecutiva dun equipo recuperado baixo a dirección do novo técnico, Eduardo Coudet. 15-12-2020
Dispárase a demanda para facer probas de coronavirus en clínicas privadas, ante a proximidade do nadal. Moitos usuarios queren contar cos resultados dunha PCR ou dun test de antíxenos antes de viaxar e entrar en contacto con familiares. // A curva da pandemia segue en ascenso, nunha xornada na que se contabilizaron sete falecidos e 275 novos contaxios // O concello da Coruña inicia os trámites para reclamar pola vía xudicial a propiedade da Casa Cornide, en poder da Familia Franco. // O Celta escala postos na clasificación tras a goleada ao Cádiz en Balaídos. É a terceira vitoria consecutiva dun equipo recuperado baixo a dirección do novo técnico, Eduardo Coudet. 15-12-2020
Continúa a influencia das baixas presione, co achegamento dun centro secundario nas últimas horas do día. Os ceos estarán parcialmente cubertos con chubascos na franxa atlántica, e pola noite as chuvias chegarán a toda a comunidade, localmente forte nas provincias da Coruña e Pontevedra. As emperaturas, en lixeiro descenso. 15-12-2020
Ducias de hostaleiros e provedores protestan en Pontevedra deitados no chan, baixo a chuvia, e metidos en sacos a xeito de cadaleitos. “Queremos que nos deixen traballar con horario normal e mantendo todas as medidas hixiénico-sanitarias, como xa viñamos facendo, e as distancia de seguridade”
O sector pesqueiro está pendente das negociacións do Brexit. O Reino Unido e a Unión Europea apuran un difícil acordo de saída que deben ratificar os parlamentos antes de final de ano. A incerteza mantense. O sector agarda que nestes días se resolvan os dous temas pendentes, a competencia xusta e a pesca. O Brexit duro, sen acordo, non está descartado, pero o Reino Unido xógase o acceso dos seus produtos a un gran mercado, o europeo, con máis de 400 millóns de consumidores.
Hostaleiros de Pontevedra escenifican o enterro do sector, duramente afectado polas restriccions, nunha nova movilización. Mentres, outro grupo de hostaleiros da comarca recibe apoios as suas reivindicacións na oitava etapa da sua marcha a Madrid. // Logo de varias semanas de descenso continuado, Os casos activos ascenden hoxe a un total de 5.560. O aumento céntrase nas áreas de Santiago, Ourense e Ferrol. A presión asistencial sobe tamén, con 365 hospitalizados,. // O sector pesqueiro, pendente da negociación do Brexit, logo da ameaza de Boris Johnson de protexer con buques de guerra as augas nas que faena a frota galega. A expulsión afectaría a uns cen barcos. 1.700 empregos directos están en xogo. // Algúns dos mellores surfistas do mundo aproveitan o temporal pra poñer a proba as ondas xigantes do Portiño, na Coruña. Queren dalas a coñecer de cara á próxima celebración dun campeonato do mundo. (14/12/2020)
Os mellores surfistas do mundo aproveitan o temporal pra poñer a proba as ondas xigantes do Portiño, na Coruña. O obxectivo, dalas a coñecer de cara á celebraciónn dun campeonato do mundo. // A pandemia repunta en Galicia, con 323 novos contaxios confirmados nas últimas 24 horas. Logo de varias semanas de descenso continuado. //Hostaleiros de Pontevedra volven á mobilización para escenificar o enterro do sector, duramente afectado polas restriccions. //O sector pesqueiro, pendente da negociación do Brexit, logo da ameaza de Boris Johnson de protexer con buques de guerra as augas nas que faena a frota galega. A expulsión afectaría a uns cen barcos. 1.700 empregos directos están en xogo. (14/12/2020)
Toda a costa está en alerta laranxa por un temporal que nos está a deixar mar de fondo con ondas que poden alcanzar os seis metros nas zonas próximas ao litoral e sete mar adentro. Son efectos dunha borrasca situada ao noroeste de Irlanda que tamén nos deixa chuvascos que serán máis intensos a medida que avance a xornada. As temperaturas sofrirán un lixeiro descenso. (14/12/2020)
Os mellores surfistas do mundo aproveitan o temporal pra poñer a proba as ondas xigantes do Portiño, na Coruña. O obxectivo, dalas a coñecer de cara á celebraciónn dun campeonato do mundo. // A pandemia repunta en Galicia, con 323 novos contaxios confirmados nas últimas 24 horas. Logo de varias semanas de descenso continuado. //Hostaleiros de Pontevedra volven á mobilización para escenificar o enterro do sector, duramente afectado polas restriccions. //O sector pesqueiro, pendente da negociación do Brexit, logo da ameaza de Boris Johnson de protexer con buques de guerra as augas nas que faena a frota galega. A expulsión afectaría a uns cen barcos. 1.700 empregos directos están en xogo. (14/12/2020)
A Xunta mantén os peches perimetrais e amplía os horarios da hostalaría en Lugo e Pontevedra. Tamén advirte dunha vixilancia especial a concellos como Boiro, onde os positivos seguen en aumento, e anuncia para o próximo martes a normativa para celebrar as festas de nadal. // O museo de Pontevedra acaba de descobrir que entre os seus fondos ten dous cadros do século XV que foran confiscados polos nazis a unha princesa polaca, na segunda guerra mundial.
. // O Presidente Feijoo cuantificou en 84 millóns de euros o custe para as arcas da Xunta da decisión de pechar a hostalaría a causa da pandemia, e advirte de que as necesidades económicas non permiten renunciar os ingresos do imposto de patrimonio. (11/12/2020)
A melloría dos datos de incidencia acumulada permite aliviar as restriccións máximas en sete concellos, entre eles os de Xinzo de Limia e Ribadavia, na provincia de Ourense. // Seis novos falecementos e unha repunta dos contaxios: 358 no último día. Máis dun terzo corresponden á area sanitaria de Vigo. Os casos activos, sen embargo, seguen á baixa, suman 5.684. // Un museo, un centro de creación cultural e un xardín adicado á memoria dos represaliados do franquismo. Son os usos previstos pola Xunta para o Pazo de Meirás. // O museo de Pontevedra descobre entre os seus fondos dos cadros do século XV procedentes do expolio dos nazis en Polonia na segunda guerra mundial. (11/12/2020)
A melloría dos datos de incidencia acumulada permite aliviar as restriccións máximas en sete concellos, entre eles os de Xinzo de Limia e Ribadavia, na provincia de Ourense. // Seis novos falecementos e unha repunta dos contaxios: 358, no último día. Máis dun terzo corresponden á area sanitaria de Vigo. Os casos activos, sen embargo, seguen á baixa, suman 5.684. // Un museo, un centro de creación cultural e un xardín adicado á memoria dos represaliados do franquismo. Son os usos previstos pola Xunta para o Pazo de Meirás, unha vez incorporado ao patrimonio público. // O museo de Pontevedra descobre entre os seus fondos dos cadros do século XV procedentes do expolio dos nazis en Polonia na segunda guerra mundial. Agora decide devolver as obras a aquel país como un acto de reparación histórica. (11/12/2020)
A axencia estatal de meteoroloxía mantén en alerta laranxa gran parte da provincia de Pontevedra, onde poden acumularse ata 80 litros por metro cadrado en 12 horas. Con todo a partir da tarde, e sobre todo mañá, as precipitacións irán a menos ata a chegada dunha nova fronte o domingo. (11/12/20)
O Pazo de Meirás está xa a disposición do Estado como un ben de titularidade pública. A Biblioteca de Emilia Pardo Bazán foi o lugar elexido para formalizar a entrega formal do Inmoble por parte da Familia Franco. // Na Audiencia da Coruña comezaba hoxe o xuízo contra Coté, o falso médico de Ferrol. Piden para el máis de 300 anos de cadea por consideralo culpable de intrusismo e de estafar a máis dun cento de persoas. // O ministerio de Industria anuncia que antes de que remate este ano aprobará o estatuto de industrias electrointensivas, unha ferramenta moi demandada, que permitirá abaratar o prezo da enerxía a grandes consumidores como Alcoa. (10/12/2020)
A comitiva xudicial accede ao Pazo de Meirás para formalizar a sua incorporación ao Patrimonio do Estado, e comproba que os bens que constan no inventario realizado pola Xunta están en orde. // No balance da situación sanitaria de hoxe rexístrase o falecemento de seis pacientes. Os novos contaxios detectados nas últimas 24 horas foron 284, Unha cantidade inferior á de días anteriores. // Comeza na Coruña o xuízo contra José Manuel López Pérez, Coté, acusado de exercer durante cinco anos como médico en Ferrol e de atender a centos de pacientes sen máis título que o de bacharelato. // Un veciño de Pontevedra non recibiu os 16 décimos de lotaría que comprara na Fonsagrada, en Lugo. Por erro a mensaxería entregoullos a un veciño, que di que os tirou ao lixo. Agora o caso está en mans do xulgado. (10/12/2020)
Una fronte húmeda entra hoxe en Galicia deixando ao seu paso chuvias persistentes en toda a comunidade e unha suba das temperaturas, sobre todo as mínimas, co que haberá pouca oscilación térmica. Teremos pois ceos moi cubertos e precipitacións especialmente abondosas canto máis ao oeste. O vento irá aumentando en intensidade a medida que avance a xornada. (10/12/2020)
O sector hoteleiro calcula que a ocupación nos últimos días en Galicia foi de menos do dez por cento // Un grupo de hostaleiros de Pontevedra está camiñando ata Madrid para poñer de manifesto a súa situación crítica // Goberno, Xunta, Deputación da Coruña e Concello de Sada analizan como se van xestionar as instalacións do pazo de Meirás // A Xunta aproba un proxecto de lei para recuperar terras agrarias abandonadas, para destinalas a uso agrario, gandeiro ou forestal // Este ano de pandemia medra o interese polos xogos de mesa, que facilitan o lecer en familia. (09/12/2020)

Ceos nubrados pola mañá e, a partir do mediodía, comezarán as chuvias polo oeste, que pola noite se estenderán a toda Galicia. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en puntos do interior, e as máximas experimentarán un moderado ascenso. (09/12/2020)