Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A hostalaría pide un rescate urxente e axudas directas ao sector. Profesionais de toda España acompañan hoxe en Madrid aos hostaleiros de Pontevedra que camiñaron máis de 600 quilómetros para denunciar a situación crítica que sofren // Galicia comeza a semana con menos contaxios e un novo descenso de casos activos // Os traballadores de Siemens Gamesa das Somozas cortan o trafico durante unha hora nos accesos ao municipio // Terceira Copa da Raíña de fútbol sala para o Pescados Rubén. 21-12-2020

O interior da Catedral de Santiago estrea nova imaxe, despois de máis dunha década de traballos de restauración. O templo está listo para reabrir para o culto, de cara ao inicio do Ano Santo. As obras que supuxeron o investimento de preto de 20 millóns de euros. // A Xunta prevé comezar a vacinación contra a covid ás 24 horas de que as primeiras doses cheguen a España. Para as reunións familiares de nadal, será posible sair das localidades onde aínda haxa confinamento. // Os afectados polo accidente do Alvia movilizaronse ante o ministerio de transportes para esixir unha investigación independente do sinistro no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas. A película galega Ons comeza a exhibirse hoxe en 14 salas de Galicia, Madrid e Barcelona. 18-12-2020

José Manuel López Pérez, coñecido como 'Coté', acusado de exercer como falso médico en Ferrol e en Viveiro, recoñeceuse autor dos delitos de intrusismo, estafa, falsidade e lesións, e chegou a un acordo de conformidade cos afectados, que supón a aceptación de seis anos de cadea.
Na cuarta sesión do xuízo, na Audiencia Provincial da Coruña, a Fiscalía e dez das acusacións rebaixaron a petición de cárcere de 338 anos a seis.

Ledicia dos traballadores de Alcoa pola sentenza xudicial que anula o ERE presentado pola empresa. Sindicatos e Xunta pídenlle agora a multinacional que volva á negociación.// A curva da pandemia volve repuntar, con 408 casos novos e catro falecementos. Os casos activos son 5.641, 23 máis que o día anterior, coa Area Sanitaria de Vigo á cabeza no número de contaxiados.// 14 traballadores denuncian a unha constructora de Poio por abandonalos en Alemania, onde se trasladaron para unha obra de instalación de fibra óptica. //O Celta pasa a segunda rolda da Copa do Rei na que se enfrontará ao Ibiza, despois da cómoda vitoria contra o LLanera, en Oviedo, onde mantivo a boa racha de xogo, con cinco goles. Tamén pasa o Pontevedra tras vencer ó Cartagena de segunda división. 18-12-2020

Volven as chuvias debido a entrada dunha fronte con circulación sur intensa que provocará ceos cubertos pola mañá, que darán paso a precipitacións que se extendenerán por todo o territorio. As temperaturas ascenderán lixeiramente. 18-12-2020

Ledicia dos traballadores de Alcoa pola sentenza xudicial que anula o ERE presentado pola empresa. Sindicatos e Xunta pídenlle agora a multinacional que volva á negociación.// A curva da pandemia volve repuntar, con 408 casos novos e catro falecementos. Os casos activos son 5.641, 23 máis que o día anterior, coa Area Sanitaria de Vigo á cabeza no número de contaxiados.// 14 traballadores denuncian a unha constructora de Poio por abandonalos en Alemania, onde se trasladaron para unha obra de instalación de fibra óptica. //O Celta pasa a segunda rolda da Copa do Rei na que se enfrontará ao Ibiza, despois da cómoda vitoria contra o LLanera, en Oviedo, onde mantivo a boa racha de xogo, con cinco goles. Tamén pasa o Pontevedra tras vencer ó Cartagena de segunda división. 18-12-2020

A incidencia disparada dos últimos 14 días fai retomar as restricións de entrada e saída, o que tamén limita os preparativos e compras de Nadal

Os comerciantes lamentar ter que perder a campaña con máis vendas do ano

Anulado o ERE na factoría de Alcoa en San Cibrao. Así o acaba de comunicar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considera que a multinacional norteamericana actuou con mala fe nas negociacións // Santiago vive hoxe a primeira xornada de volta ao peche perimetral, tras unha incidencia disparada nos últimos catorce días.// A Xunta aprobou o plan de vacinación contra a covid que comezará a aplicarse cando chegue a primeira remesa que, para Galicia, será de 40 mil unidades.// Os armadores valoran negativamente os tacs e cotas pesqueiras para 2021 acordadas polos Ministros de Pesca europeos. Supoñen para o sector do arrastre de litoral galego recortes na pescada, o peixe sapo e o rapante. 17-12-2020

Recortes en especies clave para a frota galega como a pescada, o peixe sapo e o rapante. E o acordo acadado polos ministros de Pesca da Unión Europea para 2021, que non satisface os armadores. //As limitacións establecidas pola Xunta para as xuntanzas no nadal reflíctense nos preparativos para as ceas e celebracións. Santiago vive hoxe a primeira xornada de volta ao peche perimetral. //A curva de contaxios cambia hoxe a tendencia dos últimos días e descende, lixeiramente. Os casos activos son 35 menos có día anterior, logo de detectárense 407 novos contaxios. //Unha cadea humana entre Ferrol e Narón, para denunciar a situación de emerxencia social e económica que dín, vive a comarca. A movilización, convocada polos sindicatos, demanda medidas para frear o peche de empresas e perda de postos de traballo. 17-12-2020

Tempo seco e moi cálido,é o resumo que nos deixa este outono que está a punto de pasar páxina no calendario. As altas temperaturas de setembro pero, sobre todo, de novembro, un dos máis calidos dende que hai rexistros, compensaron as baixas de outubro. 17-12-2020

A Xunta presentou hoxe o plan para celebrar o nadal, que aconsella que as xuntanzas se cingan exclusivamente a unha única unidade familiar de conviventes, como moito dúas, e nese caso que sexan as mesmas para todas as festas.// Galicia permanecerá pechada entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro. // Santiago dá un paso atrás e volve quedar pechada perimetralmente e con maiores restriccións na hostalaría desde esta medianoite. // Terceira xornada consecutiva con suba de casos en Galicia. Hai 5.653 persoas con coronavirus, 55 máis ca onte. // Nace en Verín un dos primeiros bebés xestados durante o confinamento., nun parto natural, seguindo o protocolo anticovid, que a obrigou a usar máscara durante o nacemento. (16/12/2020)

Sen os clásicos brindes multitudinarios nin aglomeracións en torno á mesa. As ceas de nadal deberán limitarse ao núcleo familiar ou un máximo de seis adultos..// O mal estado do Pazo Meirás impide polo momento a sua apertura ao público. Así o decidíu a Comisión técnica que establecerá os usos futuros do inmoble. //Os casos activos volven subir, un día máis, e os novos contaxios dispáranse, ata 424. A repunta da pandemia exténdese a tódalas areas sanitarias. // Só o 4´5 por cento da poboación galega ten anticorpos do virus, según un estudo que sitúa a Galicia como a segunda comunidade con menor seroprevalencia.// Un repaso polas propostas máis creativas e arriscadas do cine contemporáneo. É o obxetivo do Festival Internacional Novos Cinemas ata o domingo en Pontevedra. (16/12/2020)

Máis de 75 litros por metro cadrado caeron durante a noite en puntos coma Lousame, Boiro e Rois na Coruña. Son consecuencia do paso dunha fronte moi activa durante a madrugada. A situación foi mellorando durante a mañá, con apertura dalgús claros.. As temperaturas míninas subeN. (16/12/2020)

Sen os clásicos brindes multitudinarios nin aglomeracións en torno á mesa. As ceas de nadal deberán limitarse ao núcleo familiar ou un máximo de seis adultos. // O mal estado do Pazo Meirás impide polo momento a sua apertura ao público. Así o decidíu a Comisión técnica que se encargará de establecer os usos futuros do inmoble. // Os casos activos volven subir, un día máis, e os novos contaxios dispáranse, ata 424. A repunta da pandemia exténdese a tódalas areas sanitarias,.// Só o 4´5 por cento da poboación galega ten anticorpos do virus, según un estudo que sitúa a Galicia como a segunda comunidade con menor seroprevalencia.// Un repaso polas propostas máis creativas e arriscadas do cine contemporáneo. É o obxetivo do Festival Internacional Novos Cinemas que ten lugar en Pontevedra. (16/12/2020)

Sanidade agarda para a vacinación da covid19 unha resposta “masiva” como a da gripe, que a tres semanas de pechar a campaña, Galicia aínda ten dispoñibles 200.000 doses da vacina.

A demanda foi moi alta, “moi por riba das expectativas”, segundo a Xunta, o que a levou a facer unha nova compra de máis de un millón de doses para inmunizar os galegos.

Centos de veciños de Mazaricos concentráronse no Centro de Saúde para someterse ás probas PCR convocadas polo SERGAS

Algúns marcharon para a casa sen facer a proba, por medo ao contaxio.

Tratan hoxe de buscar culpables polo acontecido na chamada de Sanidade aos habitantes do municipio de entre 45 e 79 anos.

Colas, e mesmo amago de enfrontamentos no Centro de Saúde de Mazaricos, onde moitos veciños foran convocados por mensaxes de mobil para facer a proba PCR. // Por Segundo día consecutivo, aumenta a incidencia en Galicia, tras case un mes de continuo descenso. Os novos contaxios foron 274, e o total de casos activos sobe a 5.598, 38 máis ca onte. // O desexo de pasar o Nadal en familia con seguridade disparou a demanda de probas covid nos laboratorios privados. As máis solicitadas, as PCR por ser as máis fiables e as de antíxenos pola rapidez e porque son máis baratas. // Culler de Pau, do Grove, Convértese no primeiro restaurante galego e lograr duas estrelas Michelín, un recoñecemento  que só obtiveron tres locais de toda España nesta edición. 15-12-2020