Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

No incendio da Pobra do Brollón, con 1700 ha queimadas, salvouse o lugar das Laceiras, levantado por un bilbaíno fillo de emigrantes con criterios conservacionistas.

Primeiro día de escola para máis de 187.000 alumnos de Infantil e Primaria // O Sergas vai poñer terceiras doses da vacina nos próximos días ás persoas con transplantes // As árbores autóctonas dunha pequena reserva natural da Pobra do Brollón evitaron que o lume se expandise e afectase ás casas // A crise da covid reduciu os pedidos do sector aeronáutico galego // Tanxugueiras, as máis votadas polos fans de Eurovisión para representar a España no concurso do ano que vén 09-09-2021

Nubes e chuvascos, máis frecuentes na franxa Atlántica. Os chuvascos irán remitindo mañá e darán paso a unha fin de semana de tempo seco. Temperaturas sen cambios importantes. 09-09-2021

Comeza o curso de infantil e primaria, con 187.000 alumnos, que terán medidas sanitarias semellantes ás do ano pasado // O Sergas está preparando xa as terceiras doses da vacina contra a covid para poñerllas nos próximos días ás persoas que están recibindo tratamentos inmunodepresores // No incendio da Pobra do Brollón, no que arderon 1.700 hectáreas, salvouse o lugar das Laceiras // A canción Figa, da banda de folk Tanxugueiras é a máis votada polos fans de Eurovisión para representar a España. 09-09-2021

Os puntos de vacinación abrirán o sábado, por primeira vez en Galicia, para quen queira ser inmunizado sen cita previa. É unha medida que se extenderá a próxima semana aos campus universitarios. // Bares, Restaurantes e Cafetarías deberán contar con dispositivos de control de CO2 e empregados sometidos a test periódicos para pasar ao nivel que permite maior cabida e o uso da barra. É o novo protocolo para a hostalaría, que entrará en vigor o próximo día 15. //

A partir da próxima fin de semana xa non haberá ningún municipio en nivel máximo de restriccións. Dos que tiñan esas restriccións, Monforte de Lemos e Melide pasan a nivel alto, e Ordes mellora directamente ata o nivel medio. // En poucas décadas convertiuse nun dos protagonistas da economía mundial. O meteórico avance de China nos últimos anos é analizado polo escritor galego Xulio Ríos, gran coñecedor dese país. 08-09-2021

Seguen os ceos anubrados, os chubascos ocasionais e o descenso de temperaturas. Van da mínima de 14 graos en Lugo aos 27 de Ourense. É a despedida dun verán lixeiramente maís frío do habitual. As precipitacións foron un 20 por cento máis. 08-09-2021

Bares, Restaurantes e Cafetarías deberán contar con dispositivos de control de CO2 e empregados sometidos a test periódicos para pasar ao nivel que permite maior cabida e o uso da barra. Así é o novo protocolo para a hostalaría aprobado pola Xunta, que entrará en vigor o próximo día 15. // A pandemia mantense á baixa, con menos casos activos e hospitalizados, e a taxa de positividade sitúase xa no 3´6 por cento, a mais baxa de toda a quinta vaga. Os puntos de vacinación abrirán o sábado, por primeira vez, para quen queira ser inmunizado sen cita previa. // A axuda da choiva permitiu estabilizar o incendio de Ribas de Sil, que afectou tamén a Quiroga e Pobra de Brollón, no sur da provincia de Lugo. // Abanca pecha hoxe defintiviamente nove oficinas máis en zonas rurais, entre protestas dos usuarios. A Xunta reclama ao Gobierno central un plan para garantir o acceso de toda a poboación aos servizos financeiros. 08-09-2021

Xa son 1.500 as hectareas queimadas no incendio de Ribas de Sil, convertido no maior do que vai de ano en Galicia. Efectivos da UME colaboran nos traballos de extinción e mantense activado o nivel 2 de risco por proximidade do lume a núcleos habitados. // O comité de Expertos da Xunta estuda esta tarde o Acordo acadado cos representantes da Hostalaría para que bares, restaurantes e cafetarías podan segir abertos ainda que empeore a situación epidemiolóxica. Establece dous niveis de restricións aos que cada establecemento poderá optar, según as medidas sanitarias que adopten.  // Os casos activos descenden hoxe en case 300, e sitúanse nun total de 5.556, logo de rexistrarse 156 novos contaxios nas últimas horas. Descende tamén a presión hospitalaria. Os pacientes ingresados son 190, once menos que onte, dos que 46 están nas UCI. O total de vítimas mortais ascende a 2.590, ao notificarse 6 falecementos na última xornada. 07-09-2021

.

Seguen os ceos parcialmente anubrados e a posibilidade de chuvascos en calquera punto, aínda que mais frecuentes e intensos na metade oeste. Descenden as temperaturas, especialmente as máximas, que irán dos 22 graos en Santiago aos 30 en Ourense. 07-09-2021

A chuvia axuda a loita contra o lume, que ten convertido xa ao incendio de Ribas de Sil no maior do que vai de ano en Galicia, con máis de mil hectáreas queimadas. Efectivos da UME colaboran nos traballos de extinción e mantense activado o nivel 2 de perigosidade por risco para vivendas. // Volven as colas aos puntos de vacinación masiva, mentres o Sergas abre de novo o sistema de autocita, en busca dos cerca de 200.000 galegos adultos que quedan sen vacinar. // Representantes da Hostalaría chegan a un acordo coa Xunta para o novo protocolo sanitario, no que os establecementos do sector poderán optar entre dous niveis de restricións. // As familas vólcanse na compra de Material de papelería, roupa, e outros complementos, a parte dos libros de texto, nos preparativos para o inicio do curso escolar. As ampas calculan un gasto medio de 500 euros por alumno. 07-09-2021

Comenzo de curso nas Universidades, con clases xa plenamente presenciais en moitos centros. Primeiro día de clase, tamén para cerca de 8.000 nenos nas escolas infantís. Feijoo augura que o regreso en Primaria e Secundaria verase beneficiado polo remate da vacinación de tódolos maiores de 12 anos a finais deste mes.// Comenzo de curso nas Universidades, con clases xa plenamente presenciais en moitos centros. Primeiro día de clase, tamén para cerca de 8.000 nenos nas escolas infantís. Feijoo augura que o regreso en Primaria e Secundaria verase beneficiado polo remate da vacinación de tódolos maiores de 12 anos a finais deste mes. // A temporada de verán sáldase, polo momento con 10 mortos nas estradas de Galicia, 50 no que vai de ano. Hai unha tendencia á baixa da sinistralidade pero ós responsables de Tráfico preocúpalles as casusas dos accidentes. Sobre todo o consumo de alcol e drogas. 06-09-2021

Xornada decalor con ceos cubertos de nubes medias e altas, que contribúen á sensación de bochorno. Unha fronte entrará pola franxa atlántica á noite e deixará chubascos, máis intensos na madrugada na metade oeste. As temperaturas máximas quedan por riba dos 30 graos en tódalas cidades e chegan a 37 en Ourense. 06-09-2021

Comenzo de curso nas Universidades, con clases xa plenamente presenciais en moitos centros. Primeiro día tamén para cerca de 8.000 nenos nas escolas infantís. Feijoo augura que o regreso en Primaria e Secundaria verase beneficiado polo remate da vacinación de tódolos maiores de 12 anos a finais deste mes. // Numerosos efectivos seguen a loitar contra un incendio activo en Ribas de Sil que ten afectado a unhas 140 hectareas dun espazo da rede natura, na Ribeira Sacra. // Intercambio de acusacións entre a Xunta e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil sobre a responsabilidade do valeirado de catro encoros nas últimas semanas. // Máis de 3.000 conductores, denunciados este verán por circular baixo o efecto de alcohol e drogas. A cifra duplica a do ano pasado. A sinistralidade descende nas estradas galegas, con 50 vítimas mortais no que vai de ano. 06-09-2021