Mobilización dos traballadores de Ence e das empresas auxiliares polas rúas de Pontevedra. Tamén cortaron o tráfico nos accesos á cidade con barricadas. Os traballadores protestan así contra a anulación da prórroga que permitía a continuidade da factoría en Lourizán. Unha decisión coa que, Din, todos os seus postos de traballo están en perigo. // O SERGAS está a avaliar se reabre a autocita para os menores de 20 anos. De momento, está aplicando as 25.000 doses que foron adxudicadas no proceso de autocita da pasada fin de semana. // Esta fin de semana comeza a Liga e o Celta recibe en Balaídos ó campion Atlético de Madrid. Un Celta que é o segundo clube de Europa no que os xogadores da canteira, disputan máis minutos co primeiro equipo. // Coñecer de primeira man os autores das historietas de máis éxito. É unha das posibilidades que ofrece o Salón Internacional do Cómic, Viñetas desde o Atlántico, na Coruña. Cada día varios debuxantes aproveitan para presentar alí as suas obras. 11-08-2021
A vaga de calor que chega hoxe á Península deixase sentir en Galicia, ainda que aqui máis debilmente. Os ceos están despexados en xeral, con apenas nubes baixas na metade norte. As temperaturas en ascenso. Na costa coruñesa e lucense as máximas están en torno ós 25 graos, mentres que nas cidades de Pontevedra e Lugo chegarán ós 30 graos e Ourense ós 36. 11-08-2021
Lanzamento de petardos, bengalas e contedores tirados, na mobilización dos traballadores de Ence e das empresas auxiliares polas rúas de Pontevedra. Antes, cortaran o tráfico nos accesos á cidade, con barricadas de lume. Protestan contra a anulación da prórroga que permitía a continuidade da factoría en Lourizán. // Milleiros de menores de 30 anos, citados a recibir a primeira dose, entre eles, mozos e mozas de entre 16 e 20 anos que conseguiron anotarse polo sistema de autocita. // Asociacións de Hosteleiros de toda Galicia piden ao Tribunal Superior de Xustiza para que anule a obriga de presentar o certificado covid para acceder á hostalaría, igual que fixeron os órganos xudiciais das outras comunidades. // A Igrexa de Santa Comba de Bande celebra hoxe cen anos dende a sua declaración como Monumento Nacional, considerada unha xoia única da arquitectura visigótica. 11-08-2021

O tudense acadou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 84
Santiago e Ourense saen do nivel alto de restricións e pasan á categoria media, na xa non será necesario o certificado covid para a hostalaría. O Comité Clínico deixa tan só o concello do Grove. O Conselleiro de Sanidade advirte de que é necesaria a máxima precaución de cara á fin de semana que vén, a máis festeira do ano.. //. // Na comparecencia posterior, o Conselleiro de Sanidade lembrou a necesidade de que as 15.000 mulleres embarazadas que hai en Galicia se vacinen contra a covid. // Peculiar protesta dos veciños do concello coruñés de Monfero, contra o proxecto dun Parque Eólico na zona. Unha romaría e unha misa, coa que, din, queren recorrer á axuda divina, xa que as manifestacións doutro tipo non serviron ata agora para alonxar esa amenaza eólica. O crego da parroquia de Xestoso foi o encargado de oficiar a cerimonia relixiosa, na que invocou a axuda a San Lourenzo, o patrón do vento. 10-08-2021
Continúa a influencia das altas presións, ainda que en moitos puntos o protagonismo nas primeiras horas do dia foi para a brétema, por momentos intensa. Hoxe temos, en xeral, una nova xornada de tempo seco e soleado, coas temperaturas sen apenas cambios. 10-08-2021
Turistas que enchen as rúas, terrazas e hoteis como antes da pandemia. Así está a cidade de Santiago, onde os hostaleiros consideran practicamente superada a crise, pese as restricións ainda en vigor. Agardan para este mes de agosto chegar a unha ocupación do 70 por cento. // Santiago, xunto con Ourense, sae do nivel alto de restricións para pasar á categoria media. Así o decidíu o comité clínico, reunido hoxe. Mantén no nivel alto ó resto das cidades, e no extremo queda tan só o concello do Grove. // A seguridade no Camiño, en revisión trala denuncia dunha deputada de Podemos que denunciou o acoso dun home cando peregrinaba por Asturias. Os camiñantes destacan a sensación de vixilancia, nunhas rutas pola que patrullan máis de 3.000 axentes. // Hai xusto 37 anos, o dez de agosto de 1984, en Los Angeles. O piragüista Enrique Míguez, de Tui, conseguía a medalla de bronce, que abría o camiño do éxito para o deporte galego nas Olimpíadas. Hoxe lembraremos aquel precedente da colleita agora en Toquio, onde o piraguismo acaparou catro das sete medallas que veñen para Galicia. 10-08-2021

A retirada do cal que tiñan enriba as pinturas murais da igrexa da Ribeira Sacra sacou á luz seis escenas relixiosas
O regatista Nico Rodríguez, xa está de volta, coa sua medalla de bronce en Vigo. É un dos 21 deportistas galegos que participaron nos Xogos de Toquio. Trouxeron 7 medallas, case a metade das obtidas pola delegación española, e 10 diplomas olímpicos: O mellor resultado acadado nunca polo noso deporte. // A exministra e vicesesecretaria de política social do Partido Popular, Ana Pastor, percorreu un treito do Camiño de Santiago en Triacastela, Lugo, e insistiu na necesidade de que España teña unha lei de pandemias que evite que, ante situacións de crise coma a actual, haxa, di, un sistema de resposta distinto en cada comunidade. // Cociñeiros internacionais iluminaron hoxe a catedral de Santiago coas 44 estrelas Michelín que atesouran. Foron citados para a nova edición do xantar solidario de Estrelas no Camiño, que se celebrou na Casa Barqueiro, en Negreira. Toda recadación destinarase a Cáritas Santiago. 09-08-2021
Comezamos semana baixo a influencia clara do anticiclón, que deixou pola mañá alternancia de nubes e claros, e que esta tarde deixará ceos máis despexados. As temperaturas van en ascenso lixeiro, ainda na costa serán máis frescas. As máximas quedarán en 23 graos na Coruña, pero rozarán os 30 en Lugo e Santiago, e chegarán ós 33 en Ourense. 09-08-2021
Só Galicia mantén a obriga de presentar certificado de vacinacion ou de test negativo para acceder á hostalaría. Os Tribunais Superiores doutras comunidades rexeitaron a normativa. Os encargados dos establecementos galegos destacan a dificultade de aplicar esa medida. // Segue descendendo a incidencia da quinta vaga de Covid, ainda que hoxe repuntan os hospitalizados, con 25 máis. // A Xunta presenta unha brigada especializada na investigación dos lumes forestais. Fórmano 15 axentes, que reforzarán a persecución dos incendiarios nas zonas con mais incendios. // A restauración da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil saca a relucir pinturas murais descoñecidas, do século 16. Son escenas relixiosas, algunhas en bo estado, que os expertos consideran obra de varios artistas. 09-08-2021

Recibimento, no aeroporto de Vigo, á deportista galega máis laureada.
Coa medalla de prata colgada, Teresa Portela está de volta na casa, entre Cangas e O Grove, logo de completar unha particiación excepcional nos xogos de Tokio, os seus sextos Xogos. // Importante descenso de casos activos, que quedan nun total de 18.195. Os novos contaxios, porén, seguen por riba dos mil. A presión hospitalaria aumenta: son 6 máis os pacientes ingresados, ata un total de 308, dos que 53 están nas UCI. As vítimas mortais ascenden a 2.483, logo de rexistrarse 2 falecementos nas últimas horas. // Volve a Vigo O Marisquiño, o festival de deporte e arte Urbana. Nesta edición con especiais medidas de seguridade, por cuestions sanitarias, pero con grandes estrelas do deporte, algúns chegados directamente dos Xogos de Toquio. 06-08-2021
Os acusados pola malleira mortal a Samuel Luíz, increpados ao acudir ante a xuíza. A fiscalía e as acusacións particulares piden que sexan xulgados por asasinato. // É o esforzo dos padexeiros. Carlos Arévalo, co número dous, chegou quinto. Tamén, nesa mesma posición fixoo Antía Jácome que, con 21 anos, se estrea nuns xogos. // Un Dron vixia as estradas galegas nesta campaña de verán. A Dirección Xeral de Tráfico engade este dispositivo como complemento para evitar accidentes ao volante. No que vai de ano morreron 44 persoas. // Despois de tres días de baixada, os casos activos de covid volven subir hoxe. Son 21 máis, ata un total de 18.643, e os novos contaxios detectados repuntan a 1.110. Nos hospitais a situación mantense estable, con 302 pacientes ingresados, 52 deles nas UCI. As vítimas mortais asceden a 2.481, logo de comunicarse 2 falecementos nas últimas horas. 05-08-2021
Outro deportista galego que colga medalla en Tokio: O vigués Nico Rodríguez, bronce na categoría 470 de vela, xunto ao catalán Jordi Xammar. // Rrepuntan lixeiramente os novos contaxios ata os 1.041, tras varios días por debaixo dos mil. O total de casos activos descende, por terceiro día consecutivo, e sitúase en 18.622. Na presión hospitalaria mantense a cifra de pacientes ingresados, son 303, con 4 máis ca onte nas UCi, ata 46. Nas últimas horas notificaronse cinco falemementos. // Comezan os traballos de colocación das luces de Nadal en Vigo. O alcalde xustifica o adianto pola complexidade da instalación. Serán 350 as rúas que se iluminarán con 11 millóns de luces leds. Polo momento descoñécese a data de encendido pero, entre as novidades deste ano está, o regreso da Nora xigante. // En Viveiro, centos de veciños xuntáronse para seguir a carreira de Adrián Ben, na final de 800 metros, que rematou nun extraordinario quinto posto, e diploma olimpico. 04-08-2021
A padexeira de Aldán consegue a primeira medalla logo de participar en 6 Xogos Olímpicos.
Nova xesta do deporte galego en Toquio, a medalla de prata coa que coa que Teresa Portela culmina a sua excepcional traxectoria olímpica. // Os casos activos manteñen á tendenza á baixa, logo de detectárense arse 837 novos contaxios. E tamén descende a presión hospitalaria: os pacientes ingresados son 303: 25 menos ca onte, e quedan 42 nas UCI. As vítimas mortais, que ascenden a un total de 2.474, logo de que o Sergas notificase o falecemento de 10 persoas dende o venres, a maior cifra dos últimos meses. // Baixa o paro no mes de xullo, un 3,67%, sobre todo debido as contratacións no sector dos servizos. As oficinas de emprego en Galicia rexistraron 5.784 parados menos que en xuño, co que a cifra total de desempregados sitúase en cento cincuenta mil persoas. 03-08-2021
O brinco 14 metros e 87 centimetros en Toquio valeulle a medalla de bronce e proposta para a máis alta distinción de Ribeira.