Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nieves Cabo, a mesma muller que estreara en Galicia a vacina da Covid.., con ela comenza a administrarse a terceira dose, como reforzo aos usuarios das residencias. Mentres, segue o campaña da consellería de Sanidade para contactar cos galegos maiores de 12 anos que quedan inda sen vacinar para ofrecerlles a oportunidade de facelo. //. Hoxe quedou inaugurado en Ferrol o Cesena, o centro de excelencia do sector naval.Ten coma función dixitalizar o sector e vai traballar en tres eixos: a cooperación entre estaleiros e empresas, a innovación e a relación coas universidades e centros de formación profesional para mellora do emprego. // A multinacional do sector eólico, Vestas, ven de anunciar o peche da súa fábrica en Viveiro, na Mariña de Lugo e o despedimento de 115 traballadores. // A dirección xeral de tráfico e a Xunta colaboran para facer o camiño de Santiago máis seguro. Despois de analizaron máis de sete mil kilometros das rutas con maior afluencia centra a sua preocupación en algo máis de 600 puntos de cruce, que califica como zonas de risco. 21-09-2021

Galicia queda hoxe baixo a influcencia anticiclónica, con ceos despexados na metade sur e con intervalos de nubes e claros no norte, con posibilidade dalgún chubasco illado ocasional. As temperaturas en lixeiro ascenso, con máxima de 26 graos en Vigo. 21-09-2021

Comenzaba a administrarse a terceira dose da vacina aos usuarios das residencias, empezando por Nieves Cabo, a mesma muller que estreara en Galicia a primeira dose.. mentres segue o campaña da consellería de Sanidade para contactar cos galegos que quedan inda sen vacinar. Os casos activos baixan hoxe de 2.000. // Unhas 60.000 persoas sofren en Galicia Alzhéimer. No día mundial da enfermidade, os expertos advirten que a maioría viron agravada a sua patoloxía a causa da pandemia, // A vendima do Ribeiro, lastrada pola meteoroloxía adversa dos meses de veran, que freou as espectativas dunha colleita histórica en cantidade, ainda que os productores destacan que a calidade está garantida. No Baixo Miño ensaian con robots que axudan a vendimar e drons de vixilancia. // 21-09-2021

O Comisario europeo de Pesca, en Vigo, escoita as queixas do sector sobre o Regulamento de Control de Capturas, e, como responsable comunitario de Medio Ambiente, destaca o proxecto de Inditex para levantar unha planta de fabricación de textís a partir da madeira.. // O reparto das axudas europeas para a recuperación económica protagonizan o debate político. Os socialistas reclaman un encontro persoal co presidente, mentres os populares piden máis apoio dos demáis grupos para os proxectos das empresas galegas. // A minaría galega estuda en Santiago a crise do sector e a dependencia de materias primas que está afectar a sectores estratéxicos da nosa economía como a automoción, o naval, ou as  novas tecnoloxías. // Durante a pandemia medrou a demanda de cans e tamén o roubo destes animais, sobre todo, dos de raza pura. Roubaríanos para revendelos ou para usalos como reprodutores. 20-09-2021

Ceos pouco cubertos ou practicamente despexados na metade sur, en contraste co norte onde predomina a nubosidade, con probabilidade de chuvascos. As temperaturas, en lixeiro descenso, van dende a mínima de 11 graos en Ourense a máxima de 23 en Vigo. 20-09-2021

A incidencia pandemia baixa aos niveis anteriores a quinta vaga, con só 61 contaxios novos no último día. O 83 por cento da poboación galega ten xa a pauta completa de vacinación, o que supón máis do 90 por cento dos maiores de 12 anos. Cerca de 2 millóns de cidadáns teñen xa descargado o pasaporte covid. // O Comisario europeo de Pesca e Medio Ambiente escoitou hoxe, en Vigo, as queixas dos representantes do sector sobre o Regulamento de Control de Pesca, que consideran inasumible. // Coa declaración dos 19 acusados, retomouse en Pontevedra o xuízo polo alixo do TITÁN 3, apreixado hai tres anos en alta mar con 1.700 quilos de cocaína. // 135 películas nos próximos seis días. A Semana de Cine de Lugo arrinca hoxe con produccións de variada temática e procedencia. O público votará as que máis lle gustan nunha cita que volve as súas datas habituais.20-09-2021

Os balnearios poderían funcionar como centros sanitarios para curar as secuelas da covid persistente e os trastornos psicolóxicos da pandemia. E unha proposta analizada na Feira Internacional do Turismo Termal en Ourense.

Dende a comisaría de Madrid onde está detido, será trasladado á Coruña, para declarar polo Asasinato de Mónica Marcos. O presunto autor do crime do Birloque, escapara en avión, pero foi localizado fácilmente polo sinal do seu teléfono móvil e as cámaras do aeroporto. // Os centros de vacinación masiva están hoxe abertos, de novo, para administrar a dose a quen queira, sen citación previa. Igual que ocorrirá o domingo. Tamén durante toda a fin de semana está habilitado o sistema de autocitas // A Vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, dixo hoxe en Santiago que vai prorrogar os ERTES para as empresas que aínda non deran superado a crise. // Esta fin de semana na maioría das denominacións de orixe de Galicia,estarase xa vendimando. A de Rias Baixas espera unha boa colleita en calidade e cantidade, e ademais, con prezos históricos para a uva da variedade albariño. 17-09-2021

Unha nova fronte chegou durante a mañá. Trátase dunha fronte pouco activa, que deixa precipitacións illadas, anque as veces intensas, por toda a comunidade, alternadas con ceos parcialmente cubertos, tamén durante a fin de semana. 17-09-2021

Dende Madrid espera a ser trasladado á Coruña, a declarar polo Asasinato de Mónica Marcos. O presunto autor, que era parella da vítima, viaxara ata a capital en avión, despois do crime. // A incidencia da covid non deixa de baixar, hoxe sitúase en 80 casos por 100.000 habitantes con pouco máis de cen novos contaxios rexistrados no último día, a piques de entrar en vigor o levantamento das restricións para xuntanzas nocturnas. // Produtores de vacún reparten unha tonelada de carne de balde nas rúas de Santiago para denunciar a caída dos prezos. Din que o que lles pagan xa está por debaixo do custo de produción e a crise ameaza as 11.000 explotacións que hai en Galicia. // Arranca a vendima na denominación Rías BAixas coa participación dunhas 15.000 persoas. Os viticultores esperan acadar cifras record de cantidade e prezo da uva, coas adegas en plena recuperación de vendas. 17-09-2021

Primeiras mostras de repulsa, na Coruña, contra o crime coñecido esta mañá no barrio do Birloque. A policía intensifica a busca do home ao que considera presunto autor da morte a puñaladas dunha muller, de 52 anos. Levaban algúns meses de relación e él conta con antecedentes de violencia machista. // O próximo día 4 de outubro pode comezar a aplicación da terceira dose da vacina ás persoas que viven en residencias de anciáns. Acaban de aprobalo os conselleiros e os responsables do Ministerio de Sanidade, na Comisión de Saúde Pública. // Mañá e tamén durante a fin de semana seguirá aberta a posibilidade de pedir autocitas para vacinarse ou mesmo a de presentarse nos centros de vacinación sen cita previa. // Hoxe cúmprense 170 anos do nacemento de Emilia Pardo Bazán, unha das grandes novelistas da literatura española. Muller transgresora e feminista, na Coruña réndenlle homenaxe con distintos actos, entre eles, a estrea da versión teatral de Los Pazos de Ulloa. 16-09-2021

Galicia recupera a influencia anticiclónica, e dominan os ceos parcialmente cubertos que van quedando máis despexados co avance do día. Ainda que é unha melloría transitoria antes da chegada, mañá, dunha nova fronte. 16-09-2021

Morta a puñaladas, na sua vivenda no barrio coruñes do Birloque. Mónica Marcos Piñeiro, de 52 anos. A policía busca o presunto autor do crime, que iniciara hai meses unha relación coa vítima, e fora denunciado por parellas anteriores de agresións violentas. // O SERGAS habilita de novo a posibilidade de solicitar cita presencial cos médicos de atención primaria, logo de 18 meses, a través da web ou por teléfono. // Os casos activos de Covid en Galicia baixan de 3.000, por primeira vez nos últimos dous meses. A a taxa de positividade sitúase no 3 por cento, por debaixo do 5 que indica que a pandemia está controlada. A presión asistencial segue á baixa con 15 hospitalizados menos e con 31 pacientes nas UCI. // A Ribeira Sacra, as Serras do Courel e do Oribio, declaradas Reservas da Biosfera pola UNESCO. Convértense no sétimo espazo natural con esta figura de protección en Galicia, que en conxunto ocupan xa un 35 por cento do terrotorio total da comunidade. 16-09-2021