Recibe a Calpurnia de Honra no Festival de Cine Internacional de Ourense, que lle recoñece a súa longa traxectoria como cineasta e o éxito das súas tres adaptacións de novelas galegas.
Os traballadores de Alcoa bloquean con barricadas a entrada da factoría de San Cibrao, e impiden a saida da producción, no primeiro día da folga indefinida. Din que queren intensifican así a presión, logo de que o goberno central desbotase comprar a fábrica de Aluminio a través da SEPI. // As orquestras, un sector moi afectado pola crise que empeza a recuperarse. Logo dunha temporada de verán sen apenas actividade, moitas formacións volveron aos escenarios co festival celebrado a pasada fin de semana por toda Galicia. // Os casos activos continúan en descenso, hoxe son 1.207, a cifra máis baixa dende agosto do ano pasado, e contabilízanse 33 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados mantéñense en 58. // O cineasta asturiano Gonzalo Súarez recibe hoxe o premio de Honra do Festival de Cine de Ourense, en recoñecemento aos seus máis de 50 anos de actividade. É o director que adaptou máis obras de escritores galegos. 27-09-2021
Logo de algunhas precipitacións na primeiras horas na provincia de Ourense e o sur de Lugo, os ceos van quedando parcialmente cubertos e alternancia de nubes e claros. As temperaturas sen cambios, con máximas de 23 graos en Ourense. 27-09-2021
O lider actual, Pablo Casado e o anterior, Mariano Rajoy, abren en Santiago a convención nacional do PP. Ambos coinciden en pronosticar que o PP resolverá no goberno a crise económica que, din, deixan os socialistas. // Os traballadores de Alcoa retoman hoxe as protestas ante as intalacións de San Cibrao. Queren intensifican a presión, logo de que a empresa reiterase a sua disposición a vender á SEPI. // Os locais de lecer nocturno poderían abrir a partir do próximo venres, ata as catro da madrugada, e os clientes terán que amosar o Certificado Covid para entrar. É a proposta da Xunta para o novo protocolo que debate esta tarde cos empresarios do sector. // Sacar máis proveito das actividades náuticas e do litoral e fomentar as peregrinacións en familia polos Camiños de Santiago. Son apostas do sector turístico galego para beneficiarse dos fondos europeos de recuperación, dos que aspira recibir uns 28 millóns de euros. 27-09-2021

A crise da covid obrigou a pechar moitos negocios, pero tamén espertou a audacia dos emprendedores. Moitas das súas innovacións, con ADN galego, podemos coñecelas nunha feira aberta en Pontevedra.
A devolución de tódalas peaxes cobradas dende 2012, e o que reclama a asociación de usuarios da Autoestrada do Atlántico, logo de que a Comisión Europea declare ilegais as prórrogas da concesión. Cren que pode ser un impulso para lograr a gratuidade. // A crise da covid obrigou a pechar moitos negocios, pero espertou tamén a audacia de moitos emprendedores. Agunhas destas innovacións podemos coñecelas na feira que acaba de abrir as súas portas na Praza de España de Pontevedra. // Escolares da Coruña acheganse hoxe ata a praia para recoller lixo. Xunto deles, un grupo de músicos, que máis tarde reutilizarán os refugallos para convertilos en instrumentos. É unha das actividades programadas no Festival Mar de Mares. // En Vigo, gran espectación co concerto de Amaral, mañá no Aparcamento da praia de Samil. As entradas, gratuitas, foron xa distribuidas para 2.300 espectadores, no que será o maior evento musical na cidade dende que comenzou a Pandemia. // 24-09-2021
Expectación entre os usuarios e forzas políticas tras declarar a Comisión Europea que as prórrogas que permiten explotar a autoestrada do Atlántico ata 2048 son ilegais. O motivo, argumenta, é que foron aprobadas sen sair previamente a concurso de licitación.. // Presentado o portal do Xacobeo na plataforma Google Arts & Culture. O Proxecto amosa un percorrido virtual polas diferentes rutas xacobeas e o seu patrimonio cultural, a través de miles de fotografías e vídeos de alta calidade. // A incidencia da pandemia baixa en Galicia a 50 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, a mesma que antes da quinta vaga. Por primeira vez dende xullo hai menos de 60 pacientes hospitalizados. // Coa estrea mundial de Malencolía, a última producción de Alfonso Zarauza, rodada no Carballiño, empeza o Festival Internacional de Ourense. A participación galega é maioritaria entre as 70 películas do certame. 24-09-2021
Ceos con alternacia de nubes e claros, con chuvascos treboentos, localmente fortes, acompañados de aparato eléctrico e sarabia, que fan a AEMET advertir de risco amarelo na maior parte das provincias de Lugo e A Coruña. 24-09-2021
Expectación entre os usuarios e forzas políticas tras declarar a Comisión Europea que as prórrogas que permiten explotar a autoestrada do Atlántico ata 2048 son ilegais. O motivo, argumenta, é que foron aprobadas sen sair previamente a concurso de licitación.. // Presentado o portal do Xacobeo na plataforma Google Arts & Culture. O Proxecto amosa un percorrido virtual polas diferentes rutas xacobeas e o seu patrimonio cultural, a través de miles de fotografías e vídeos de alta calidade. // A incidencia da pandemia baixa en Galicia a 50 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, a mesma que antes da quinta vaga. Por primeira vez dende xullo hai menos de 60 pacientes hospitalizados. // Coa estrea mundial de Malencolía, a última producción de Alfonso Zarauza, rodada no Carballiño, empeza o Festival Internacional de Ourense. A participación galega é maioritaria entre as 70 películas do certame. 24-09-2021
Play-Doc 2021: Unha edición que recupera as retrospectivas de grandes cineastas internacionais combinadas coa produción máis próxima e recente. Unha programación arriscada que inclúe 22 curtas e longametraxes a concurso, estreas, obradoiros e concertos.
O turismo nacional bate o seu récord en Galicia durante o mes de agosto. Case 600.000 visitantes, según os datos coñecidos hoxe, que converten a nosa comunidade na de maior recuperación do sector, e a única que supera as crifras de ocupación de antes da pandemia. // Os centros de vacinación masiva pecharán ao remate deste mes. Os galegos de máis de 12 anos que aínda non recibiron ningunha dose poderán pedir cita tamén por Whatsapp. // A Xunta anunciou tamén un bono de 50 euros para a compra de libros e entradas a espectáculos e actividades culturais. É unha medida de apoio ao sector que a partir do sábado verá ampliada a cabida de público e que retomará os bailes ao aire libre, nun festival organizado pola axencia de industrais culturais. // Axudar aos maiores a acceder á Banca Dixital, pero tamén usar whasapp, navegar por internet, ou pedir unha cita medica. E o obxectivo do proxecto "Enredando", posto en marcha pola Cruz Vermella. 23-09-2021
O outono comeza cun anticiclón que de momento deixa ceos con claros con máis nubes que foron aumentado dende o mediodía. Ao remate da xornada no interior sur podería haber algún chuvasco treboento. As temperaturas soben lixeiramente. 23-09-2021
Traballadores do Banco Sabadell protestan en Santiago, xunto cos seus compañeiros do resto e España, contra o ERE presentado pola entidade, que contempla a perda de 93 postos de traballo en Galicia o peche de case a mitade das oficinas. // O sector das festas e os eventos culturais acolle con espectación o aumento ao 75 por cento da cabida e a posibilidade de que o público poda bailar ao aire libre a partir do sábado. 48 orquestas actuarán xa esta fin de semana. // A curva de incidencia da Covid acelera a sua caída. Os casos activos baixan en mil menos na última semana e os hospitalizados redúcense a metade. A taxa de positividade queda no 1.7 por cento. // Unha mostra dos mellores traballos internacionais no cine de non ficción. É a cita do festival Play Doc que arranca en Tui, con 22 obras a concurso, e cunha homenaxe realizador galego Daniel Domínguez. 23-09-2021

Entra en vigor a especial protección do lobo, que prohibe a súa caza en toda España. Polémica entre gandeiros, ecoloxistas e administracións.
Os espectáculos e eventos culturais amplían a cabida de público ata o 75 por cento, a partir do sábado. Tamén poderá haber concertos ao aire libre con público de pé, cun tope de 5.000 persoas.. // Segue o descenso dos casos activos, hoxe son 1.819, nunha xornada na que se contabilizaron 84 novos contaxios. Os pacientes ingresados, son un total de 79, dos que 23 están nas UCI. // Máis de 150 especialistas procedentes de 50 universidades de todo o mundo, danse cita dende hoxe na Coruña, no Congreso Internacional sobre Emilia Pardo Bazán. Queren revalorizar a figura dunha escritora máis lida e estudada, din, fóra de España ca no noso país.. // Promocionar o Ano Xacobeo e protexer aos peregrinos nas diferentes rutas a Santiago...Ese é o fin da campaña "Protexemos os camiños" que ten en marcha a Dirección Xeral da Policía. Nela, Axentes da comisaría de Pontevedra acompañan a persoas vulnerables.. 22-09-2021
O outono chega hoxe baixo influencia anticiclónica, con ceos despexados no sur pero máis anubados canto máis ao norte, ainda que pola tarde as nubes serán máis abondosas en xeral e aumenta a probabilidade dalgún chuvasco treboento no sueste. 22-09-2021
Os traballadores de Alcoa deciden reanudar a folga ante a falla de avances na negociación sobre o seu futuro. A partir do luns bloquearán indefinidamente a saída da producción da factoría de San Cibrao. // Os eventos culturais poderán aumentar a sua cabida ata o 75 por cento. Decidiuno o Comité Clinico da Xunta, ante o avance da vacinación, que sitúa a Galicia como a comunidade con maior porcentaxe de poboación inmunizada. // Polémica pola declaración do lobo ibérico, dende hoxe, como especie protexida en toda España. A Xunta anuncia un recurso, xunto coas demáis comunidades do norte onde habitan o 95 por cento dos exemplares. // Con goles da estrela Iago Aspas e de Brais Méndez, o Celta consegue a primeira vitoria da tempada. O 0-2 contra o Levante permite aos vigueses sair da zona vermella e recuperar a confianza, despois de cinco xornadas fatídicas. 22-09-2021