Máis de 60.000 hectáreas queimadas, e catro vítimas mortais. CúmpRlense catro anos da vaga de incendios que asolou distintas partes de Galicia. Repasamos cos veciños máis directamente afectados cómo foron aqueles días fatídicos e os traballos para recuperar o terreo arrasado polo lume. // Desartellada unha organización internacional que pretendía introducir en Galicia 2.800 quilos de cocaína. A droga ía a bordo do veleiro GOLDWASSER, que chegou este mediodía ao porto de Vigo. Aduanas e a Policía Nacional abordaron o barco no Atlántico,nunha operación moi complexa pola forte ondaxe. // No Debate de Política Xeral, coñecido como Estado da Autonomía, O grupo popular e os socialistas pactan unha resolución na que declaran compartir o seu apoio ao autogoberno de Galicia, ao tempo que rexeitan as ideas independentistas. (15/10/2021)
A fin de semana comenza coa influenca das altas presions que se traduce nuna nova xornada de ceos pouco anubrados, ainda que aumentan as nubes baixas ao oeste pola noite, anticipo dunha fronte que traerá chuvias mañá. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con mínima de cinco graos en Lugo e a maxima de 24 en Ourense. (15/10/2021)
Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere inventariar e estudar para un aproveitamento cultural e turístico
Traballadores da automoción, reclaman en Vigo solucións ante a crise polo desabastecemento mundial de microchips que ameaza con frear a recuperación e segue a cobrar vítimas na industria galega. A empresa Galfor de Ourense, que fabrica cigüeñais, inicia un ERTE para os seus 320 empregados.
// Os investimentos previstos para Galicia nos Presupostos do Estado supoñen algo máis de mil millóns de euros. O corredor Ferroviario Atlántico acapara as maiores partidas. // Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere poñer en valor para un aproveitamento cultural e turístico. // O que lle pasou á humanidade dende o confinamento ata hoxe. É o tema da mostra que acolle a Fundación Barrié. Con obras de hai anos que agora se reinterpretan a conta da pandemia. (14/10/2021)

Segue o tempo anticiclónico, nunha xornada que deixa en xeral ceos con poucas nubes, algunhas de tipo alto pero que non impiden completamente o paso do sol. As temperaturas baixan algo pero seguen en valores altos para a época do ano con máxima de 26 graos en Ourense. (14/10/2021)
Último concerto mañá, no Teatro Rosalía, con ópera e zarzuela dos grandes compositores. Interpretan a soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez. Está dedicado ás persoas que faleceron na pandemia.
As escolas infantís serán totalmente gratuítas en Galicia a partir do próximo curso, tanto as públicas como a privadas, independentemente no número de fillos. A medida beneficiará a uns 10.000 nenos. // Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // Satisfacción no sector turístico e a hostalaría polo resultado de actividade durante a ponte festiva. A ocupación rozou o pleno en moitos puntos, e superou o 90 por cento en prácticamente toda Galicia, favorecida polo incremento de viaxeiros nacionais.// A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez, no remate da edición deste ano do Festival de Lírica da Coruña. Concerto dedicado aos falecidos pola pandemia, con zarzuela e ópera no teatro Rosalía. (13/10/2021)
Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // O Presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, formalizou hoxe a presentación dos avais necesarios para a sua candidatura á secretaría xeral do PSdeG-PSOE. // Os casos activos baixan hoxe de 500, son 495, 13 menos que o día anterior e contabilízanse 31 contaxios novos. Nos hospitais son 45 os pacientes ingresados con covid, seis menos, e nove permanecen nas UCI. // Un dos violinistas con máis sona mundial, o libanés Ara Malikian actúa esta semana en Galicia. Nova xira,'Le Petit Garage' que é un percorrido sonoro por un mundo de pandemia. Acompañado ao piano por Iván Melón Lewis interpretarán as cancións do novo disco dende un punto de vista máis clásico. (13/10/2021)
Segue o panorama de ceos moi despexados, con apenas algunha néboa matinal illada en puntos do interior. O máis chamativo é, de novo, a gran oscilación térmica ao longo do día, ao pasar dende mínimas como os 7 graos de Ourense, aos máis de 23 en tódalas cidades, cunha máxima de 28 en Pontevedra. (13/10/2021)
As escolas infantís serán totalmente gratuítas en Galicia a partir do próximo curso, tanto as públicas como a privadas, independentemente no número de fillos. A medida beneficiará a uns 10.000 nenos. // Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // Satisfacción no sector turístico e a hostalaría polo resultado de actividade durante a ponte festiva. A ocupación rozou o pleno en moitos puntos, e superou o 90 por cento en prácticamente toda Galicia, favorecida polo incremento de viaxeiros nacionais.// A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez, no remate da edición deste ano do Festival de Lírica da Coruña. Concerto dedicado aos falecidos pola pandemia, con zarzuela e ópera no teatro Rosalía.(13/10/2021)
O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // Animáronse tamén as reservas no sector do turismo rural // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá consumir produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)
O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá acceder aos cines, comprar libros, música ou outros produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos, despois de rexistrarse só 14 contaxios novos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)

Comezamos semana con anticiclón, con aire quente que vén do sur. As temperaturas son altas para a época do ano na que estamos, e non terán cambios significativos respecto dos días de atrás. No Norte serán algo máis baixas. (11/10/2021)
Empeza a fin de semana na que se relaxan en Galicia as medidas sanitarias. Os locais poderán acoller ata o 90 por cento da cabida e quedan eliminados os límites para as xuntanzas, mentres os casos activos de covid baixan de 600. // Nova parada en Stellantis Vigo. A planta do grupo de automoción suspende hoxe o turno de noite debido aos problemas de aprovisionamento de compoñentes electrónicos. A dirección comunicoullo xa aos traballadores da quenda que monta furgonetas e monovolúmes. // Remata a investigación da peza principal da operación Pokemon contra acorrupción. O xuíz propón levar a xuízo a trece sospeitosos, entre eles oexconcelleiro socialista en Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Fernández Liñares, condenado xa por prevaricación noutra peza da Pokemon. // Comeza esta noite o Festival de Blues de Ourense, no que o cantante e guitarrista coruñés Néstor Prado presenta o seu último traballo en acústico, con cancións propias inspiradas no gospel e no blues máis primixenio. // 08-10-2021
Ceos practicamente despexados, e apenas se espera algún aumento de nubes altas pola noite. As temperaturas seguen altas para a época do ano, e pasan da mínima de 10 graos en Lugo ata acadar os 29 de máxima en Ourense. 08-10-2021
É, para moitos, a primeira gran escapada, sen apenas freos á mobilidade. Máis de 650.000 desprazamentos están previstos nas estradas galegas, para os próximos días. Nos puntos turísticos como Santiago os hoteis contan cunha ocupación por riba do 60 por cento. // Entra en vigor a normativa que relaxa as medidas sanitarias. Os locais poderán acoller ata o 90 por cento da cabida, no que servirá de ensaio para a desaparición total das restricións prevista para as próximas semanas. // Homenaxe ás vítimas do Franquismo no Pazo de Meirás, mentres A familia Franco é autorizada a acceder hoxe ao edificio para facer inventario dos obxetos que pretende trasladar. // Foi a primeira muller en obter o título de Medicina na Universidade de Santiago e como investigadora sería a pioneira no estudo da xenética en España. Jimena Fernández de la Vega, recibe hoxe a homenaxe como cientifíca do ano pola Real Academia Galega de Ciencias. 08-10-2021