Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Persiste a inestabilidade atmosférica ata mañá cando se agarda que volva o anticiclón. Seguimos con nubes e claros e con chuvascos ocasionalmente treboentos. As temperaturas, aínda máis frescas ca onte. Máximas por baixo dos 17 graos, agás en Pontevedra e Ourense onde poderían rozar os 20. 24-05-22

Don Filipe, acollido con vivas e aplausos en Vigo. Achegouse á saudar as persoas que o agardaban á Saída da inauguración da Cidade da Xustiza. // Era un dos actos previstos na visita real á cidade, antes de asistir á Feira de Navalia. // A epilepsia é o trastorno neurolóxico con máis prevalencia na actualidade. En Galicia 33.000 persoas padecen esta doenza, que queren visibilizar ao celebrarse o Día Internacional. // Venden produtos lácteos, mel ou carne a través de internet. Grupos de agricultores e gandeiros apúntanse á dixitalización e crean plataformas de venda en liña. Un xeito de chegar directamente aos consumidores reducindo intermediarios, ata agora so dispoñible para as grandes empresas. 24-05-22

Soben a tres os casos sospeitosos de infección da varíola do mono en Galicia. A Consellería de Sanidade indica que as tres persoas afectadas atópanse estables. // Os casos activos de Covid son pouco máis de 10.000, logo de contabilizarse 1.190 novos contaxios dende o sábado. Os pacientes hospitalizados son 641, dos que 20 permanecen nas UCI. // O estaleiro Armon de Vigo construirá un buque oceanográfico, por encargo do Ministerio de Ciencia e Innovación. Costará 85 millóns de euros e poderá traballar a 6.000 metros de profundidade. // O número de turistas que extranxeiros que visitaron Galicia incrementouse en abril nun 68 por cento respecto ao ano anterior. Son datos recabados polo INE a partir da posición de teléfonos móviles. 23-05-2022

O rei emérito, xa en Madrid para manter un encontro privado co seu fillo na Zarzuela, despois de despedirse no aeroporto de Vigo da sua estadía en Galicia. // O Partido Popular de Galicia completa, coa proclamación de Alfonso Rueda como novo presidente, a remuda provocada pola marcha de Núñez Feijóo. // Soben a tres os casos sospeitosos de infección da varíola do mono en Galicia. A Consellería de Sanidade confirma o envío das mostras a Madrid para a sua confirmación definitiva. // Peóns e ciclistas son os usuarios máis vulnerables nas estradas, e supoñen tres de cada dez falecidos en accidentes de circulación en Galicia. A dirección xeral de tráfico inicia unha campaña pasa sensibilizar sobre a necesidade de usar chalecos reflectantes. 23-05-2022

Unha fronte pouco activa deixa ceos cubertos e chuvias intermitentes sobre todo na fachada atlántica e nas zonas de montaña. As temperaturas descenden con valores baixos para a época do ano. As máximas quedarán en xeral por baixo dos 18 graos. 23-05-2022

Don Xoan Carlos asiste á regata na que participa o Bribón, rodeado dunha cobertura mediática inusitada, Co seu amigo Pedro Campos, en Sanxenxo, onde pasará toda a fin de semana, antes de verse, o luns, con Filipe VI, en Madrid. // Cúmprese un mes dende que se eliminou a obriga da máscara en interiores. A incidencia da Covid mantense estabilizada, con cerca de 12.000 casos activos, e 1.090 novos contaxios no último día. Os pacientes ingresados quedan en 657 dos que 27 permanecen nas UCI. // Esta tarde comeza a veda do polbo en toda a costa galega, por medio de calquera arte, ata o 5 de xullo. A medida foi acordada entre a Consellaría de Pesca e as confrarías, dentro do plan experimental para axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie. // 20-05-22

Os termómetros rondarán os 30 graos no sur e no interior, mentres que na metade norte quedarán por baixo dos 25. Mañá agardamos un día de fogaxe en toda a comunidade coas temperaturas por riba dos 30 graos agás na Mariña. Calor de tronada con probabilidade de chuvascos treboentos. 20-05-22

Multitudinaria comparecencia do rei emérito no Club Náutico de Sanxenxo. Protagonista dunha intensa cobertura mediática, Don Xoan Carlos asiste á regata na que participa o Bribón. Aloxado co seu amigo Pedro Campos, toda a fin de semana, antes de verse, o luns, con Filipe VI, en Madrid, e volver a Abu Dabi. // As vítimas do caso da Maruxaina aportan ante o xuiz imaxes nas que se podería recoñecer ao autor das grabacións sen permiso de mulleres ouriñando na rúa, que foron difundidas a través de páxinas porno. // O Festival de Cans recupera, dende hoxe o papel de epicento do audiovisual galego, cos últimos traballos de Lois Patiño, Lucía Estevez ou Eloy Domínguez. É a volta das actividades paralelas e a música en directo. // 20-05-22

Cara o aeroporto de Peinador, en Vigo, diríxese arestora o avión privado que trae ao rei emérito dende Abu DAbi. Tal como confirmaron fontes oficiais, Ven pasar uns días en Sanxenxo, que se convirte en centro da maior atención mediática. // O BNG critica que don Xoan Carlos volva a Sanxenxo, despois de deixar España, din, polos seus problemas con Facenda. Os socialistas demándalle que pida desculpas aos cidadáns. // A Ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, refeiuse hoxe na Coruña á visita de rei emérito e pediu respecto para as decisións privadas de Xoan Carlos I. // Hoxe estréase Rapa, a serie de Pepe Coira e Fran Araújo, rodada íntegramente en localizacións de Cedeira e Ferrol. Trátase dun thriller que conta a historia do asasinato dunha alcaldesa, envolto nunha trama de corrupción. 19-05-22

Seguimos alleos á calor que está abafar ao resto do país. As temperaturas subirán sobre todo polo interior con máximas de 28 graos en Ourense e en torno aos 25 en Lugo. Na Coruña non pasan dos 20 e Pontevedra e Vigo rondarán os 22. 19-05-22

O Náutico de Sanxenxo, centro da máxima atención mediática, ante a chegada esta tarde de Xoan Carlos Primeiro. Pasará uns días na localidade antes de encontrarse, o próximo luns en Madrid, co seu fillo Filipe VI e a raíña Sofía. // O Camiño de Santiago non só recupera as cifras prepandemia, senon que podería superar o record histórico de peregrinacións, acadado no 2019. // Paula Prado será a nova secretaria Xeral do Partido Popular de Galicia. O novo presidente, Alfonso Rueda escóllea como número dous, en substitución de Miguel Tellado. // Os Galeóns foron os grandes navíos españois durante a época da conquista das Indias, hai cinco séculos. A Coruña acolle estes días o Galeón Andalucía, unha réplica aberta á visitas do público. 19-05-22

O Náutico de Sanxenxo, centro da máxima atención mediática, ante a chegada esta tarde de Xoan Carlos Primeiro. Pasará uns días na localidade antes de encontrarse, o próximo luns en Madrid, co seu fillo Filipe VI e a raíña Sofía. // O Camiño de Santiago non só recupera as cifras prepandemia, senon que podería superar o record histórico de peregrinacións, acadado no 2019. No que vai de ano xa van máis de 64 mil peregrinos. // Paula Prado será a nova secretaria Xeral do Partido Popular de Galicia. O novo presidente, Alfonso Rueda escóllea como número dous, en substitución de Miguel Tellado. // Os Galeóns foron os grandes navíos españois durante a época da conquista das Indias, hai cinco séculos. A Coruña acolle estes días o Galeón Andalucía, unha réplica aberta á visitas do público. 19-05-22

Dispositivo de seguridade discreto, en Sanxenxo, á espera da chegada Xoan Carlos I dende Abu Dabi. Pedro Campos confirma que quedará aloxado na sua casa. Asistirá á regata na que participará o Bribón, e non se descarta que forme parte da tripulación. // Terceira xornada de folga no sector do metal da provincia da Coruña. Preto de 5.000 persoas, segundo os convocantes, maniféstanse na Coruña en demanda de melloras para os traballadores do sector. // ENCE anuncia un investime nto de 395 millóns de euros na factoría de Pontevedra para mellorar as instalacións en materia de eficiencia enerxética. // Falece o escritor vigués Domingo Villar, que ingresara o pasado luns no Hospital Alvaro Cuqueiro tras sofrir unha hemorraxia cerebral, tal como confirmaron fontes da Editorial Siruela coa que traballaba. 18-05-22

O anticiclón entra en forma de cuña dende o sur dos Azores. Durante a mañá, alguns orballos e co avance do día a tendencia é a apertura de máis claros. Temperaturas mínimas máis baixas mentres que as máximas comezan a recuperarse. 18-05-22

Nun avión privado, a través do aeroporto de Vigo. Así e cómo se espera a chegada do Emérito, dende Abu Dabi, para asistir, en Sanxenxo á regata na que participará o Bribón. Pedro Campos confirma que será na sua casa onde quedará aloxado. // Un dispositivo de seguridade está xa preparado na localidade pontevedresa ante esa visita. O presidente Rueda considera que a presencia do Emérito é positiva para Galicia. // Morre o escritor Domingo Villar, tras sofrir un derrame cerebral. Nacido en Vigo hai 51 anos, era un dos autores de novela negra máis aprezados dentro e fora de Galicia. // O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, con pezas singulares recopiladas dende o século XIX, reivindícase como un dos máis importantes de España na sua especialidade, pese a ser case descoñecido para moitos cidadáns. 18-05-22

 Nun avión privado, a través do aeroporto de Vigo. Así e cómo se espera a chegada do Emérito, dende Abu Dabi, para asistir, en Sanxenxo á regata da Copa de España. Pedro Campos confirma que será na sua casa onde quedará aloxado. // Un dispositivo de seguridade está xa preparado na localidade pontevedresa. O presidente Rueda considera que a presencia do Emérito é positiva para Galicia. // Morre o escritor Domingo Villar, tras sofrir un derrame cerebral. Nacido en Vigo hai 51 anos, era un dos autores de novela negra máis aprezados dentro e fora de Galicia. // O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, con pezas singulares recopiladas dende o século XIX, reivindícase como un dos máis importantes de España na sua especialidade 18-05-22

Música e Ambiente de festa en Córgomo, a localidade de Valdeorras onde nacera Florencio Delgado Gurriarán, con presencia dos seus familiares, chegados dende México, onde pasou moitos anos de exilio. É o acto central da Real Academia en homenaxe ao escritor no Día das Letras Galegas. // En Santiago, manifestación promovida por Queremos Galego, coa participación dos líderes do BNG e do PSdeG-PSOE. Reclaman máis medidas en favor da normalización do idioma. // O Rei Emérito volverá esta semana a España e pasará por Sanxenxo para asistir a unha regata na que incluso podería participar a bordo do Bribón. Unha visita sobre a que non se pronunciou ainda a Casa Real, pero que foi xa confirmada polo alcalde desa localidade pontevedresa. 17-05-2022