Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha nova fronte activa chega polo oeste, traendo ceos parcialmente nubrados e chuvias máis intensas e persistentes nas comarcas atlánticas, que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas mínimas sen cambios significativos mentres que as máximas descenden lixeiramente. 17-05-2022

Autor de referencia do exilio e activista do compromiso coa lingua. Así definen os expertos a Florencio Delgado Gurriarán, unha personalidade pouco coñecida ata agora, e que descubrimos con ocasión deste Día das Letras Galegas. // En Córgomo, a localidade de Vilamartín de Valdeorras onde naceu e pasou os primeiros anos, a Real Academia Galega fai a sua asemblea extraordinaria para renderlle homenaxe. // Manifestación en Santiago promovida por Queremos Galego, coa participación dos líderes do BNG e do PSdeG-PSOE. Reclaman máis medidas de normalización. // O alcalde de Sanxenxo confirma a visita de Xoan Carlos primeiro esta mesma semana, para asistir á regata do circuito da Copa de España. 17-05-2022

Autor de referencia do exilio e activista do compromiso coa lingua. Así definen os expertos a Florencio Delgado Gurriarán, unha personalidade pouco coñecida ata agora, e que descubrimos con ocasión deste Día das Letras Galegas. // En Córgomo, a localidade de Vilamartín de Valdeorras onde naceu e pasou os primeiros anos, a Real Academia Galega fai a sua asemblea extraordinaria para renderlle homenaxe. // Manifestación en Santiago promovida por Queremos Galego, coa participación dos líderes do BNG e do PSdeG-PSOE. Reclaman máis medidas de normalización. // O alcalde de Sanxenxo confirma a visita de Xoan Carlos primeiro esta mesma semana, para asistir á regata do circuito da Copa de España. 17-05-2022

O autor homenaxeado no día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, escribiu sobre os problemas de Galicia. Entre eles, "destacan os poemas sociolingüísticos, que denuncian a ridiculez dos que falan o castrapo e rexeitan o galego. Esta poesía sociolingüística só a fai el no período da República en Galicia", subliña Xesús Alonso Montero, profundo coñecedor do poeta valdeorrés, do que ven de publicar unha antoloxía, Poeta na terra, na guerra e no exilio.

Preparados, en Sanxenxo, para a visita do Rei Emérito, que se espera para a próxima fin de semana, para asistir ao Campionato Mundial de Vela. Xoan Carlos primeiro viría aquí, antes de reunirse, na Zarzuela, con Felipe VI. // Os casos activos rexistran unha baixada de 2.000 menos respecto ao sábado, o último día en que se ofreceron datos. En cambio, as hospitalizacións repuntan a 694 pacientes ingresados. // Numerosos sectores súmanse á celebración do Día das Letras Galegas para divulgar a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán. Entre as homenaxes, a dunha cooperativa láctea ou a do persoal sanitario da súa comarca de orixe, Valdeorras. // O grupo De Vacas versiona o 'Slomo' co que Chanel vén de acadar o terceiro posto para España no festival que gañou Ucraína. Titulan "Peixería Chanel" a sua orixinal parodia, que xa se fixo viral. 16-05-22

Seguimos baixo o radio de acción da borrasca situada no Atlántico ao norte dos Azores. Agárdanse así nubes e claros con algunhas chuvias febles no oeste e no sur. As mínimas sofren lixeiros descensos, mentres que as máximas ascenden. 16-05-22

Toma posesión o goberno Rueda, no que repiten tódolos conselleiros, con Francisco Conde ascendido a Vicepresidente primeiro e a incorporación de Diego Calvo como vicepresidente segundo. // Sanxenxo espera a chegada, a próxima fin de semana, do Rei Emérito. Ainda que sen confirmación oficial por parte das autoridades, Xoan Carlos I podería visitar a localidade que celebra o Campionato do Mundo de Vela. // A traxectoria literaria de Florencio Delgado Gurriarán, o autor que recibe este ano a homenaxe do Día das Letras, analizada hoxe no Telexornal por un dos seus principais coñecedores, o académico Xesús Alonso Montero. // Despedida do Celta da temporada en Balaidos, con vitoria por 1 gol a 0 ante o Elxe, Nolito dí adeus a afección, mentres Denis Suárez, apunta tamén a a saír do equipo o ano que ven. 16-05-22

Toma posesión o goberno Rueda, no que repiten tódolos conselleiros, con Francisco Conde ascendido a Vicepresidente primeiro e a incorporación de Diego Calvo como vicepresidente segundo. // Sanxenxo espera a chegada, a próxima fin de semana do Rei Emérito. Ainda que sen confirmación oficial por parte das autoridades, Xoan Carlos I podería visitar a localidade que celebra o Campionato do Mundo de Vela. // A traxectoria literaria de Florencio Delgado Gurriarán, o autor que recibe este ano a homenaxe do Día das Letras, analizada hoxe no Telexornal por un dos seus principais coñecedores, o académico Xesús Alonso Montero. // Despedida do Celta da temporada en Balaidos, con vitoria por 1 gol a 0 ante o Elxe, 16-05-22

A chegada de turistas internacionais por vía marítima recupera os niveis prepandemia. As visitas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas teñen más de mil reservas confirmadas para estes días // O Piueiro, unha réplica dun volanteiro da Guarda, quedou sen motor cando navegaba rumbo a Donostia, a un festival de embarcacións tradicionais // O IPC interanual volve dispararse en Galicia no mes de abril por riba do 9 por cento, unha cifra que supera en oito décimas o incremento da media española // Os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares contra o capitán do pesqueiro. 13-05-22

Aumentan as reservas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas no arranque dunha fin de semana seguida, para moitos, de ponte // O IPC interanual volve dispararse en Galicia no mes de abril por riba do 9 por cento, unha cifra que supera en oito décimas o incremento da media española // Os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares contra o capitán do pesqueiro // O Piueiro é unha réplica dun barco tradicional da Guarda. Está atracado no porto de Malpica, porque lle parou o motor cando navegaba rumbo a Donostia, a un festival de embarcacións tradicionais. 13-05-22

Os ceos, despexados en xeral con intervalos de nubes altas, medrando a nubes de evolución pola tarde no interior, que poden deixar algún amago treboento. As máximas, en lixeiro ascenso, con Ourense por riba dos 31 graos. 13-05-22

Aumentan as reservas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas // O IPC interanual volve dispararse en Galicia no mes de abril por riba do 9 por cento // Os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares contra o capitán // O Piueiro, unha réplica dun volanteiro da Guarda, quedou sen motor cando navegaba rumbo a Donostia, a un festival de embarcacións tradicionais. 13-05-22

Un líquido especial contraincendios ou un fungo que degrada as máscaras cirúrxicas para que non contaminen. Son inventos presentados en Galiciencia, o espectáculo dos escolares máis inxeniosos que regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense.

Alfonso Rueda é xa o sexto presidente da Xunta, elexido cos votos do partido popular, nunha sesión accidentada pola indisposición do Portavoz Pedro Puy, que foi trasladado ao hospital. // Algo máis de 50 quilos de lixo, e o que os voluntarios conseguiron retirar nas praias da illa de Cortegada nunha xornada de limpeza, que contou cunha madriña moi especial, a dobre medallista olímpica de natación sincronizada Ona Carbonell. // O Obradoiro xogará un ano máis na ACB, ao vencer na súa visita á cancha do Joventut por 78 a 84, que certifica de xeito matemático a salvación e garante a súa continuidade. // A orquestra folk SonDeSeu comeza en Vigo a xira de celebración do seu vinte aniversario e asistimos a un ensaio. Sesenta músicos nun concerto acústico sen amplificar, no teatro AFundacion. A orquestra, vencellada á Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo é unha canteira de artistas. 12-05-22

Volve a influencia anticiclónica con ceos despexados en xeral e nubes altas que non impiden o paso do sol. Pola tarde, agárdanse nubes de evolución sen descartar algún chuvasco de tipo tormentoso, máis probable nas montañas. As temperaturas, en lixeiro ascenso. 12-05-22

Sesión de investidura no Pazo do Hórreo, coa intervención dos portavoces, antes da votación que convertirá a Alfonso Rueda no sexto presidente da Xunta. // A oposición repróchalle ao candidato o seu caracter de presidente accidental e aproveita para lanzar propostas de goberno alternativo. // As profesionais da Enfermería reivindican, no seu Día Mundial, un aumento na dotación de persoal para evitar a saturación nos centros de Saúde, e piden poder acceder á xubilación anticipada a partir dos 60 anos. // Un líquido especial contraincendios ou un fungo que degrada as máscaras cirúrxicas para que non contaminen. Son inventos presentados en Galiciencia, o espectáculo dos escolares máis inxeniosos que regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense. 12-05-2022

Sesión de investidura no Pazo do Hórreo, coa intervención dos portavoces, antes da votación que convertirá a Alfonso Rueda no sexto presidente da Xunta. // A oposición repróchalle ao candidato o seu caracter de presidente accidental e aproveita para lanzar propostas de goberno alternativo. // As profesionais da Enfermería reivindican, no seu Día Mundial, un aumento na dotación de persoal para evitar a saturación nos centros de Saúde, e piden poder acceder á xubilación anticipada a partir dos 60 anos. // Un líquido especial contraincendios ou un fungo que degrada as máscaras cirúrxicas para que non contaminen. Son inventos presentados en Galiciencia, o espectáculo dos escolares máis inxeniosos que regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense. 12-05-22

Estados Unidos convértese no principal subministrador de gas á planta de Reganosa en Mugardos, que xa deixou de recibir envíos procedentes de Rusia. As instalacións anuncian un investimento de 16 millóns de euros para pasar a ser centro de referencia para todo o noroeste peninsular. // Os casos activos manteñen a tendencia á baixa. En cambio os pacientes ingresados repuntan a 760, 21 máis que onte, que sitúan a Galicia entre as comunidades con maior ocupación hospitalaria por Covid, // A empresa láctea Lence presenta un programa informático que calcula os custos de produción das explotacións gandeiras. // O Celta caeu na súa visita ao Camp Nou nun encontro no que a falta de puntería volveu castigar o equipo vigués. // 11-05-22

Un debilitamento transitorio da influencia anticiclónica, coa chegada dos restos dunha fronte, trae algo máis de humidade ao litoral. Os ceos permanecen pouco nubrados ou despexados en xeral con máis nubosidade na franxa costeira, onde as as temperaturas experimentan un descenso. 11-05-22