Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As temperaturas máximas subiran especialmente na metade norte onde ata agora estiveron algo máis frescos. Na Coruña agardan 25 graos pero tanto no interior coma polo sur os termómetros estarán rondando os 30 graos. Pola tarde poden medrar nubes de evolución no interior. 13-06-22

Chega á Coruña o buque cargado con preto de 18.000 toneladas de millo procecente de Ucraína, para aliviar a demanda de pensos das granxas gandeiras. // O Festival do Son do Camiño continúa os preparativos, coa instalación dun novo escenario, logo de que a organización confirmase que o evento musical terá lugar nas datas previstas, pese ao accidente no que resultaron feridos seis traballadores. // O concello de Marín comenza hoxe as probas para seleccionar aos Socorristas de Praia, unha ocupación para a que é cada vez máis difícil atopar persoal. // Decepción entre os deportivistas o ver escapar a oportunidade do ascenso, contra Albacete, na final do Playoff. Quedará por terceira temporada consecutiva na Primeira Federación. // 13-06-22

 Chega á Coruña o buque cargado con preto de 18.000 toneladas de millo procecente de Ucraína, para aliviar a demanda de pensos das granxas gandeiras. // O Festival do Son do Camiño continúa os preparativos, coa instalación dun novo escenario, logo de que a organización confirmase que o evento musical terá lugar nas datas previstas, pese ao accidente no que resultaron feridos seis traballadores. // O concello de Marín comenza hoxe as probas para seleccionar aos Socorristas de Praia, unha ocupación para a que é cada vez máis difícil atopar persoal. // Decepción entre os deportivistas o ver escapar a oportunidade do ascenso, contra Albacete, na final do Playoff. Quedará por terceira temporada consecutiva na Primeira Federación. // 13-06-22

Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares, que volven con actividades que van dende o deporte, a aventura, a ciencia ou a música. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // En Lugo arranca o Arde Lucus coa tradicional recreación da entrada das tropas na cidade. // A Xunta aproba un plan para a conservación das illas Atlánticas, mediante un un proxecto para devolver os hábitats das Cies, Ons, e Sálvora ao estado natural de hai 70 anos. // O BNG anuncia que a levará ao Parlamento unha iniciativa para declarar o baile e a música tradicional galega como Ben de Interese Cultural. // O Son do Camiño ultima a súa terceira edición, que se celebrará dentro dunha semana, con máis de corenta artistas nacionais e internacionais e 120 mil persoas durante tres días de concertos. 09-06-22

Unhas 120.000 persoas congregadas no Monte do Gozo, en Santiago, durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais, de C Tangana a Liam Gallaguer. Así será a edición deste ano do O Son do Camiño, que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá.

A entrada das altas presións fai que os ceos nubrados e néboas no interior dean paso a unha tarde xa de ceos despexados. As mínimas sofren un lixeiro descenso, mentras que as máximas experimentan un ascenso e notable, que será maior canto máis ao sur. 09-06-22

Desconcerto no Ministerio Transportes sobre a derruba no viaduto do Castro, na A,6 que os técnicos consideran un colapso sen precedentes na rede viaria española. . // O foro reunido polo Consello da Cultura Galega advirte de que serán necesarios novos impostos medioambientáis que repercutirán no transporte, a agricultura e o turismo. // Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // Unhas 120.000 persoas congregadas no MOnte do Gozo durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais, Así será a edición deste ano do Son do Camiño que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá. 09-06-22

Desconcerto no Ministerio Transportes sobre a derruba no viaduto do Castro, na A,6 que os técnicos consideran un colapso sen precedentes na rede viaria española. // O foro de expertos reunido polo Consello da Cultura Galega advirte de que serán necesarios novos impostos medioambientáis que repercutirán no transporte, a agricultura e o turismo. // Dispárase a demanda dos campamentos de verán para escolares. A Xunta aumenta a oferta ata case 11.000 prazas. // Unhas 120.000 persoas congregadas no MOnte do Gozo durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais. Así será a edición deste ano do Son do Camiño que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá. 09-06-22

Desviado o tráfico na A6, en ambos sentidos a altura de Pedrafita, polo derrubamento dunha sección de 50 metros do viaduto do Castro, que estaba a ser reparado. Os técnicos estudan agora posibles fallos estruturais na cimentación para aclarar cómo puido producirse a caida. // Mais da metade da poboación galega ten sobrepeso ou é obesa. Unha preocupación que leva a Xunta a presentar un programa para loitar contra esta enfermidade con exercicio físico e alimentación saudable. // Os médicos de urxencias reclaman, nun congreso en Vigo, a creación dunha especialidade propia para solucionar a falla de profesionais nos servizos de atención primaria. // Descobrir os misterios do fondo do mar, dende propia casa. E a proposta dun deseñador de videoxogos de Pontevedra, da que hoxe coñecemos as primeiras imaxes, no Día Mundial dos Océanos.. 08-06-22

As temperaturas máximas de hoxe, algo máis baixas, en torno aos 20 graos, nun día marcado polos orballos sobre todo na fachada atlántica. Chuvias febles que irán desaparecendo cara o remate a xornada. 08-06-22

Analizan cómo puido derrubarse unha sección de 50 metros do viaduto do Castro, na Autovía A6, que estaba a ser reparado. O tráfico mantense desviado en ambos sentidos pola estrada nacional que pasa por Pedrafita. // O grupo Inditex deu hoxe a coñecer os resultados trimestrais, primeiros dende que Marta Ortega asumíu a presidencia, que supoñen un beneficio de 760 millóns de euros, un aumento do 80 por cento respecto ao ano pasado. // Familiares dos naufragos do Villa de Pitanxo trasladan a sua protesta a Madrid, ante o Congreso dos Deputados. Reclaman ao goberno que permita baixar ao pecio, mentres a Audiencia Nacional admite a sua querela contra o patrón e a armadora. 08-06-22

Analizan cómo puido derrubarse unha sección de 50 metros do viaduto do Castro, na Autovía A6, que estaba a ser reparado. O tráfico mantense desviado en ambos sentidos pola estrada nacional que pasa por Pedrafita. // O grupo Inditex deu hoxe a coñecer os resultados trimestrais, primeiros dende que Marta Ortega asumíu a presidencia, que supoñen un beneficio de 760 millóns de euros, un aumento do 80 por cento respecto ao ano pasado. // Familiares dos naufragos do Villa de Pitanxo trasladan a sua protesta a Madrid, ante o Congreso dos Deputados. Reclaman ao goberno que permita baixar ao pecio, mentres a Audiencia Nacional admite a sua querela contra o patrón e a armadora por delictos de homicidio por imprudencia grave. 08-06-22

Arrancan as probas da ABAU, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // o Rei Xoan Carlos non estará finalmente esta fin de semana en Sanxenxo para participar nas regatas. Así o decidíu, segundo fontes cercanas, trala longa conversa co seu fillo Filipe VI, o día 23 de maio, antes de marchar de regreso a Abu Dabi, logo dos días que pasou na localidade pontevedresa, rodeado dunha gran seguemento mediático // O patrón do Villa de Pitanxo non poderá saír do país. Así o decidiu o xuiz da Audiencia Nacional que interrogou aos tres sobreviventes. Juan Padín, investigado por 21 homicidios, insiste en que deu a orde para que todos puxeran os traxes de supervivencia. // Os segredos de The Beatles, recreados como nunca en Ourense, nunha mostra considerada das máis amplas realizadas ata agora sobre o mítico cuarteto de Líverpool . 07-06-22

Instrumentos, prendas, obxetos de uso cotián e outros materiais da banda máis influínte na historia da música pop amósanse nunha mostra, considerada das máis amplas feitas ata agora sobre a mítica banda de Liverpool.

Intervalos de nubes baixas que aumentan polo noroeste e cara a noite chegarán as chuvias polo litoral atlántico. As temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres as máxima ascenden ata 27 graos en Ourense. 07-06-22

Exame de Historia da España, coa transición como tema estrela. É o arranque das probas da ABAU, xa sen márcara obrigatoria, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // Os líderes políticos galegos coiciden en reclamar máis competencias ao goberno central, pero discrepan sobre cómo mellorar a sanidade e a economía. É o resultado da primeira xuntanza de Alfonso Rueda coa dirixente do BNG Ana Pontón, e co socialista Valentín González Formoso. // A Xunta aproba un plan de resposta a períodos sen choiva para garantir o abastecemento de auga nos próximos meses, e mantén a prealerta por seca en toda a Demarcación Galicia-Costa, cos encoros un 48 por cento máis baixos do habitual. 07-06-22

Exame de Historia da España, coa transición como tema estrela. É o arranque das probas da ABAU, xa sen márcara obrigatoria, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // Os líderes políticos galegos coiciden en reclamar máis competencias ao goberno central, pero discrepan sobre cómo mellorar a sanidade e a economía. É o resultado da primeira xuntanza de Alfonso Rueda coa dirixente do BNG Ana Pontón, e co socialista Valentín González Formoso. // A Xunta aproba un plan de resposta a períodos sen choiva para garantir o abastecemento de auga nos próximos meses, e mantén a prealerta por seca en toda a Demarcación Galicia-Costa, cos encoros un 48 por cento máis baixos do habitual. 07-06-22

Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia. Son as máis próximas xa á normalidade tras a pandemia, cunhas notas de corte cada vez máis altas para acceder ás carreiras elixidas.

Investigado por 21 homicidios imprudentes, O patrón do Villa de Pitanxo declara na Audiencia Nacional. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivente, ofrecen a sua versión, clave para averiguar cómo ocorreu o naufraxio. Mentres os familiares reclaman xustiza dende Galicia. // Os casos activos de Covid rexistran hoxe unha baixada significativa, son 8.065, case mil menos que o sábado, o último día no que se ofreceron datos. Aumentan a 462 os pacientes ingresados, 41 máis, e son 23 os que permanecen nas UCI. // A vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz, de visita en Ames, aposta por aplicar un imposto extraordinario ás eléctricas e ter en conta a renda de cada cidadán nos descontos da gasolina. // 06-06-22