A chegada dunha fronte pouco activa deixa orballos durante a mañá. Precipitacións intermitentes que se irán desprazando dende a costa cara o interior co avance do día. As temperaturas sen grandes cambios. As máximas oscilan entre os 20 graos previstos na Coruña aos 25 de Ourense. 06-06-22
O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar problemas como a sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar os principais problemas da actualidade como sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
Emprazado no concello de Vilarmaior, comarca de Betanzos, abre mañá ao público como o máis grande da Península, con máis de 4.000 árbores e 6.000 metros cadrados. Foi ideado por un xove delineante inspirado na estética do mundo celta.
O director ultima en Ourense a rodaxe de A mazá de Ouro, adaptación dunha novela de Fernando Aramburu, que define como unha comedia negra coral e que suporá o seu testamento cinematográfico, logo de 50 anos de traxectoria.
O centro da borrasca situarase preto de Galicia. Durante a mañá, ceos despexados con nubes. Posibilidade de chuvascos localmente treboentos, máis xeneralizados pola tarde. Ata ás 8 está activa unha alerta porque esas treboadas poden vir acompañadas de saraiba. 03-06-22
Os médicos internistas manteñen o enfrontamento coa consellería de Sanidade e rexeitan a obriga aos novos contratados de que se despracen para afrontar a sobrecarga asistencial. // O comité europeo das rexións expresa o seu apoio aos Camiños de Santiago como modelo de turismo sostible. Mentres, a chegada de peregrinos apunta un novo record, coa entrega prevista, esta fin de semana da Compostela número 100.000 deste ano. // Máis de 4.000 árbores e 6.000 metros cadrados, literalmente para perderse. É o maior labirinto vexetal da península, que abre mañá ao público en Vilarmaior, inspirado na estética celta. // Por todo o alto, e con Xoel López e Baiuca como estrelas invitadas, E a celebración do 30 aniversario do Nautico de San Vicente do Mar, retransmitida en directo por Radio 3. 03-06-22
Os médicos internistas manteñen o enfrontamento coa consellería de Sanidade e rexeitan a obriga aos novos contratados de que se despracen para afrontar a sobrecarga asistencial. // O comité europeo das rexións expresa o seu apoio aos Camiños de Santiago como modelo de turismo sostible. Mentres, a chegada de peregrinos apunta un novo record, coa entrega prevista, esta fin de semana da Compostela número 100.000 deste ano. // Máis de 4.000 árbores e 6.000 metros cadrados, literalmente para perderse. É o maior labirinto vexetal da península, que abre mañá ao público en Vilarmaior, inspirado na estética celta. // Por todo o alto, e con Xoel López e Baiuca como estrelas invitadas, E a celebración do 30 aniversario do Nautico de San Vicente do Mar, retransmitida en directo por Radio 3. 03-06-22
Rexeitamento dos médicos internistas á fórmula da Consellería de Sanidade para afrontar a sobrecarga asistencial. Din que os novos novos contratados nas cidades non aceptan ser obrigados a desprazarse aos hospitais comarcais. // A planta de Ferroglobe, en Arteixo, celebra 50 anos. A empresa anuncia un investimento de 4.2 millóns de euros para mellorar procesos productivos. E a única factoría de España que produce silicio metalúrxico, estratéxico para a construción de paneis solares. // A deputación da Coruña pon en marcha no concello da Capela unha primeira oficina pública para a xestión dos fondos europeos Next-Generation. // Intelixencia artificial, vehículos non tripulados ou o metaverso. Son tecnoloxías chamadas a revolucionar a vida tal e como a coñecemos, e que se dan cita no ForoEcosystems 2030, na Coruña. 03-06-22
Os empresarios do sector falan de cada vez máis dificultades para atopar persoal, sobre todo en categorías máis cualificadas. O déficit de camareiros e cociñeiros pon en risco a tempada de verán. Hai dous mil camareiros menos que antes da pandemia.
O arrasteiro "Piedras", con base en Marín, naufraga tras sofrir unha vía de auga mentres faenaba en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // enfermeiros do hospital xeral protestaron esta maña convocados pola CIG-Saúde para pedir que non se deneguen permisos para días libres e vacacións. Segundo este sindicato, a dirección do Hula estáos negando sistemáticamente pola falta de persoal. //. // Comeza o verán climatoloxico e aínda que con chuvia hoxe, as previsións apuntan que virá caloroso. A primavera que acaba de rematar foi máis seca e cálida do habitual, con menos chuvia da agardada sobre todo no mes de maio no que choveu a metade do que é normal. 01-06-22
Naufraxio do arrasteiro galego "Piedras", con base en Marín, ao sufrir unha vía de auga mentres faenaba a unhas 60 millas da costa de Irlanda, en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // Traballadores da hostalaría denuncian as codicións laborais, con salarios por debaixo do pactado e incumprimento da normas sobre horarios e descansos. Mentres, os empresarios do sector falan de dificultades para atopar persoal. // // No día do leite, os productores destacan que Galicia é a orixe do corenta por cento do que se consume en España. Un grupo de 29 granxeiros forman a primeira organización adicada ao leite ecolóxico. // Presta declaración ante o xuíz o home acusado da brutal agresión en Carballo á muller que continúa ingresada grave, con traumatismo craneoencefálico. 01-06-22
Chuvascos que poden ser localmente fortes, con ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e vir acompañados de aparato eléctrico. Unha alerta se manterá ata ás 9 da noite. De momento durante a mañá xa se acumularon ata 25 litros por metro cadrado en Ribeira, na Coruña o 20 en Arnoia en Ourense. 01-06-22
Naufraxio do arrasteiro galego "Piedras", con base en Marín, ao sufrir unha vía de auga mentres faenaba a unhas 60 millas da costa de Irlanda, en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // Traballadores da hostalaría denuncian as codicións laborais, con salarios por debaixo do pactado e incumprimento da normas sobre horarios e descansos. Mentres, os empresarios do sector falan de dificultades para atopar persoal. // // No día do leite, os productores destacan que Galicia é a orixe do corenta por cento do que se consume en España. Un grupo de 29 granxeiros, en LUgo, forman a primeira organización adicada ao leite ecolóxico, para poder negociar melloras coas empresas lácteas. // Presta declaración ante o xuíz o home acusado da brutal agresión en Carballo á muller que continúa ingresada grave, con traumatismo craneoencefálico. 01-06-22
Logo de tres anos de ensaios, a Misión Biolóxica, con sede en Pontevedra, logrou seleccionar as tres mellores variedades de millo para recuperar o pan tradicional galego. Xunto cos investigadores traballou unha panadería de Carral.
A escalada do combustible non para, ca gasolina catro céntimos máis cara que onte, e por riba dos dous euros o litro en moitas estacións de servizo. // Galicia rexistrou en abril 120 mil viaxeiros que realizaron case 180 mil pernoctacións en casas de turismo rural, apartamentos, camping ou albergues, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística publicados hoxe. // A Garda Civil solicita colaboración cidadá para dar co conductor que fuxiu tras provocar un accidente na A 52, deixando ferido grave a un motorista. Ocorreu este sábado no alto do Confurco, no Porriño, cando o vehículo se incorporou dende a Nacional 120. // O Touro de Trasmiras, pintado de azul celeste por un artista que quere permanecer no anonimato. Os veciños rexeitan a acción como un acto vandálico contra unha das icónicas figuras de Osborne que hai en Galicia. 31-05-22
Chuvascos treboentos que poden descargar ata 15 litros de auga por metro cadrado en tan só unha hora e ademais vir acompañados de aparato eléctrico. Chuvias que serán xeralizadas en toda a comunidade durante todo o día. As temperaturas ascenden lixeiramente 31-05-22
A gasolina volve poñerse por riba dos dous euros o litro na maioría das estacións de servizo, cun aumento de catro céntimos no último día. A piques de absorver o desconto implantado polo goberno en abril, convértese no principal impulso para a inflación. // O Sergas comenza hoxe en Santiago e Vigo a realizar probas de PCR que permiten confirmar ou descartar os casos sospeitosos en poucas horas, sen ter que esperar varios días para recibir o resultado do laboratorio de Madrid, // En Galicia son 233 os nenos en familias de acollida, e faltan 61 por atopar un fogar. Os expertos advirten dos danos a longo prazo que o abandono causa na saúde mental dos cativos, e que xeneralmente pasa desapercibido para o sistema sanitario. //31-05-22
A gasolina volve poñerse por riba dos dous euros o litro na maioría das estacións de servizo, cun aumento de catro céntimos no último día. A piques de absorver o desconto implantado polo goberno en abril, convértese no principal impulso para a inflación. // O Sergas comenza hoxe en Santiago e Vigo a realizar probas de PCR que permiten confirmar ou descartar os casos sospeitosos en poucas horas, sen ter que esperar varios días para recibir o resultado do laboratorio de Madrid,. // En Galicia son 233 os nenos en familias de acollida, e faltan 61 por atopar un fogar. Os expertos advirten dos danos a longo prazo que o abandono causa na saúde mental dos cativos, e que xeneralmente pasa desapercibido para o sistema sanitario. 31-05-22
Novo crime machista en Galicia. Unha muller agredida brutalmente en Carballo, permanece ingresada grave, con traumatiso craneoencefálico. O marido, está detido como presunto autor, despois de entregarse á garda civil. // A Garda Civil investiga a morte dunha muller que apareceu sen vida no portal da súa vivenda na rúa Redondela de Cangas, ainda que todo apunta a unha caída accidental. A policía científica agardará o resultado da autopsia para confirmar que caeu pola escaleira de xeito fortuito. //. // A ría de Vigo, escenario da derradeira novela do escritor Domingo Villar, acolleu unha emotiva homenaxe ao autor recentemente falecido. Dúcias de lectores embarcaron no último barco que une Vigo con Moaña para poñer voz a súa escrita e honrar o seu legado literario. 30-05-22