O foguete Vega, da Axencia Espacial Europea, pon en órbita o primeiro satélite galego. Trátase dun pequeno aparello de menos dun quilo de peso que durante algo menos de tres meses vai facer medicións electromagnéticas e probas de comunicacións. // As diferenzas coa UPG, a corrente gañadora na última asemblea do Bloque, rompen en dous o nacionalismo galego. // A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias preparan un informe sobre a situación dos concellos, para analizar posibles fusións. // Tres minicentrais hidroelécticas poderían construírse nun pequeno río de 20 quilómetros de lonxitude, o Loio, en Paradela Lugo. // Fin de semana de éxitos para os principais equipos galegos. // E ás portas do Entroido, Lalín converteuse un ano máis na capital do cocido. 13/02/12
O foguete Vega, da Axencia Espacial Europea, pon en órbita o primeiro satélite galego. // As diferenzas coa UPG rompen en dous o nacionalismo galego. // Preparan un informe sobre a situación dos concellos, para analizar posibles fusións. // Tres minicentrais hidroelécticas poderían construírse nun pequeno río de 20 quilómetros de lonxitude, en Lugo. // Fin de semana de éxitos para os principais equipos galegos. // Lalín converteuse na capital do cocido. 13/02/12
As nubes e os chuvascos iranse achegando de norte a sur, mentres que as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso. Xeadas nocturnas, pero non tan severas como na madrugada do domingo. Ventos de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior. 13/02/12
Tui e a súa veciña portuguesa Valença do Minho acaban de converterse nunha Eurocidade. // A sociedade pública Pymar decide sumarse ao concurso de acredores do estaleiro vigués Vulcano como única vía para evitar o seu peche. // Adrián Doce, o mozo que axudou no intento de rescate da praia do Orzán, no que morreron afogados tres policías e un estudante eslovaco, vai ser condecorado. // Os comerciantes da Praza de Abastos de Ourense acaban de poñer en marcha unha campaña para animar ós seus clientes a pagar en pesetas. // Dez hostaleiros de Fisterra ofrecen aloxamento gratuíto a cen parados durante unha fin de semana. // Presenza Activa: Arte contemporánea e performances no décimo aniversario do museo MARCO de Vigo. (10/02/12)
Ceos pouco nubrados ou despexados, unicamente con algunhas nubes baixas no Norte de Lugo e A Coruña. Vento frouxo do Nordés con períodos de moderado no litoral da Coruña. Temperaturas mínimas sen cambios en lixeiro descenso, con xeadas nocturnas no interior; mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. (10/02/12)
Tui e a súa veciña portuguesa Valença do Minho acaban de converterse nunha Eurocidade. // Pymar entra no concurso de acredores do estaleiro Vulcano. // Adrián Doce, o mozo que axudou no intento de rescate da praia do Orzán, vai ser condecorado. // A peseta volve á Praza de Abastos de Ourense. // Hostaleiros de Fisterra ofrecen aloxamento gratuíto a cen parados durante unha fin de semana. // Presenza Activa no MARCO de Vigo. (10/02/12)
Milleiros de traballadores do sector naval da ría de Ferrol, maniféstanse na Coruña pedindo o compromiso da Administración na procura de carga de traballo para os estaleiros públicos. // O Goberno galego autoriza a construción de plantas acuícolas en calquera punto da costa galega. // Primeiras protestas dos funcionarios galegos contra os cambios salariais e laborais que lles quere impoñer a Xunta. // A deputada e ex conselleira de Vivenda Teresa Táboas abandona o seu escano no Parlamento galego desconforme coa liña política saída da última asemblea do BNG. // Unha denuncia dun ex traballador dunha empresa química do concello ourensán de San Cibrao permite descubrir un vertedoiro ilegal situado a carón dunha fábrica de pinturas. // Homenaxe institucional a Isaac Díaz Pardo. 09/02/12
Alternancia de nubes e claros no terzo Norte, con posibilidade dalgunha precipitación illada e ocasional. Ceos en xeral pouco nubrados no resto. Vento do Nordés, moderado no litoral e máis frouxo no interior. Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro descenso, con xeadas débiles no interior; mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. 09/02/12
Traballadores do sector naval da ría de Ferrol, maniféstanse na Coruña pedindo carga de traballo para os estaleiros públicos. // O Goberno galego autoriza a construción de plantas acuícolas en calquera punto da costa galega. // Protestas dos funcionarios contra os recortes da Xunta. // Teresa Táboas abandona o seu escano no Parlamento. // Descobren un vertedoiro tóxico ilegal. // Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. 09/02/12
Tras un ano de paro, polas vedas e a toxina, volven extraer vieiras da ría de Arousa. Hoxe foi o primeiro día dunha campaña que tiña que ter comezado en novembro. // Homenaxe nas comisarías da policía nacional galegas os tres axentes falecidos o pasado 27 de xaneiro afogados na praia do Orzán. // A Consellería de Sanidade considera non aptas para o baño 40 praias das 500 nas que fai habitualmente controis de calidade da auga. // Economía e Cultura xúntanse para promocionar a internacionalización do sector audiovisual galego. // Unha folga dos traballadores do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo obriga aos equipos en competicións nacionais a buscar pavillóns noutros concellos. // Museo de Lugo: Os fondos que o público non ve, en proceso de reorganización. 08/02/12
Intervalos nubrados e posibilidade dalgunha precipitación débil e illada no Nordés, que sería de neve por enriba dos 600-700 metros. Vento do Nordés, moderado en xeral no litoral e nas zonas montañosas, e frouxo, aumentando a moderado nas horas centrais, no interior. As temperaturas experimentarán un moderado descenso, especialmente as mínimas, e volverán as xeadas a zonas do interior. 08/02/12
Tras un ano de paro, polas vedas e a toxina, volven extraer vieiras da ría de Arousa. // Homenaxe nas comisarías aos tres axentes afogados no Orzán. // A Consellería de Sanidade considera non aptas para o baño 40 praias. // Apoio á internacionalización do sector audiovisual galego. // Folga no Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. // Museo de Lugo: Os fondos reservados. 08/02/12
Máis dun cento de delegados sindicais de Navantia marchan a pé ata A Coruña para reclamar das administracións axuda. Nas gradas dos estaleiros só hai traballo ata o verán. // A CIG vai convocar unha folga xeral en Galicia na última semana de marzo. // Entre 70 e 100 mil persoas poderían estar afectadas en Galicia polas chamadas participacións preferentes. Terían investido neste produto financeiro enganoso unha media de 45.000 euros por persoa, que agora o banco non lles devolve. // Comeza a conta atrás para o congreso dos socialistas galegos. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, preséntase á reelección co ánimo, asegura, de integrar ás voces críticas dentro do partido. // Dez anos de prisión, en total, é a pena que hoxe aceptaron na Audiencia de Pontevedra os tres arousáns, acusados de secuestrar e torturar en 2006 ao empresario de Ribadumia Román Santiago. // Muxicas, unha compañía de teatro de Ourense con once anos de vida, que conta no seu elenco con sete persoas cegas e con discapacidades visuais. 07/02/12
Ceos nubrados con precipitacións dispersas, máis probables e frecuentes no terzo Norte e nas áreas montañosas de Lugo. Vento do Norte virando a Nordés a partir da tarde, moderados no litoral e nas zonas montañosas e frouxos, con períodos de moderado, no interior. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso as mínimas. 07/02/12
Delegados sindicais de Navantia marchan a pé ata A Coruña para reclamar axuda das administracións. // A CIG vai convocar unha folga xeral en Galicia en marzo. // Entre 70 e 100 mil persoas poderían estar afectadas en Galicia polas chamadas participacións preferentes. // Comeza a conta atrás para o congreso dos socialistas galegos. // Dez anos de prisión é a pena que hoxe aceptaron na en Pontevedra tres arousáns, acusados de secuestrar e torturar ao empresario Román Santiago. // Muxicas, unha compañía de teatro con sete persoas cegas e con discapacidades visuais. 07/02/12
José Manuel Baltar, do Partido Popular, toma posesión como novo Presidente da Deputación de Ourense, cargo que ata hai dez días ocupaba o seu pai. // Tres galegos na nova Executiva do PSOE: Pachi Vázquez, Carmela Silva e Abel Caballero. // Sindicatos, empresarios, Xunta e administración central constitúen o Consello Autonómico de Emprego, un organismo que tentará achegar propostas para fomentar a creación de postos de traballo en Galicia. // Estamos a un paso do Entroido e na comarca do Ulla comezan xa as batallas dialécticas dos "xenerais". // Celta e Deportivo mantéñense a un paso do ascenso. O Obradoiro pon fin á súa serie de derrotas. // Cromos de fútbol, cos xogadores dos catro equipos galegos que estiveron na Primeira División. 06/02/12
Ceos anubrados, con posibilidade de chuvias débiles en xeral, moderadas no terzo norte da provincia de Lugo. Temperaturas en ascenso, moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas, aínda que se rexistrarán algunhas xeadas, máis débiles que en xornadas anteriores no interior e nas zonas de montaña. 06/02/12
José Manuel Baltar toma posesión como novo Presidente da Deputación de Ourense. // Galegos na nova Executiva do PSOE: Pachi Vázquez, Carmela Silva e Abel Caballero. // Sindicatos, empresarios, Xunta e administración central constitúen o Consello Autonómico de Emprego. // Comezan as batallas dialécticas dos "xenerais" da Ulla. // Vitorias de Celta, Deportivo e Obradoiro. // Cromos de fútbol cos xogadores galegos de Primeira. 06/02/12
Alerta amarela por baixas temperaturas nas montañas do interior. Nas de Ourense chegaron a case os 12 graos baixo cero, no Cebreiro estiveron a menos 8,8. // Complicase o plan para que Novagalicia banco poida continuar en solitario despois de que o goberno anunciara a terceira reforma do sistema financeiro. // Nas próximas horas vanse enterrar en Burela e en Friol, en Lugo, os corpos dos dous policías recuperados onte do mar na Coruña. // A espera media para operarse das patoloxías máis graves baixou en 16 días en Galicia durante o último ano, segundo o Sergas. // Xa estamos ás portas do Entroido. Hoxe na Praza do Obradoiro, en Santiago, puidemos ver aos "Xenerais da Ulla". (03/02/12)
Ceo pouco nubrado, agás no Norte de Lugo e A Coruña, onde esperan nubes baixas algo máis compactas que no Norte da provincia de Lugo poden deixar algunha precipitación ocasional, de neve por enriba dos 300 metros. Vento do Nordés, moderado no litoral e máis frouxo no interior. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. Xeadas xeneralizadas e intensa sensación de frío durante toda a xornada. (03/02/12)