A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime machista | Quedaron en liberdade os catro detidos polo alixo nunha nave industrial de Cambre de máis de sete toneladas de cocaína | Nin a choiva para a chegada de turistas a Vigo, atraídos pola iluminación de Nadal | Visitamos o belén de Bengonte, na Terrá Cha de Lugo 07-12-23
A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime machista | Quedaron en liberdade os catro detidos polo alixo nunha nave industrial de Cambre de máis de sete toneladas de cocaína | Nin a choiva para a chegada de turistas a Vigo, atraídos pola iluminación de Nadal 07-12-23
Desde hai unha hora está en marcha a operación especial de Tráfico con motivo da ponte, na que se agardan máis dun millón de desprazamentos por estrada no noroeste da Península | Alí, veciños do centro da cidade quéixanse das molestias pola cantidade de xente que acode a ver a luces de Nadal e avisan dos problemas de seguridade que pode causar a masificación | Confrarías e agrupacións de mariscadores reclaman medidas para rexenerar as praias e axudas ante a caída da produción de marisco nas rías galegas. Varios bancos marisqueiros xa están pechados e algunhas confrarías avalían parar a actividade | O Celta non arranca. Leva once partidos sen gañar. Mantense en postos de descenso tras empatar onte a uns contra un Cádiz que xogou unha hora só con dez futbolistas 05-12-23
Comezan cinco días de ponte, para os que non traballen o xoves, nos que o tempo seco e frío vai dar paso a chuvias intensas. O tempo, o propio do outono. Principalmente chuvias, pero tamén teremos algún respiro. 05-12-23
Desde hai unha hora está en marcha a operación especial de Tráfico con motivo da ponte, na que se agardan máis dun millón de desprazamentos por estrada no noroeste da Península | En Vigo, veciños do centro da cidade quéixanse das molestias pola cantidade de xente que acode a ver a luces de Nadal | Confrarías e agrupacións de mariscadores reclaman medidas para rexenerar as praias e axudas ante a caída da produción de marisco | O Celta leva once partidos sen gañar. Mantense en postos de descenso tras empatar onte a uns contra o Cádiz 05-12-23
Dentro dunha hora comeza a operación especial de Tráfico con motivo da ponte, na que se agardan máis dun millón de desprazamentos por estrada no noroeste da Península | En Vigo, veciños do centro da cidade quéixanse das molestias pola cantidade de xente que acode a ver a luces de Nadal e avisan dos problemas de seguridade que pode causar a masificación 05-12-23
O mes de novembro pechou con 2.180 parados menos en Galicia, debido principalmente ás contratacións no sector servizos e na industria. Este descenso deixa o número total de desempregados en pouco máis de 131.000 | Encarna, a muller de 80 anos asasinada polo seu marido o venres en Sigüeiro, é a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia este ano, e a número 55 en España | Galicia será pioneira no emprego da intelixencia artificial para loitar contra o fracaso escolar. 40 empresas xa presentaron as súas solucións con esta tecnoloxía ao programa Edugalia | Loitar contra a discriminación e os prexuízos que sofren as persoas pola súa idade. É o obxectivo da Cátedra de Idadismo da Facultade de Comunicación de Pontevedra, única en España. 04-12-23
Esta semana da ponte festiva vai ter un pouco de todo no meteorolóxico. Tralo paso dunha fronte moi activa na tarde onte, Galicia queda hoxe na área de chuvascos que trae detrás e con entrada de aire frío. As precipitacións irán remitindo co avance da tarde e poderán ser de neve por riba dos 1.200 metros. Temperaturas en progresivo descenso, con máximas entre os 15 graos de Vigo e os 10 de Lugo. Vento do noroeste, forte no litoral norte. Mañá tempo seco e o mércores chega outra fronte pola tarde. 04-12-23
O mes de novembro pechou con 2.180 parados menos en Galicia, debido principalmente ás contratacións no sector servizos e na industria. Este descenso deixa o número total de desempregados en pouco máis de 131.000 | Encarna, a muller de 80 anos asasinada polo seu marido o venres en Sigüeiro, é a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia este ano, e a número 55 en España. 04-12-23
O mes de novembro pechou con 2.180 parados menos en Galicia, debido principalmente ás contratacións no sector servizos e na industria | Encarna, a muller de 80 anos asasinada polo seu marido o venres en Sigüeiro, é a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia este ano | Galicia será pioneira no emprego da intelixencia artificial para loitar contra o fracaso escolar | Loitar contra a discriminación e os prexuízos que sofren as persoas pola súa idade. É o obxectivo da Cátedra de Idadismo da Facultade de Comunicación de Pontevedra, única en España. 04-12-23
Un home de 88 anos e a sua muller de 80 aparecen mortos con sinais de violencia na sua vivenda en Sigüeiro. A Garda civil non contempla indicios de que participasen terceiras persoas. | Nas cidades da Coruña, Lugo e Santiago ultimanse os Preparativos da decoración de Nadal de cara ao acendido de luces, esta noite. | Expectación en Pontevedra para o partido da selección española feminina esta noite ás nove e media en Pasarón. As campioas do mundo enfróntanse a Italia. | Leilía, o grupo de mulleres que hai 34 anos deu inicio ó actual fenómeno das pandereteiras, deixan os escenarios. Da sua traxectora quédannos a grabación de músicas e letras ata entón apenas difundidas, e unha fonda pegada no panorama musical galego. 01-12-23
Tralo paso da fronte, hoxe aínda podemos ter algunhas chuvias intermitentes e seguirán a descender as temperaturas polo vento norte. A cota de neve continuará nos 1.000 metros. A fin de semana agardamos tempo tranquilo con apertura de claros e sensación de máis frío. 01-12-23
A Garda civil investiga a aparición dos corpos sen vida de dous octoxenarios nunha vivenda de Sigueiro, no concello de Oroso. | Tódolos partidos pensan na posible convocatoria anticipada das eleccións autonómicas anque o presidente da Xunta insiste en que serán no primeiro semestre do ano que vén. | Expectación en Pontevedra para o partido da selección española feminina esta noite ás nove e media en Pasarón. As campioas do mundo enfróntanse a Italia. |. | Nas cidades da Coruña, Lugo e Santiago ultimanse os Preparativos da decoración de Nadal de cara ao acendido de luces, esta noite. |. 01-12-23
Preparativos da decoración de Nadal de cara ao acendido de luces, esta noite en Santiago, na Coruña e Lugo. Arranca a fin de semana previa a ponte de decembro, con previsión de alta ocupación turística. | Tódolos partidos pensan na posible convocatoria das eleccións autonómicas anque o presidente da Xunta insiste en que serán no primeiro semestre do ano que vén. | A xogadora da selección española de fútbol Laia Codina acude aos Xulgados da Parda en Pontevedra para declarar como testemuña no caso Rubiales. | 01-12-23
Pola tarde claros e algún chuvasco ocasional. Máis frío sobre todo ao final do día con mínimas en torno aos 5 graos no interior en Lugo e Ourense. Descenso térmico e tamén da cota de neve que se situará entre 900 a 1.000 metros. 30-11-23
A selección feminina de futbol está xa en Galicia, para preparar o partido de mañá contra a Italia, en Pontevedra. | A Xunta anuncia a tramitación dunha lei para regular o emprego da Intelixencia Artificial. | Un terzo dos cancros pódense evitar con hábitos de vida saudable. Os expertos apelan á prevención entre os adolescentes. | Dous tripulantes do bacalloeiro vigués Lodairo, o máis grande da frota española, foron evacuados esta mañá a un hospital de Escocia tras sufrir un accidente. | Criar en interior aos becerros de categoría suprema, durante os dous últimos meses de vida. E o cambio normativo que defende o consello regulador da Ternera Gallega. 30-11-23
A actividade na louseira Irosa de Carballeda de Valdeorras reanudase logo de permanecer paralizada toda a mañá polo precintado das instalacións. | O dato do IPC indica que a revalorización das pensións para o próximo ano rondará o 3´8 por cento.| Todos os centros educativos e espazos xuvenís contarán ao longo deste curso cun "punto laranxa", un lugar onde denunciar de xeito anónimo os casos de acoso escolar. | Unha empresa galega é a primeira que consegue reciclar todos os componentes dos aeroxenadores , cun método cen por cen sostible, sen recorrer a procesos químicos. 29-11-23
Volven as alertas meteorolóxicas por chuvias, que poden descargar ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. Serán máis frecuentes na franxa atlántica onde tamén sopra o suroeste con refachos que serán fortes no litoral norte. 29-11-23
A louseira Irosa de Valdeorras reanuda a actividade logo de permanecer precintada por orde xudicial. | A inflación baixa tres décimas en novembro, ata o 3,2 por cento. | | A rede troncal para o transporte de hidróxeno verde dende a península ao resto de Europa non incluirá o tramo Guitiriz-Zamora | Todos os centros educativos e espazos xuvenís contarán ao longo deste curso cun "punto laranxa", un lugar onde denunciar de xeito anónimo os casos de acoso escolar.| Unha empresa galega é a primeira que consegue reciclar todos os componentes dos aeroxenadores. | 29-11-23
Paralizada a actividade da louseira Irosa de Valdeorras. Unha comisión xudicial executa o desafiuzamento, trala sentencia do Tribunal superior de Xustiza que deu a razón á comunidade de montes sobre a propiedade dos terreos. | A inflación baixa tres décimas en novembro, ata o 3,2 por cento. | A rede troncal para o transporte de hidróxeno verde dende a península ao resto de Europa non incluirá o tramo Guitiriz-Zamora, segundo anunciou a Comisión Europea. | Sumar rexeita a posibilidade de ir en coalicion cos socialistas nas eleccions autonómicas galegas. 29-11-23