Galicia levou máis de 230 millóns de euros no sorteo da Lotaría de Nadal | Colle forza a maquinaria electoral dos partidos cara as autonómicas de febreiro | Galicia estende a campaña de vacinación da gripe e da Covid ata o 12 de xaneiro | Compras adiantadas para a cea de Noiteboa, ao coincidir nesta ocasión a festa en domingo. 22-12-2023
Galicia levou máis de 230 millóns de euros no sorteo da Lotaría de Nadal, con máis de cincuenta localidades premiadas | Compras adiantadas para a cea de Noiteboa, ao coincidir nesta ocasión a festa en domingo. O máis demandado segue sendo os clásicos: año, ollomol, bacallau ou marisco | A praza de Fefiñáns, en Cambados, transfórmase nestas datas nunha aldea de Nadal, na que os protagonistas son os nenos. 22-12-2023
Os ventos marítimos están a arrastrar unha masa de aire húmida que deixa orballos e moitas nubes. Pola tarde iranse abrindo algúns claros. As temperaturas seguirán en valores moi parecidos, cun lixeiro aumento das máximas que oscilan entre 8 graos previstos en Lugo aos 15 que acadan polo litoral atlántico. 21-12-2023
As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro. O adianto electoral anunciouno Alfonso Rueda tras a reunión do Consello da Xunta| Un anuncio que chega a poucos días para a Noiteboa polo que son noticia os prezos que acadan produtos como os camaróns, por riba dos cen euros, os percebes a 60 ou as centolas a 50 euros o quilo | Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría. As administracións constatan un aumento das vendas este ano, ata un gasto medio de 75 euros por persoa | Hoxe fan dous anos da chegada da Alta Velocidade a Galicia. Dende entón, segundo Renfe, máis de 3, 6 millóns de viaxeiros utilizaron a liña. 21-12-2023
As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro | En vésperas de Noiteboa, os camaróns están nos mercados por riba dos cen euros, os percebes a 60 ou as centolas a 50 euros o quilo | Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría | Dous anos da chegada do AVE a Galicia. Máis de 3, 6 millóns de viaxeiros utilizaron a liña. 21-12-2023
As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro. O adianto electoral anunciouno hai uns minutos Alfonso Rueda tras a reunión do Consello da Xunta| Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría. As administracións constatan un aumento das vendas este ano, ata un gasto medio de 75 euros por persoa | En Vilalba, unha nova edición da feira do capón puxo á venda esta mañá uns trescentos exemplares deste manxar moi demandado en Noiteboa. 21-12-2023
Tralo paso da fronte, volve achegarse o anticiclón. No norte, algún chuvasco illado e onde os ceos están máis cubertos. Tempo enxoito o que nos agarda o resto da semana, con máis sol de cara o día de Nadal. As temperaturas suben. As máximas, entre os 3 graos e medio de Cabeza de Manzaneda os máis de 15 de Tui. 20-12-2023
Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións . Mentres a oposición da por rematada a lexislatura. | Moreas de cartons acumúlanse nalgunhas rúas da Coruña. O concello falla de anomalías no servizo de recollida do lixo, a cinco días da folga. | Galicia, segunda comunidade con máis accidentes de tráfico provocados por animais, sobre todo xabarís. | Pendentes de ser trasladados a Madrid, para declarar na Audiencia Nacional, os nove detidos no último golpe ao narcotráfico na comarca do Salnés. | Rescatar a tradición de cantar os Reis. É o que buscan os profesores dun colexio de Cabral, en Vigo. Animan aos alumnos a percorrer o barrio, cantando e pedindo aguinaldo. 20-12-2023
Moreas de cartons e bolsas de lixo acumúlanse nalgunhas rúas da Coruña. O concello falla de anomalías no servizo de recollida e considera que é parte do pulso entre os traballadores a a dirección da empresa concesionaria, a cinco días da folga convocada. | Alfonso Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións. Mentres a oposición dá por rematada a lexislatura. | Galicia é a segunda comunidade con máis accidentes de tráfico provocados por animais, sobre todo xabarís. O ano pasado ascenderon a 5.500. Ocorren sobre durante as fins de semana e entre as sete da tarde e a medianoite. | Rescatar a tradición de cantar os Reis. É o que buscan os profesores dun colexio de Cabral, en Vigo. Animan aos alumnos a percorrer o barrio, cantando e pedindo aguinaldo. 20-12-2023
Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións . Mentres a oposición da por rematada a lexislatura. | Pendentes de ser trasladados a Madrid, para declarar na Audiencia Nacional, os nove detidos no último golpe ao narcotráfico na comarca do Salnés. Unha nova xeración do chamado clan dos Piturros, que acumulan xa varias causas por narcotráficos. | Máis da metade dos accidentes de tráfico en Galicia están causados por animais, sobre todo xabaríns. O ano pasado producíronse 5.500 accidentes,15 por dia. 20-12-2023
A circulación na A-6 quedará restablecida a partir do día 30 de decembro, en sentido Madrid. | José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo que cometese delito contra a seguridade vial. | Un de cada catro universitarios abandona os estudos no primeiro ano. Para orientar ao alumnado sobre que estudos escoller, celébrase en Vigo a feira UNITOUR. | Aprobados no Parlamento os presupostos da Xunta para 2024, que serán os últimos da lexislatura. Os populares destacan que destina un 75 por cento a gasto social, mentres a oposición considera que están feitos en clave electoral. | O outono que remata foi o máis cálido e o máis húmido dende que hai rexistros, con precipitacións que chegaron a duplicar o habitual. 19-12-2023
As obras do viaduto do Castro, na A-6, a piques de rematar, para que o tráfico quede restablecido, en sentido Madrid, a partir do próximo día 30. Así o anuncian os responsables do goberno. | Aprobados no Parlamento os presupostos da Xunta para 2024, que serán os últimos da lexislatura. Os populares destacan que destina un 75 por cento a gasto social, mentres a oposición considera que están feitos en clave electoral. | José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo que cometese delito contra a seguridade vial. | O outono que remata foi o máis cálido e o máis húmido dende que hai rexistros, con precipitacións que chegaron a duplicar o habitual. Así consta no balance presentado pola AEMET. 19-12-2023
A retirada transitoria das altas presións permite hoxe a chegada dunha fronte á última hora do día. Durante a xornada temos ceos con nubes baixas e néboas matinais no interior. Co avance da tarde, as nubes van en aumento. Pola noite, a fronte traerá choivas polo noroeste que se irán xeneralizando durante a madrugada. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas en descenso. 19-12-2023
A circulación na A-6 quedará restablecida a partir do día 30 de decembro, en sentido Madrid, unha vez rematada a reconstrución dos viadutos do Castro, entre Pedrafita e a localidade leonesa de Vega de Valcarce. | O senador do PP José Manuel Baltar nega que cometese delito contra a seguridade vial cando foi sorprendido circulando a 215 por hora nun coche oficial. | Un de cada catro universitarios abandona os estudos no primeiro ano e un de cada dez cambia de carreira. Son cifras que obedecen en parte ás dificultades á hora de elixir estudos. Para orientar ao alumnado, celébrase en Vigo a feira UNITOUR. 19-12-2023
Seguimos con tempo seco e solleiro, con algunhas brétemas e nubes baixas ao final do día. Néboas que no interior foron máis persistentes durante unha mañá na que se repetiron as xeadas especialment intensas no sur de Ourense. As temperaturas máximas tamén descenden hoxe, con valores que apenas superarán os dez graos. 18-12-2023
Xornada de triunfos para o futbol galego. O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha esperada vitoria, ante o Granada. | A vacinación dos menores de cinco anos contra a gripe avanza, logo de que os hospitais abriran esta fin de semana para facilitar a conciliación dos país. | Que ningún neno quede sen xoguetes este nadal. É o boxectivo da campaña En Volve, dirixida a familias en risco de exclusión, en Pontevedra. | Íñigo Quintero, o mozo de Pontedeume que acadou sona mundial cunha primeira canción grazas ás reproduccións masivas nas redes, inicia unha carreira como músico profesional, e lanza un novo tema, "Lo que queda de mi".18-12-2023
O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha vitoria. | Máis da metade dos menores galegos de cinco anos seguen sen vacinarse contra a gripe, a dúas semanas para que remate a campaña. | A Policía Nacional desartella en Santiago unha organización criminal que explotaba a estranxeiros. | Que ningún neno quede sen xoguetes este nadal. É o obxectivo da campaña En Volve, dirixida a familias en risco de exclusión, en Pontevedra. | Íñigo Quintero, o mozo de Pontedeume que acadou sona mundial cunha primeira canción grazas ás reproduccións masivas nas redes, inicia unha carreira como profesional. 18-12-2023
Xornada de triunfos para o futbol galego. O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha vitoria, ante o Granada. | A Policía Nacional desartella en Santiago unha organización criminal que explotaba a estranxeiros. Hai catro detidos. | O megaiate Tumberry, un dos máis luxosos de España, con 49 metros de eslora e un valor de mercado superior aos seis millóns de euros, queda encaiado en Sanxenxo. Sofríu unha vía de auga na sala de máquinas que provocou que comenzara a afundir. 18-12-2023
Galicia, gran triunfadora nos Premios Nacionais de Artesanía que entrega o Ministerio de Industria, ao lograr tres das cinco categorías. O premio de máis prestixio foi para o cesteiro pontevedrés Álvaro Leiro. | Os bombeiros comarcais deixan constar na praza do Obradoiro a sua protesta. Din que permanecerán alí, día e noite, facendo quendas. | A campaña de Nadal suporá a creación duns 18.000 postos de traballo temporais en Galicia, unha cantidade inferior á do ano pasado. | Cando falta unha semana para a o Sorteo da Lotaría de Nadal, achegámonos á Fonsagrada. A localidade na que tocaron 180 millóns de euros no premio gordo do ano pasado. Varios dos agraciados aseguran que a choiva de cartos non cambiou apenas a sua vida. 15-12-23
Un potente anticiclón manterá os ceos despexados durante toda a fin de semana. As temperaturas mínimas irán descendendo co que se agardan xeadas en zonas do interior onde podemos ter bancos de néboa polas mañás. De momento, hoxe as temperatura subiran algo. As máximas oscilan entre 13 graos en Lugo aos 17 da Coruña e Pontevedra. 15-12-23