Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés | A incidencia da gripe e a covid duplicouse na última semana en Galicia | O ano novo trae subas na luz, o gas..., e tamén se encarecen, por exemplo, os alugueres ou as peaxes da autoestradas de titularidade estatal | Case a metade os turismos novos que se venden xa son híbridos, híbridos enchufables ou eléctricos 02-01-23

Estreamos 2024 co primeiro temporal do ano. Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés | A incidencia da gripe e a covid duplicouse na última semana en Galicia. O 80 por cento das consultas nos centros de saúde xa son por estas doenzas 02-01-23

A inflación modérase en decembro. O IPC baixa unha décima e queda no 3,1 por cento, sobre todo porque o prezo dos alimentos estabilizase este ano | Esa moderación da inflación non se nota tanto nestes días de Nadal, con prezos disparados. Pese a todo, as prazas de abastos están cheas de xente coas últimas compras para Noitevella | Sanidade recomenda usar a máscara en todos os centros sanitarios ante a repunta da gripe. A medida xa está en vigor e manterase durante os próximos 15 días | En Allariz a decoración de Nadal tamén funciona como reclamo turístico, pero é diferente. As luces e as grandes atraccións non son prioritarias 29-12-23

Hoxe temos un tempo moi tranquilo. Ceo parcialmente nubrado e chuvia moi escasa, temperatura suave para a época do ano e sen apenas vento. Mañá seguiremos igual, pero o domingo entrará unha borrasca que deixará chuvia pola mañá. Pola tarde e noite, para fin de ano, agárdase tempo seco e frío. 29-12-23

A inflación modérase en decembro. O IPC baixa unha décima e queda no 3,1 por cento | As prazas de abastos están cheas de xente coas últimas compras para Noitevella | Sanidade recomenda usar a máscara en todos os centros sanitarios ante a repunta da gripe | En Allariz a decoración de Nadal tamén funciona como reclamo turístico, pero as luces e as grandes atraccións non son prioritarias 29-12-23

O IPC baixa en decembro unha décima e queda no 3,1 por cento | As prazas de abastos están cheas de xente coas compras para Noitevella | Sanidade recomenda usar a máscara nos centros sanitarios ante a repunta da gripe | En Allariz a decoración de Nadal tamén funciona como reclamo turístico, pero as luces e as grandes atraccións non son prioritarias 29-12-23

O aumento dos contaxios de gripe dispara a actividade nas farmacias. O máis vendido son os analxésicos para os síntomas e as probas de autodiagnóstico | O Goberno galego decide, na última reunión do ano, dedicar 50 millóns a vivendas para alugueiro social. O Consello da Xunta acordou construír ou rehabilitar con este fin 230 vivendas en sete concellos | Detido un mozo da Coruña de 21 anos polo acoitelamento mortal doutro mozo nunha pelexa | Unha libraría itinerante. A xornalista e editora Nieves Loperena leva sete anos vendendo e alugando libros nunha furgoneta 28-12-23

A fronte que deixou chuvias intensas nas últimas horas comezará a abandonar progresivamente Galicia. As precipitacións tenden a remitir esta tarde, comezando polo noroeste. Tamén o vento que soprou con forza especialmente no litoral vai amainando. Soben lixeiramente as temperaturas mínimas e as máximas mantéñense sen cambios. 28-12-23

O aumento dos contaxios de gripe dispara a actividade nas farmacias | O Goberno galego decide, na última reunión do ano, dedicar 50 millóns a vivendas para alugueiro social | Detido un mozo da Coruña de 21 anos polo acoitelamento mortal doutro mozo | A xornalista e editora Nieves Loperena leva sete anos vendendo e alugando libros nunha furgoneta 28-12-23

O aumento dos contaxios de gripe dispara a actividade nas farmacias. O máis vendido son os analxésicos e as probas de autodiagnóstico | O Goberno galego decide, na última reunión do ano, dedicar 50 millóns a vivendas para alugueiro social. O Consello da Xunta acordou construír ou rehabilitar con este fin 230 vivendas | Detido un mozo da Coruña de 21 anos polo acoitelamento mortal de Noiteboa | A xornalista e editora Nieves Loperena leva sete anos vendendo e alugando libros nunha furgoneta 28-12-23

Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria, que insiste na utilización da máscara en caso de presentar síntomas | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise que estaban vixentes, malia que subirá o IVE da luz, do 5 ao 10 por cento. Continuarán as bonificacións do transporte e a gratuidade dos trens para os usuarios frecuentes | Ver se os xoguetes cumpren as normas de seguridade. Niso traballan os profesionais do laboratorio do Instituto Galego de Consumo | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Trátase dun neoloxismo coloquial que tira do humor para referirse para referirse aos ciberdelincuentes 27-12-23

Volven as chuvias e as borrascas con nome. Gerrit, é a que nos vai afectar nas próximas horas. De momento, o que si se está a notar é o vento, que xa soprou con forza durante a mañá sobre todo no litoral, con refachos que superaron os 120 quilómetros por hora en Viveiro. Esta tarde actívanse alertas por chuvias intensas que poden descargar máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas. 27-12-23

Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise que estaban vixentes | Visitamos o laboratorio do Instituto Galego de Consumo | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié 27-12-23

Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise vixentes. Continuarán as bonificacións do transporte e a gratuidade dos trens para os usuarios frecuentes | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié 27-12-23

Publicado no DOG o decreto coa disolución do Parlamento galego e a convocatoria electoral das autonómicas para o próximo 18 de febreiro| Na Coruña investigan dúas mortes violentas ocorridas nos últimos días. Un policía matou dun tiro un home que o atacaba cunha barra de ferro, e un mozo de 22 anos faleceu tras recibir unha coitelada no corazón | Cantaron o número, pero non estaba premiado. Un salón de peiteado de Combarro, en Pontevedra, vendéranllo aos clientes. Pensaron que lles tocara a pedrea, pero o número non aparece la lista oficial dos premios | Varios concellos do interior da provincia de Pontevedra están a aumentar a súa poboación con persoas que abandonan a cidade para vivir e traballar desde pequenas aldeas 26-12-23

Volven as nubes, pero, de momento, sen chuvia. Hoxe pode caer algún orballo polo oeste onde tamén os ceos están máis cubertos. No interior, os ceos están máis despexados. As temperaturas con poucos cambios. Subiron as nocturnas e durante o día, as máximas oscilan entre os 11 graos de Ourense e os 16 que acadan os termómetros na Mariña ou Pontevedra. 26-12-23

Publicado no DOG o decreto coa disolución do Parlamento galego e a convocatoria electoral das autonómicas para o 18 de febreiro| Na Coruña investigan dúas mortes violentas ocorridas nos últimos días | Cantaron o número, pero non estaba premiado, nun salón de peiteado de Combarro, en Pontevedra | Concellos do interior de Pontevedra están a aumentar a súa poboación con persoas que abandonan a cidade para vivir e traballar desde pequenas aldeas 26-12-23

Publicado no DOG o decreto coa disolución do Parlamento galego e a convocatoria electoral do 18 de febreiro| Na Coruña investigan dúas mortes violentas ocorridas nos últimos días. Un policía matou dun tiro un home que o atacaba cunha barra de ferro, e un mozo de 22 anos faleceu tras recibir unha coitelada no corazón 26-12-23

Todo o litoral norte está en alerta amarela por ondas que poden chegar aos cinco metros. En terra, situación moito máis tranquila porque comezamos unha fin de semana de tempo anticiclónico. Durante a mañá tivemos bancos de néboa que co paso das horas foron dando paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mantéñense en valores semellantes aos destes días. 22-12-2023

Galicia levou máis de 230 millóns de euros no sorteo da Lotaría de Nadal, con máis de cincuenta localidades premiadas | O día despois de coñecerse a data, colle forza a maquinaria electoral dos partidos cara as autonómicas de febreiro | Galicia estende a campaña de vacinación da gripe e da Covid ata o 12 de xaneiro. Ante o aumento das reunións do Nadal e o inminente pico da gripe, o Sergas anima á poboación diana | Compras adiantadas para a cea de Noiteboa, ao coincidir nesta ocasión a festa en domingo. O máis demandado segue sendo os clásicos: año, ollomol, bacallau ou marisco. 22-12-2023