Suben as temperaturas nun día con chuvias sobre todo na provincia da Coruña onde poden chegar a acumularse ata 80 litros por metro cadrado. As provincias atlánticas e todo o litoral está en alerta por fenómenos costeiros, chuvia e ventos. 13-11-2023
As protestas contra os pactos para a investidura de Pedro Sánchez cos independentistas, que inclúen a lei de amnistía, protagonizan o debate politico, tamén en Galicia, onte con varias manifestacions nas que participaron ata 30.000 persoas, segundo os convocantes, e 13.000 segundo a delegación do goberno. | bombeiros forestais reclaman á xunta a regulación das súas condicións laborais. Piden a profesionalización do servizo e que aumente o tempo de traballo dos fixos discontinuos. | O papel das librarías como espazos fundamentais para o fomento da lectura. En Galicia son unas 700 as tendas de libros que manteñen unha actividade esencial para a cultura. 13-11-2023
As protestas contra os pactos para a investidura de Pedro Sánchez cos independentistas, que inclúen a lei de amnistía, protagonizan o debate político tamén en Galicia. | Bombeiros forestais reclaman á xunta a regulación das súas condicións laborais | Un andaluz de 79 anos é o peregrino 438.308, é dicir, o número que marca un novo récord de chegadas a Santiago. | | En Galicia son unas 700 as tendas de libros que manteñen unha actividade esencial para a cultura. 13-11-2023
Milleiros de galegos nas manifestacións do Partido Popular contra a amnistía. 30.000 segundo os convocantes, mentras que a Delegación do Goberno rebaixa a cifra a 13.000. | Concentración de bombeiros forestais en Santiago para reclamarlle á xunta a regulación das súas condicións laborais. | O Celta volve perder nos últimos minutos, despois de adiantarse no marcador fronte o Atlétic de Bilbao. En cambio, na segunda división, o Racing de Ferrol, mesmo fai soñar en subir de categoría. 13-11-2023
Os ventos do suroeste deixan hoxe unha xornada de tempo cálido e húmido, e traen unha fronte que cruzará Galicia. Ceos cubertos con chuvias intermitentes que a partir do mediodía son máis persistentes. As temperaturas en lixeiro ascenso. Os ventos, fortes no litoral atlántico. 10-11-23
Capturados tres xabarís que se coaron esta mañá na Escola da Imaxe e o Son da Coruña. | A chegada de peregrinos a Santiago está a piques de marcar un novo récord. A cifra total de 438.000 rexistrados durante o pasado o ano Xacobeo de 2022 será superada esta fin de semana. | A enfermidade hemorráxica epizoótica continúa estendéndose por Galicia con 18 focos confirmados. O último nunha granxa de Xermade, que perdeu xa 25 vacas | As rúas de Santiago volven encherse de debuxantes na sexta edición de Compostela ilustrada, con máis de cen artistas participantes. 10-11-23
A chegada de peregrinos a Santiago está a piques de marcar un novo récord. | O buque de formación pesqueira Intermares, unha auténtica universidade flotante, atraca ata hoxe no porto coruñés da Pobra do Caramiñal. | Capturados tres xabarís que se coaron esta mañá na escola da imaxe e son da Coruña. | Están xa en Sanxenxo os 54 migrantes que chegaron , dentro do plan para aliviar a presión nos centros de acollida de Canarias. | As rúas de Santiago volven encherse de debuxantes na sexta edición de Compostela ilustrada, con máis de cen artistas participantes. 10-11-23
Capturados , esta mañá, tres xabarís que levaban varios meses circulando pola cidade da Coruña Unha femia e duas crías, dentro do recinto da Escola de Imaxe e Son. | O buque de cooperación e formación pesqueira Intermares, unha auténtica universidade flotante, atraca ata hoxe no porto coruñés da Pobra do Caramiñal. Alumnos de formación profesional adquiren a bordo coñecementos teóricos e prácticos sobre a pesca e a súa transformación. | A menos de dous meses para que remate o ano, faltan horas para que o número de peregrinos supere o dato de todo o 2022. 10-11-23
O acordo entre o PSOE e Junts, para o presidente da Xunta, rompe a igualdade entre as comunidades. Os nacionalistas veno como unha solución ao conflito de Cataluña e os socialistas destacan que permite un novo goberno de progreso. | Comeza a montaxe da árbore de nadal xigante na Porta do Sol de Vigo, cunha estrela de 19 metros de altura, conseguirá elévalo a 44 metros. | Protesta diante do Tribunal Superior de Xustiza, na Coruña dos traballadores da mina de Penouta, de Viana do Bolo. | O director asturiano Aarón Zapico, un dos renovadores da música clásica en España, ponse a fronte da Real Filharmonía, esta noite nun concerto único con pezas representativas do barroco 09-11-23
Día de nubes e claros con algunhas chuvias illadas que serán menos probables no interior. As temperaturas baixan. No mar, ondas superiores aos 5 metros e a partir das nove da noite alerta laranxa en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 7 metros. 09-11-23
Reaccións en Galicia ao acordo entre o PSOE e Junts para dar vía libre á investidura de Pedro Sánchez.| Atopan o cadaver dunha muller, nun piso en Santiago, que os veciños denunciaran reiteradamente por estar relacionado co consumo de drogas. | Comeza a montaxe da árbore de nadal xigante na Porta do Sol de Vigo, cunha estrela de 19 metros de altura, | Protesta diante do Tribunal Superior de Xustiza dos traballadores da mina de Penouta. | O director asturiano Aarón Zapico, un dos renovadores da música clásica en España, ponse a fronte da Real Filharmonía, 09-11-23
Reaccións en Galicia ao acordo entre o PSOE e Junts para dar vía libre á investidura de Pedro Sánchez. Para o presidente da Xunta e un ataque á igualdade. | Os traballadores da mina da Penouta levan a súa protesta ante o Tribunal superior de xustiza. Reclaman que retire a orde de peche cautelar das únicas instalación europeas nas que se extrae coltán. | Axentes da Policía Nacional atoparon o cadaver dunha muller, nun piso da rúa Berlín, no barrio de Fontiñas en Santiago, que os veciños denunciaran reiteradamente por estar relacionado co consumo de drogas. 09-11-23
Mariscadoras da ría de Noia traballan contra reloxo para intentar salvar toneladas de cría de berberecho que agonizan nos areais. | Socialistas e populares trasladan ao parlamento galego as disputas pola negociación da investidura| Apareceu o cadáver dun home no desaloxo de dous edificios no centro. Os propietarios tiñan os pisos alugados por cuartos a máis de corenta persoas. | A meteoroloxía deste outono está a condicionar tamén a colleita de cogomelos. A combinación de calor extrema ao comezo e moita choiva nas últimas semanas fai que as variedades máis habituais por estas datas teñen escasa presenza. mentres agroman outras especies. 08-11-23
Volven as alertas por chuvias á fachada atlántica. Aviso amarelo porque poden caer ata 50 litros por metro cadrado en doce horas. A responsable, unha fronte que atravesa a comunidade provocando temporal no mar e vento. As temperaturas suben e as máximas quedan en xeral por riba dos 15 graos. 08-11-23
Atopado o cadáver dun home nun edificio do centro de Vigo desalolado por risco de incendio. | Socialistas e populares trasladan ao parlamento galego as disputas pola negociación da investidura. | Mariscadoras da ría de Noia traballan contra reloxo para intentar salvar toneladas de cría de berberecho que agonizan nos areais. | A meteoroloxía deste outono está a condicionar tamén a colleita de cogomelos. 08-11-23
Atopado o cadáver dun home nun dos edificios do centro de Vigo nos que se detectaran graves deficiencias na instalación eléctrica que obrigaban ao seu desaloxo.| Os traballadores da sanidade privada da provincia da Coruña volveron saír a rúa nunha nova mobilización pola mellora das suas condicións laborais.| Os vendavais das últimas semanas causan a mortandade de toneladas de marisco nas rias de Noia e Arousa, e deixan as praias estradas de berberecho e ameixa do que a metade está vivo.08-11-23
Os encoros galegos abren comportas. As intensas choivas destes últimos días fixeron que presas como a de Eiras ou a do Pontillón do Castro chegaran ao cen por cen da súa capacidade | Xoves 23 de novembro. É o día máis probable para o acendido das luces de Nadal de Vigo. Alí comezou esta mañá a instalación das luces en máis de catrocentas rúas | O Arousa estará na seguinte rolda da Copa do Rei. Competición descualificou ao Granada por aliñación indebida | Esculturas, pinturas, deseños en aceiro, pezas en madeira ou fotografías. É parte do que podemos ver desde hoxe na maior exposición retrospectiva dedicada á obra de Luis Caruncho, na sede de Afundación na Coruña. 07-11-23
Sen alertas por primeira vez en moitos días. As chuvias e chuvascos da mañá remiten á tarde. Soben as temperaturas, tanto as mínimas coma as máximas que chegarán aos 15 graos en moitos puntos, agás en Lugo onde quedarán nos 11. Un pequeno respiro, porque esta noite achégase unha nova fronte que deixará chuvias intensas na xornada do mércores. 07-11-23
Os encoros galegos abren comportas | Xoves 23 de novembro. É o día máis probable para o acendido das luces de Nadal de Vigo | O Arousa estará na seguinte rolda da Copa do Rei. Competición descualificou ao Granada por aliñación indebida | A maior exposición retrospectiva dedicada á obra de Luis Caruncho abre hoxe na sede de Afundación na Coruña. 07-11-23
Os encoros galegos abren comportas. As intensas choivas destes últimos días fixeron que presas como a de Eiras ou a do Pontillón do Castro chegaran ao cen por cen da súa capacidade | O Arousa pasa á seguinte rolda da Copa do Rei. A Federación dálle a razón e confirma a aliñación indebida do Granada | Xoves 23 de novembro. É o día máis probable para o acendido das luces de Nadal de Vigo. Alí comezou esta mañá a instalación das luces en máis de catrocentas rúas. 07-11-23