Figuras do cómic nacional e internacional invaden xa as rúas da Coruña, onde esta tarde se inaugura unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, a feira da banda deseñada, con nova dirección trala marcha de Miguelanxo Prado | O sector hoteleiro de Santiago advirte que a ocupación de xullo e agosto está a ser inferior á de anos anteriores. Pese a que as rúas do casco vello ateigadas de xente, os hoteis aseguran que as reservas apenas superan o 70 por cento da capacidade | Adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra anuncian que non recollerán uva este ano, ante o excedente de producción vinícola acumulado. O Sindicato Labrego reclama axudas para os produtores afectados e pide á Xunta que non se promovan novas prantación na zona. Agardan que o Ministerio de Agricultura aprobe o expediente de destilación de crise para dar saía ao excedente de producción | Catro medallistas e dez diplomas olímpicos. E o balance dos 26 deportistas galegos que participaron nos Xogos de París, entre eles figuras destacadascomo Ana Peleteiro ou Teresa Portela. A maioría Volven aos adestramentos, coa ollada posta Nos Anxeles 2028
A semana empeza coa chegada dunha fronte pouco activa, que trae consigo un aumento de nubes e algunha precipitación de carácter feble e ocasional, máis probables no extremo norte e noroeste. Brétemas costeiras no litoral atlántico ao final do día. As temperaturas sofren un descenso notable, con máximas de 24 graos na Coruña, 25 en Vigo ou 34 en Ourense
Mortadelo e Filemón, Superlópez, Carpanta ou Os Simpson. Figuras do cómic nacional e internacional que invaden xa as rúas da Coruña, onde esta tarde se inaugura unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico | Preocupación entre o sector hoteleiro de Santiago pola ocupación de xullo e agosto, que consideran por debaixo das expectativas, pese a que as rúas do casco vello estás ateigadas de visitantes que, en motos casos, non pernoctan na cidade | A Festa do Polbo do Carballiño volve ao parque Municipal, cunha cifra de asistentes que dende o concello din ser incapaces de calcular
O sector hoteleiro de Santiago di que a ocupación de xullo e agosto está a ser inferior á de anos anteriores, Pese a que as rúas do casco vello están ateigadas de visitantes que, en moitos casos, non pernoctan na cidade |A Coruña inaugura unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico a feira da banda deseñada | Confirmada unha repunta na presenza de mosquito tigre este mes de agosto. Moaña é o Concello onde máis exemplares se capturaron nas trampas que colocou a Universidade de Vigo | A Festa do Polbo do Carballiño volve ao parque Municipal, cunha cifra de asistentes que dende o concello din ser incapaces de calcular
Final da modalidade de piraguismo C2, con Antía Jácome xunto coa asturiana María Corbera, que Quedan sextas na serie. A palista de Pontevedra terá maña outra oportunidade de subir ao poio, esta vez na embarcación individual | Os traballadores da recollida de lixo da Coruña desconvocan a folga. A situación das rúas é case de normalidade gracias a que o estado de emerxencia -aínda en vigor-, permitira contratar outra empresa para retirar o lixo. Queda repoñer algúns dos case 200 contedores queimados e, sobre todo, limpar a suciedade polas verteduras dos refugallos | En Vigo, comeza a rodar o maior festival de deportes urbanos do sur de Europa: O Marisquiño. Máis de 1.000 deportistas participarán nalgunha das 7 modalidades deportivas. E ademais, batallas de galos, arte urbana e moita música
O piragüismo galego conquista un bronce en París. Foi en K4 500 masculino, co betanceiro Carlos Arévalo e o de Cangas, Rodrigo Germade, a bordo. Na final da categoría feminina, a embarcación que lidera Teresa Portela quedou sexta | A enfermidade hemorraxica epizóotica afecta xa a 400 vacas en Ourense. A transmisión da enfermidade é a través da picadura dos mosquitos pero non afecata ao humanos | | As atraccións móvense estes días dunha festa a outra. Tras a morte ocorrida na de Matamá, en Vigo, intensifícanse as inspeccións deste tipo de instalacións. Así o comprobados en Pontevedra, onde as festas da Peregrina están a piques de comezar
O piragüismo galego estrease nos Xogos Olímpicos de París con billete directo á final de Teresa Portela e o equipo que a acompaña, en K4 500. No resto das competicións, case todo foron pase a semifinais | A atracción de feira na que faleceu Iván Castaño en Matamá non tiña autorización para funcionar. Segundo o Concello de Vigo, o permiso foi denegado dous días antes do accidente mortal porque o dono non presentou toda a documentación, e así se lle comunicou á Comisión de Festas | Botan a perder máis de 8.000 quilos de uva albariña nunha viña da Denominación de Orixe das Rías Baixas, no municipio pontevedrés de Barro. Os danos superan os 100.000 euros | Técnicos da Garda Civil desativan unha granada de morteiro e nove cohetes antigranizo, da Guerra civil, atopados por un veciño de Noia ao facer limpeza do trasteiro da sua vivenda
Repulsa polo asasinato dunha muller de 74 anos, no barrio de Labañou da Coruña. O seu marido, de 76, foi detido e enviado a prisión como presunto autor. O ministerio de Igualdade confirmouno como un caso de violencia de xénero, e que eleva a 28 o número de vítimas falecidas no que vai de ano en España | En Vigo, o xulgado ordena novas dilixencias para averiguar por qué se soltou o brazo da atracción de feira coñecida como o saltamontes, en Matamá, que provocou a morte dun home de 36 anos. A atracción contaba cos informes de inspección regulamentarios | A Xunta anuncia un plan para loitar contra o absentismo laboral, que representa un 7,8% do total de traballadores, e en Educación e Sanidades ubre ao 10% | Rueda cuantifica en 444 millóns de euros o que Galicia deixaría de percebir cada ano se entra en vigor o concertó de financiación singular pactado con ERC para Cataluña
Declarada a emerxencia sanitaria total na Coruña, logo dunha nova madrugada de Incendios vandálicos relacionados co conflito da recollida de Lixo. Varios vehículos e edificios resultan afectados e Tres persoas necesitaron asistencia hospitalaria por inhalación de fume | Salvamento Marítimo investiga a aparición de pequenas bolas de chapapote en varios areais, sobre todo da Mariña lucense. Parecen hidrocarburos moi degradados e polo de agora non hai ningunha sospeita sobre a súa orixe. Organizacións ecoloxistas piden colaboración cidadá para facer un seguimento da situación | O paro subiu en Galicia en 107 persoas no mes de xuño. A suba é achacable ao sector servizos, e a cifra total queda en 118.000 persoas sen emprego |
Medalla segura para Enmanuel Reyes en Boxeo olímpico. Os seus compañeiros de ximnaxio en Arteixo, celebran a sua vitoria, por decisión unánime dos xuíces, no combate de cuartos de final | O Consello de Contas estima en 166 millóns de euros o sobrecusto que supuxo a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, debido ao modelo de contratación escollido pola Xunta | Segunda xornada da Festa do Albariño con gran afluencia de visitantes, animados a visitar Cambados e a degustar os viños nas catas e nas 42 casetas |
Trinta patrullas militares, equipadas con dispositivos de GPS e vehículos aéreos non tripulados, están xa listas para despregarse nos montes galegos dentro da Operación Centinela deste verán. O obxectivo, colaborar na disuasión e loita contra os incendios forestais| O parlamento aproba o límite de gasto non financeiro da Xunta para o ano que vén, que ascende a case catorce mil millóns de euros, un 2,5 % máis que o ano pasado, o máis alto da historia | Xa están no Monte do Gozo o centenar de refuxiados procedentes de Canarias, que na súa maioría foxen da guerra de Mali. Hoxe farano outros 104 refuxiados a Santiago e 69 a Becerreá, en Lugo | Arranca unha das festas do viño máis importantes de Galicia. Cambados celebra ata o domingo a súa Festa do Albariño. Cinco días cheos de actividades, sempre co viño como protagonista
30 de xullo e arranca oficialmente a colocación das luces de Nadal de Vigo. O alcalde Abel Caballero acudía persoalmente a supervisar os traballos dunha instalación convertida xa en emblemática da cidade | Mellora o poder adquisitivo cunha nova moderación na suba dos prezos, segundo os datos adiantados do IPC. De confirmarse cos datos definitivos, en xullo ese encarecemento sería do 2,8 %, seis décimas menos que no mes anterior | O Presidente da Xunta carga contra o pacto entre o PSOE e Esquerda Republicana para transferir a Cataluña a xestión dos impostos e darlle un réxime especial de finanaciamento | Hoxe comezan a chegar a Santiago os primeiros migrantes malianos procedentes de Canarias. Son en total 104, dos 470 que ten previsto acoller Galicia debido á crise migratoria que sofre o arquipélago
Os superviventes do naufraxio do Argos Georgia xa están en Galicia. Un deles, o primeiro oficial, permanece no hospital de Santiago con feridas leves. Os demáis xa puideron pasar a noite nas súas casas. Nas augas austrais segue a busca dos desaparecidos | O teito de gasto da Xunta para 2025 ascenderá a 13.954 millóns de euros. Así o establece o proxecto presentado hoxe polo consello, que supera en 344 millóns a cifra deste ano | Abanca obtivo un beneficio de 412 millóns de euros no primeiro semestre do ano, o que supón case un 50 por cento máis que no mesmo período de 2023 |
Once anos despois do accidente do tren Alvia, que descarrilou na curva de Angrois, os tribunais condenan a dous anos e medio de cárcere ao maquinista e ao exdirector de seguridade de ADIF | As familias dos mariñeiros do Argos Georgia agardan que a repatriación se poida facer canto antes | A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre reflicte bos datos para o emprego en Galicia. O número de parados baixou en 11.800 persoas neste período | Hoxe comeza o Morriña Fest, o festival do porto de Coruña. Agárdase que se xunten unhas 20.000 persoas cada día
Hoxe aumentan as nubes, baixan as temperaturas e mesmo podería orballar nalgúns puntos de Galicia. Entran os restos dunha fronte, anubrando os ceos sobre todo no norte da comunidade, os ventos sopran frouxos, e os termómetros caen bastante respecto destes días pasados. As máximas oscilan entre os 23 graos da Coruña e os 33 que se prevén en Ourense.
Once anos despois do accidente do tren Alvia, que descarrilou na curva de Angrois, os tribunais condenan a dous anos e medio de cárcere ao maquinista e ao exdirector de seguridade de ADIF por imprudencia grave | As familias dos mariñeiros do Argos Georgia agardan que a repatriación se poida facer canto antes. Esta mañá partiu cara as Malvinas un avión de Defensa para traelos de volta | A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre reflicte bos datos para o emprego en Galicia. O número de parados baixou en 11.800 persoas neste período, un descenso de case o nove por cento que deixa a cifra de desempregados en menos de 120.000 | Hoxe comeza o Morriña Fest, o festival do porto de Coruña. Agárdase que se xunten unhas 20.000 persoas cada día
Once anos despois do accidente do tren Alvia, que descarrilou na curva de Angrois, os tribunais condenan a dous anos e medio de cárcere ao maquinista e ao exdirector de seguridade de ADIF por imprudencia grave | As familias dos mariñeiros do Argos Georgia agardan que a repatriación se poida facer canto antes | A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre reflicte bos datos para o emprego en Galicia. O número de parados baixou en 11.800 persoas neste período | Hoxe comeza o Morriña Fest, o festival do porto de Coruña
Influencia anticiclónica e ventos de compoñente norte. As nubes, que cubriron os ceos a primeiras horas, fóronse disipando e pola tarde predominará o sol, con nubes de evolución na provincia de Ourense. As temperaturas baixan e mantense o contraste entre o norte e o sur, entre os 22 graos da Coruña e os 32 de Vigo. En Ourense chegarán aos 36. O descenso térmico será aínda máis acusado mañá, pola chegada dunha fronte atlántica moi debilitada, que tamén deixará nubes e precipitacións febles no norte.
25 de Xullo, día de Galicia e día de Santiago. Na catedral, na ofrenda nacional ao Apóstolo, o arcebispo e o delegado rexio, que nesta ocasión foi o presidente do Parlamento galego, lembraron as vítimas do naufraxio nas Malvinas | Milleiros de persoas participaron na manifestación do día da patria. A portavoz do BNG, Ana Pontón, asegura que o nacionalismo galego vive o seu mellor momento. Os socialistas galegos reivindican unha Galicia aberta e solidaria | A busca dos desaparecidos no naufraxio das Malvinas segue suspendida polo mal tempo. O Goberno enviará mañá un avión militar ás illas para recoller os superviventes e os corpos recuperados do mar | Santiago, cheo, polas festas do Apóstolo e porque moitos peregrinos programan para estes días a súa chegada á cidade. Colas de ata catro horas para entrar na Catedral e hoteis practicamente completos