Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba
Satisfacción entre os sindicatos polo seguemento da folga xeral vivida onte en Ferrolterra, Eume e Ortegal
Pecharon as súas portas polígonos industriais e pequenas e grandes empresas.
A manifestación polas rúas de Ferrol foi multitudinaria.
Participaron unhas 10.000 persoas.
Foi unha xornada da protesta contra o goberno central e contra a Xunta polo desmantelamento industrial das tres comarcas

Bos días. Nun xoves no que cambia o tempo. Volven as chuvias... a cambio as temperaturas que temos arestora son moito máis altas...

Unha xornada na que Sanidade pon aproba un novo sistema de vacinación masiva. Xa non se limitará ós espazos habituais. Hoxe xa se vai facer unha proba piloto na cidade da Cultura.
E xa saben a próxima media noite entra en vigor os últimos cambios aprobados polo comité clínico, con seis concellos no máximo nivel de restriccións.
Hoxe destacamos tamén a boa sintonía entre a Xunta e o ministerio de transportes e as novas sobre ENCE: o Goberno confirma que ten 12 anos para buscar unha nova ubicación.

Xornada de folga xeral nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, Contra a desertización industrial. A convocatoria conxunta das centrais sindicais conta co apoio de entidades cidadás e de tódolos grupos políticos.

. // As restricións na Hostalaría poderían aliviarse de contado ata recuperar a situación previa ao mes de xaneiro. O Comité Clínico mantén o nivel máximo de restriccións en catro concellos: // Acordo de tódolos grupos no Parlamento, a favor de recorrer a sentencia do Pazo de Meirás, para evitar que os herdeiros de Franco reciban unha indemnización. Unha decisión que xa confirmaron os servizos xurídicos da Xunta e do Goberno Central. // A Audiencia provincial de Lugo acaba de anunciar a condena de Cinco anos de cárcere para o ex presidente da Confederación hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Liñares. 10-03-2021

Contra a desertización industrial. É o berro das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que viven hoxe unha xornada de folga xeral, ante a sucesión de golpes que non deixa de recibir a economía da zona. //Hoxe Comenza a citación, mediante un sistema de chamadas pregrabadas, das persoas entre 50 e 55 anos para recibir a primeira dose da vacina. Mañá haberá unha proba piloto en Santiago, e o sábado extenderase ás principais cidades e vilas. //Segue a reducirse o número de casos activos, anque repuntan os novos positivos detectados, 168 nas últimas horas. Nos hospitais mantéñense 77 pacientes nas UCI e comucáronse cinco falecementos máis. // O grupo Inditex declara un beneficio de 1.100 millóns de euros durante o ano 2020, o que supón un 70 por cento menos que no exercicio anterior. As vendas caeron un 28 por cento nas tendas debido ás restricións. 10-03-2021

Perde influencia o anticiclón, xa con réxime de ventos do suroeste. Ceos parcialmente cubertos. Na provincia de A Coruña poderían rexistrarse chuvias febles. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. 10-03-2021

Contra a desertización industrial. É o berro das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que viven hoxe unha xornada de folga xeral, ante a sucesión de golpes que non deixa de recibir a economía da zona. //Hoxe Comenza a citación, mediante un sistema de chamadas pregrabadas, das persoas entre 50 e 55 anos para recibir a primeira dose da vacina. Mañá haberá unha proba piloto en Santiago, e o sábado extenderase ás principais cidades e vilas. //Segue a reducirse o número de casos activos, anque repuntan os novos positivos detectados, 168 nas últimas horas. Nos hospitais mantéñense 77 pacientes nas UCI e comucáronse cinco falecementos máis. // O grupo Inditex declara un beneficio de 1.100 millóns de euros durante o ano 2020, o que supón un 70 por cento menos que no exercicio anterior. As vendas caeron un 28 por cento nas tendas debido ás restricións. 10-03-2021

As comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal dixeron basta. Paro xeralizado nos polígonos, grandes empresas e grandes superficies comerciais, e tamén en moito do pequeno negocio, e mobilización masiva.

Na Coruña preoupaciónm pola paralización da producción de Aluibérica, tralos rexistros realizados pola Audiencia nacional. En Vigo, stellantis para todalas suas quendas de noite por falta de suministros.

A Cidade da Cultura acollerá mañá unha proba piloto dunha nova forma de vacinación masiva. O sábado xa se realizará a vacinación en tódas-las áreas sanitarias de 19 mil galegos.

Inditex gañou un 70 por cento menos no último ano fiscal polo impacto do coronavirus. A pesar do peche de tendas e limitacións de aforo, obtivo un beneficio de algo máis de 1.100 millóns de euros.

O tempo... imos perdendo a influencia do anticiclón. Ó longo do día vai ir aumentando a nubosidade e xa se vai producir algunha chuvia feble

Folga xeral en Ferrolterra, Eume e Ortegal.
 O paro, que coincide, ademáis, co día da clase obreira galega, ten como obxectivo denunciar o desmantelamento industrial destas tres comarcas.
 Os sindicatos convocantes - CC.OO., Ciga e UGT. - aseguran que non se están a rexistrar incidentes.
 

Bos días....
Hoxe último día sen chuvias....
Un 10 de marzo, día da clase Obreira galega, no que os sindicatos convocan folga xeral en ferrolterra, Eume e Ortegal pola crise industrial que atravesa estas comarcas co peche de emresas como Endesa, Gamesa ou falta de traballo en Navantia.
Unha xornada na que o conselleiro de Sanidade detallará os cambios acordados no último comité clínico. Aínda que a pandemia evoluciona ben, aumentan a seis os municipios que desde o venres terán as máximas restriccions. Pero, como os datos son mellores, a hostalería quere que se lle permita abrir atas as oito da tarde, aproveitando que agora os días son máis longos...
Ata as oito repasamos as noticias de Galicia.