A incidencia acumulada da Pandemia baixa de 100 casos por cen mil habitantes.... por vez primeira dende o verán. Máis lentamente baixa a curva da presión hospitalaria, que segue en niveis de xaneiro,. // Investigadores da universidade de Santiago advirten, que o maior risco son os supercontaxiadores. Uns poucos individuos, din, que están detrás de case a metade dos contaxios. // O próximo curso haberá un plan de recuperación para reforzar a competencias non adquiridas polo alumnado a causa das dificutades derivadas da Pandemia...// Un proxecto de fábrica de baterías para coches eléctricos foi presentado hoxe en Vigo. Promovido pola Zona Franca, suporía a creación de mil postos de traballo directos e sería compatible con iniciativas industriais similares en outras comunidades. 09-03-2021
- El complejo turístico de Albeida, en Outes, recibe el Premio de Arquitectura de los colegios de arquitectos de España
A incidencia acumulada da Pandemia baixa de 100 casos por cen mil habitantes por vez primeira dende o verán. Máis lentamente baixa a curva da presión hospitalaria, que segue en niveis de xaneiro, con 369 ingresados. // A abogacía do Estado e a da Xunta estudan recorrer a sentenza do Pazo de Meirás para evitar ter que indemnizar aos herdeiros de Franco. // Gandeiros afectados por ataques de lobos levan ante á delegación do goberno a sua protesta contra a protección total da especie. Din que os danos se teñen duplicado nos últimos catro anos, con máis de 2.000 reses mortas. // Dirixe unha das principais adegas do Salnés e preside a asociación galega de cooperativas. Dolores Calvo, fala dos retos para aumentar a participación das mulleres nos órganos directivos das empresas, que subíu en Galicia do 12 ao 22 por cento na última década. 09-03-2021
As altas presións siguen alonxando as frontes que se desprazan polo Atlántico. Bancos de néboa matinais localmente persistentes en puntos do interior. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente coa formación de xeadas. 09-03-2021
A incidencia acumulada da Pandemia baixa de 100 casos por cen mil habitantes por vez primeira dende o verán. Máis lentamente baixa a curva da presión hospitalaria, que segue en niveis de xaneiro, con 369 ingresados. // A abogacía do Estado e a da Xunta estudan recorrer a sentenza do Pazo de Meirás para evitar ter que indemnizar aos herdeiros de Franco. // Gandeiros afectados por ataques de lobos levan ante á delegación do goberno a sua protesta contra a protección total da especie. Din que os danos se teñen duplicado nos últimos catro anos, con máis de 2.000 reses mortas. // Dirixe unha das principais adegas do Salnés e preside a asociación galega de cooperativas. Dolores Calvo, fala dos retos para aumentar a participación das mulleres nos órganos directivos das empresas, que subíu en Galicia do 12 ao 22 por cento na última década. 09-03-2021
O parlamento galego celebra sesión plenaria na que se adiantou a comparecencia doi presidente da Xunta, que esta tarde viaxa a Madrid pra se reunir esta noite coa ministra de traballo, e mañá co ministro de transportes. Unha sesión na que emprazou ós líderes da oposición a agardar pola comisión de reactivación pra mante-lo encontro sobre a pandemia, e tivo un novo encontronazo coa lider do BNG a conta do día da muller. Ademáis pediu unha confererencia de presidentes pra aclara-la xestión da pandemia cando decaia o Estado de Alarma.
Uns 2.700 profesionais de enfermeria de Atención Primaria inician hoxe un curso sobre a vacinación contra a Covid-19, ante o previsible incremento de doses de vacina disponibles
Nova mobilización dos traballadores de ENCE. Esixen modificacións no proxecto de lei de cambio climático para garantir a contnuidade da fábrica na ría de Pontevedra.
Protesta dos gandeiros na Coruña para pedir que non se prohiba a caza do lobo. Consideran non se ten en conta os prexuizos económico que os ataques do lobo supoñen para as explotacións de gando extensivo.
A Universidade de Vigo vai facilitar de balde os productos de hixiene íntima feminina. É a primeira universidade que o fai en España.
No tempo mantense a influencia das altas presións. Os ceos van estar pouco anubrados ou despexados. Mañá iremos perdendo a influencia do anticiclón.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Nin sequera a pandemia puido co feminismo galego, que este Día da Muller cumpriu o guión previsto e saíu á rúa para lembrar que aínda non hai igualdade real. Houbo máscaras, houbo distancia social, pero as reivindicacións intactas.
Xa a última hora, tra-la entrega das Medallas Pardo Bazán na Coruña, o presidente da Xunta deixaba un dos anuncios da xornada: o Estado e o goberno galego estudan agora recorrer a sentenza do pazo de Meirás.
Polo demais, hoxe, nova reunión do comité clínico de expertos sanitarios. Non se agardan grandes novidades, neste martes, 9 de marzo, no que o frío segue acompañando, pero con menos vento.
- Hoxe póñense en marcha as novas medidas da Xunta para enfrontar a covid, menos restritivas
Case todos os concellos de Galicia pasan a nivel 3, agás doce, que permanencen en nivel 2 e só catro están en máximo risco
Mulleres na rúa, nunhas Celebracións do 8M condicionadas polas medidas sanitarias. As reivindicacións céntranse en máis igualdade no coidado do fogar, ademáis da loita contra a fenda salarial e a violencia machista. //. O Festival O Marisquiño celebrarase, finalmente, en agosto deste ano en Vigo. A empresa organizadora anuncia a decisión logo de manter nos últimos días reunións coas institucións patrocinadoras .// A Xunta investirá en total 10 millóns de euros para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol. este ano comezará a rehabilitación doutros 13 edificios. Un total de 38 novas vivendas protexidas e 4 locais comerciais para darlle vida o barrio vello da cidade.// Nas Pontes, os camións do transporte de carbón da central térmica continúan co bloqueo indefinido. Rodearon as instalacións e pecharon os accesos. Protestan contra o cese de actividade na central que os deixa sen actividade. 08-03-2021
Mulleres na rúa, e como protagonistas de actos institucionais. Son as Celebracións do 8M, condicionadas polas medidas sanitarias. As reivindicacións céntranse na loita contra a fenda salarial e a violencia machista.
//Lixeira repunta das hospitalizacións. Son 17 máis que o día anterior, ata 319. Hai 79 pacientes nas UCI. A incidencia da pandemia continúa a liña descendente, xa que os novos contaxios baixan a 88. //As Areas da Coruña e Pontevedra estrean hoxe novas medidas de desescalada, sen peche perimetral e con acceso ao interior dos establecementos de hostalaría, co 30 por cento da cabida. // Ana Peleteiro consegue a medalla de prata de Triple Salto no campionato europeo de Atletismo. Pese as molestas físicas iniciais, a atleta de Ribeira Quedou no último intento a un centímetro do ouro da portuguesa Patricia Mamona. 08-03-2021
Predominio das Altas presións con ventos do nordeste que manterán o aire frío. No tercio norte, intervalos de nubes baixas e posibilidade dalgún chubasco ocasional. Temperaturas en descenso e xeadas no interior. 08-03-2021
Mulleres na rúa, e como protagonistas de actos institucionais. Son as Celebracións do 8M, condicionadas polas medidas sanitarias. As reivindicacións céntranse na loita contra a fenda salarial e a violencia machista.
//Lixeira repunta das hospitalizacións, Son 17 máis que o día anterior, ata 319. Hai 79 pacientes nas UCI. A incidencia da pandemia continúa a liña descendente, xa que os novos contaxios baixan a 88. // As Areas da Coruña e Pontevedra estrean hoxe novas medidas de desescalada, sen peche perimetral e con acceso ao interior dos establecementos de hostalaría, co 30 por cento da cabida. // Ana Peleteiro consegue a medalla de prata de Triple Salto no campionato europeo de Atletismo. Pese as molestas físicas iniciais, a atleta de Ribeira Quedou no último intento a un centímetro do ouro da portuguesa Patricia Mamona. 08-03-2021
Estamos a vivir este 8 de marzo un día internacional das mulleres moi diferente ó doutros anos. Actos pequenos debullados por todo o territorio galego, en lugar das grandes mobilizacións. Actos institucionais que en moitos casos se celebraron só de xeito virtual.
O que non cambian son a loita e as reivindicacións, nun ano no que a pandemia deixou á vista que a conciliación e os coidados son cousa de mulleres, e que as crises económicas adoitan deixar nelas a pegada máis forte