Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Con máis de 60.000 doses administradas dende o xoves, Sanidade prevé continuar aumentando o ritmo de vacinación nas próximas semanas, coa proxima chegada de novos viais. // Hoxe a situación continúa estable, ainda qiue cunha lixeira suba de hospitalizados, oito máis, e de novos contaxios, un total de 112. Nas últimas horas contabilizáronse cinco falecementos. //.Abanca anuncia a compra do negocio en España do ...Novo Banco, de Portugal, que ten 10 oficinas, duas delas en Galicia. Coa operación, Abanca chega ós 100.000 millons de euros de volume de negocio. // Decisivo paso do Celta para asegurar a permanencia, coa vitoria por 1 a 3 fronte ao alavés, na casa deste. Tres goles con participación de Iago Aspas. O Lugo perdeu, na casam pola mínima ante o Malaga e afundese nos últimos postos da clasificación. 05-04-2021

Aumentan os casos activos en Galicia, segue o aumento dos hospitalizados e sobe a taxa de positividade, a porcentaxe de probas que dan positivo.

Datos que pro presidente da Xunta confirman a estabilidade dos indicadores e invitan ó optimismo. Anque ate a semana que vén non se prevén cambios nas restriccións

Mentres, continúan as vacinacións. Este mes de abril será decisivo pra inmunizar ós maiores de 55 anos. Virán tamén os colectivos de risco, entre os que o Instituto Social da Mariña reclama a inclusión dos mariñeiros.

Mantense estable a presión hospitalaria por mor da covid. Hoxe están previstos cribados masivos en Carral e Pobra do Caramiñal. Neste último concello preocupa o incremento de casos.

 Os traballadores do Unidade de Coidados intensivos do hospital clinico de Compostela deciden esta mañá se abandonan as súas protestas tras semanas de concentracións tódolos luns.
 
 O Bng reclama que se retomen as visitas ó Pazo de Meiras de forma inmediata. Considera que a actual situación da pandemia xa o permite

Continúa o bo tempo en Galicia... e os datos que deixa a pandemia parece que continúan en situación de Meseta aínda que este domingo se rexistrou unha leve repunta da presión hospitalaria.

Nas últimas horas sanidade confirmou o falecemento de 5 persoas por covid 19 elevando o computo total ata as 2.352 vítimas.

E todo isto no mesmo día no que coñecemos que a pesar destes datos todavía hai xente que non recoñece a gravidade da situación que estamos a vivir coa pandemia...

Doce son as propostas de sanción que a pasada madrugada realizou a policía en Vigo, logo de comprobar unha festa ilegal nun piso da cidade... un dos seus integrantes mesmo tivo que ser detido por atentar contra un axente da autoridade

A piques de rematar a Semana Santa... este domingo volve a repuntar a presión hospitalaria en Galicia.

O dato máis positivo da xornada é, que por cuarto día consecutivo non se rexistra ningún contaxio nas residencias de maiores galegas entre os residentes. Tan só hai dous positivos de dous traballadores.

Adiantarlles tamén que hoxe celebrase en Ourense a preestrea mundial da longametraxe Cuñados... unha desternillante comedia na que colaborou esta casa, Radio Televisión Española.

Descenden os ingresados por coronavirus en Galicia... tamén descenden lixeiramento os casos activos, agora son 2.223 as persoas que teñen a enfermidade...

E todo isto no día no que os sanitarios traballan para conseguir inocular a todo o colectivo de 80 anos e así conseguir que a principios desta semana se poida comezar a inmunizar a outro sector da poboación...

Entre outros temas este sábado retomouse a actividade política o partido socialista celebrou un acto de conmemoración dos 40 anos do estatuto de autonomía no que estiveron presentes os ex-presidentes da Xunta, Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe, xunto ó secretario xeral, Gonzalo Caballero.

Cada vez más administraciones están buscando fórmulas para tratar de impulsar el consumo y reactivar la economía y han puesto en marcha bonos. Los ciudadanos pagan una parte de esos vales que se pueden usar en comercios, bares o teatros y el resto lo aportan las comunidades o ayuntamientos.

Con el plan "Quedamos en Galicia", dirigido a hoteles y establecimientos turísticos, la Xunta ofrece bonos de 250, 375 y 500 euros. Quienes los soliciten solo pagarán el 40% de estas cantidades. 560 establecimientos aceptarán este método de pago. En Andalucía la Junta paga el 25% de la factura si pasan al menos tres noches en algún alojamiento de la Comunidad.

Si miramos a las ciudades, Bilbao ha lanzado bonos para el comercio o la cultura, pero el que arrasa es el de la hostelería. 618 bares se han sumado a la iniciativa y el ayuntamiento paga la mitad de las consumiciones a través de bonos de 10 y 20 euros. En Barcelona, con Sant Jordi en el horizonte, se ha puesto en marcha un bono de 20 euros para gastar en cine, libros y música.

Quedaron extinguidos tres dos catro incendios activos en Galicia, e controlado o cuarto, en Folgoso do Courel. Anque foi despois de arrasar medio milleiro de hectáreas

Os traballadores do servizo contra incendios alertan de un operativo obsoleto, que non ten en conta que cada vez máis focos aparecen fora da temporada de verán

Nova repunta da presión asistencial por Covid19, esta vez é máis relevante, e tamén afecta ás UCIS. Porén, os casos activos seguen á baixa

As ambulancias deixan, por fin, de pagar peaxe na autopista AP9. Unha anomalía que só se mantiña en Asturias e Galicia. Iso sí, a patronal do sector tivo loiar nos tribunais pra conseguilo.

O COnsello de Europa reclama cambios legais pra garanti-lo dereito a usa-lo galego na xustiza. E tamén no ensino, porque se está perdendo o relevo xeracional: Un de cada catro menores de 15 anos non aprendeu a falalo.

27 mil galegos padecen trastornos do espectro autista. oxe, no seu día mundial, demandan empatía, e esforzos pra acceder en igualdade ó dereito ó ensino ou a un traballo

O tempo, continuará inestable e con chuvascos tormentosos que provocn aviso amarelo nas provincias de Lugo e Ourense

Continúa a inestabilidade atmósferica en Galicia... na pasada xornada, as fortes treboadas causaron numerosas inicidencias, especialmente no noroeste da comunidade.

Tamén continúa o proceso de vacinación a contrareloxo para que a primeiros desta semana que entra, todo o colectivo de 80 anos teña suministrada a lo menos a primeira dose da súa pauta de vacinación, e así poder continuar vacinando ao seguinte tramo de idade de 75 a 79 anos.

En canto aos lumes rexistrados nas últimas 24 horas dicirlles que está controlado o incendio de Folgoso do Courel, que queimou unhas 500 hectáreas

As chuvias regresan hoxe á comunidade. Serán precisas pra axudar a sofocar os incendios activos. Son tres, máis un xa controlado, que suman 400 hectáreas arrasadas, todos declarados á medianoite.

O peche perimetral da comunidade rebaixa as expectativas de ocupacións pra estas festas. Os hoteis urbanos non superan o 20% de ocupación. No eido rural, os establecementos abertos elevan a previsón ó 50%.

Repunta das camas ocupadas por pacientes coa COVID. Seguen baixando as unidades de críticos, e se manten a caída de casos activos

As medidas anticóvid dificultan a celebración dos xuízos. As declaracións telemáticas dificultan a comunicación entre o acusado e o seu defensor, e vense afectadas polos problemas técnicos.

Preocupación por un proxecto de parque eólico a tres kilómetros de Lalín. Son 20 aero-xeradores de máis de 200 metros, a carón do camiño de Santiago de Inverno.

Os socalcos da Ribeira Sacra teñen mil anos de antigüidade. Un estudo do CSIC e a Xunta fixo probas de carbono 14 a un cento de mostras, e proba a súa ocupación constante durante séculos

Tempo inestable en Galicia que non afectará ao programa de vacinación, a pesar da ponte festiva... na comunidade seguirase inoculando aos cidadáns en hospitais e centros de saúde...

Por outra banda sinalar que nas últimas 24 horas non se notificou ningún falecemento por coronavirus, é a segunda vez que esto ocorre en seis meses, despois de que o pasado sábado, sanidade non confirmara tampouco ningun falecemento.

E temos tamén que que dicirlles que coa chegada do bo tempo tamén se produciron os primeiros incendios, nas últimas chegaron a ser catro e agora son dous os que continúan activos, un na provincia de Lugo e outro na de Pontevedra...

O tempo inestable parece que vai ser o dominante nos festivos da Semana Santa, para mellorar o sábado. De momento, nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis policiais. Ademáis das normas de cabida na hostalaría, os axentes teñen como prioridade que se cumpla a prohibición de desprazamentos entre comunidades. Nun deles, en Cambados, foi identificado o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // José Miñones incorpórase hoxe ao seu posto coma Delegado do Goberno, logo de ser nomeado no Consello de Ministros de onte. // Os arqueólogos sitúan no século X a orixe dos bancais da Ribeira Sacra, tras atopar evidencias científicas no xacemento dos Conventos, na Pobra de Brollón. Xa no século XIII o cultivo de viño na zona.. //. // A impoñente figura do Cristo de Francisco Leiro, volve as ruínas de Santa Mariña de Dozo de Cambados. Desde hai seis anos, o escultor cede esta peza ao Concello para revalorizar unha das xoias do se patrimonio histórico. 31-03-2021

Unha masa de aire cálido e seco trae temperaturas inusuais para a época: máximas de ata 30 graos no sur, en Pontevedra e en Ourense, e de 28 Na Coruña e Lugo. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos. // Nas zonas máis turísticas intensifícanse os controis de mobilidade. Nun deles, en Cambados, foi identificado e proposto para sanción o dirixente opositor venezolano Leopoldo López. // Lixeiro incremento dos casos activos no último día. Suben a 168 os novos contaxios e tamén hai 4 ingresados máis nas UCI. En cambio, descenden os hospitalizados en planta, e contabilízanse seis falecementos máis. // O Parque das Illas Atlánticas rexistra máis de 3.000 reservas, na volta da temporada de visitas. As Cies e Ons, unha alternativa de contacto coa natureza dentro de Galicia, con transporte regular ata o domingo. 31-03-2021

Atopámonos en toda Galicia cunha xornada de temperaturas ben por riba do habitual. A previsión, en cambio, muda bastante para os próximos días, coa posibilidade de chuvascos nos festivos da Semana Santa, para mellorar o sábado e o domingo. 31-03-2021