Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A mañá déixanos un aumento da nubosidade, pero de momento as temperaturas resisten. E tamén Galicia resiste por agora o avance da pandemia. Malia que na última xornada houbo lixeiras repuntas nos contaxios e na presión hospitalaria, a incidencia aínda se mantén á baixa.

Esta mañá volve reunirse o comité clínico. A partir da unha e media comparecerá o conselleiro de Sandiade. Pero desta volta non se agardan cambios nas restriccións. Se acaso algunha variación no mapa por concellos.

Será nun día no que tamén estaremos atentos ó Consello de Ministros. Aprobará o relevo na Delegación do Goberno en Galicia. José Miñones sustitúe a Javier Losada.

A alta incidencia causada por un gromo entre membros dunha mesma familia coloca ao concello de Beade como o único de Galicia con peche perimetral, no arranque da Semana Santa. A metade dos concellos non rexistran ningún novo contaxio nos últimos catorce días. // Galicia terá novo delegado do goberno. Será o ata agora alcalde de Ames, José Miñones, en sustitución de Javier Losada. O Nomeamento farase oficial, probablemente no consello de Ministros de Mañá. // O 9 % dos establecementos de hostalería que están abertos incumpre as medidas contra a covid. A maioría das infracións débense a superar a cabida permitida, según os resultados da campaña de inspección levada a cabo pola Xunta. // Nos aeroportos de Santiago e Vigo poderánse facer test de antiantixenos a partir de hoxe aos viaxeiros. A necesidade de presentar xustificantes retrasa os procesos de embarque. 29-03-2021

Un gromo entre membros da mesma familia coloca ao concello de Beade como o único de Galicia con peche perimetral, pola alta incidencia, no arranque da Semana Santa. A metade dos concellos non rexistran ningún novo contaxio nos últimos catorce días.. //lixeiras repuntas, tanto do total de casos activos, que aumentan en 18, como de hospitalizacións. Hai seis ingresados máis, un deles na UCI, Ainda que as cifras seguen a ser as máis baixas dende hai medio ano. Contabilízanse dous falecementos máis. // Lulú Vázquez , a avoa de Galicia cumpre hoxe 111 anos na súa casa de Pontevedra cun envexable estado de saúde, logo de vivir a guerra civil, duas guerras mundiais, e dúas pandemias. // A musicoterapia posta ao servizo dos animais. Un veterinario da Coruña interprétalle as mascotas temas de jazz, clásica e ata composicións propias. O resultado, di, que veñen á consulta máis contentas e relaxadas que nunca. 29-03-2021

O sol e a calor continúan neste inicio de semana. Subiron as temperaturas mínimas, tanto que esta madrugada case rozaban os 20 graos en moitos puntos da costa. Pola tarde medrarán nubes de evolución. Poderían deixar algunha treboada máis probable no interior. 29-03-2021

Un gromo entre membros da mesma familia coloca ao concello de Beade como o único de Galicia con peche perimetral, pola alta incidencia, no arranque da Semana Santa. A metade dos concellos non rexistran ningún novo contaxio nos últimos catorce días.. //lixeiras repuntas, tanto do total de casos activos, que aumentan en 18, como de hospitalizacións. Hai seis ingresados máis, un deles na UCI, Ainda que as cifras seguen a ser as máis baixas dende hai medio ano. Contabilízanse dous falecementos máis. // Lulú Vázquez , a avoa de Galicia cumpre hoxe 111 anos na súa casa de Pontevedra cun envexable estado de saúde, logo de vivir a guerra civil, duas guerras mundiais, e dúas pandemias. // A musicoterapia posta ao servizo dos animais. Un veterinario da Coruña interprétalle as mascotas temas de jazz, clásica e ata composicións propias. O resultado, di, que veñen á consulta máis contentas e relaxadas que nunca. 29-03-2021

A preocupacion inicial dos traballadores de R tra-la Opa de Masmovil o grupo Euskaltel, ó que pertence, viuse atenuada tra-la conversa que o comité de empresa mantivo esta mañá coa dirección. Confían en que se cumpra os dous compromisos básicos: o mantemento do emprego e a sede social que o grupo ten na Coruña.
As accións de Euskaltel, grupo ó que pertence a galega "R" rexistraron hoxe subas por riba do 16 por cento despois do anuncio OPA presentada por MásMóvil. Este grupo aspira a facerse co 100 por cento da empresa por un  montante de ao redor de 2.000 millóns de euros.
 

Comenza a semana con dous concellos da provincia en nivel alto por afectación da Covid. Durante toda a semana santa poderemos movernos por toda  provincia. Mantense ás nove o peche da hostalaria e as dez o toque de queda.
 
 A area sanitaria da coruña é a mais afectada ainda que melloran as condicións nos hospitais en relación con xornadas anteriores. A metade dos ingresados en UCi están na area corunesa, 15 dun total del 26 en Galicia

Tempo primaveral para este inicio da Semana Santa, no que se mantén de momento a boa evolución da pandemia en Galicia. Á espera de coñecer esta mañá os novos datos despois da fin de semana, tódolos indicadores seguen apuntando á baixa. Mantemos unha incidencia de 70 casos por cen mil habitantes.

Mentres, estreamos novo mapa de restriccións, con libre mobilidade por todo o interior de Galicia, coa única excepción do concello ourensán de Beade. Así será polo menos ata o venres. A partir de aí dependerá do que decida mañá o comité clínico.

E entre as novidades das últimas horas, unha que ten que ver coa economía: MásMóvil lanza unha opa sobre o cen por cen de Euskaltel, propietaria de R