Seguemento masivo na protesta convocada pola Federación de Confrarías para rexeitar unha normativa comunitaria que obriga a levar nos barcos un diario electrónico de capturas e a estar xeolocalizados. Os de máis de doce metros deberán levar tamén cámaras a bordo
Xornada de paro hoxe en todos os portos da pesca de baixura, para amosar o rexeitamento do sector polas normas de control que quere implantar a Unión Europea. Unha mobilización da que non hai moitos precedentes.// A mobilidade será posible por toda Galicia a partir do luns, agás no concello ourensán de Beade.O subcomité clínico da Xunta decidíu hoxe levantar as máximas restricións a Maside, que pasa a nivel alto, no que están outros nove concellos, incluidos os de Sanxenxo e Baiona. // A policía nacional detivo en Lugo seis veciños por un presunto delito de odio. Os detidos, de entre 22 e 26 anos, atacaron esta tenda do barrio da Piringalla a semana pasada. // Hoxe moitas salas de cine volven a actividade. Entre as estreas está Olvido y León, do director ourensán Xavier Bermúdez. Tamén chega hoxe ás salas de cine Nación, a película dirixida por Margarita Ledo sobre a loita das traballadoras da cerámica Pontesa. // Santiago, Monforte, Sanxenxo, Mos e Padrón formarán parte do percorrido da Volta Ciclista a España neste 2021. 26-03-2021
- Bruxelas quere controlar a pesca artesanal con xeolocalizadores e diarios electrónicos
- A medida indigna ás confrarías galegas, que protestan cun paro nos portos
Bruxelas quere controlar a pesca artesanal con xeolocalizadores e diarios electrónicos, proposta que indigna ás confrarías galegas, que protestan cun paro nos portos
Contra o novo regulamento europeo de control da pesca. E o seguemento masivo da protesta convocada pola Federación de confrarías para rexeitar unha normativa que obliga a levar nos barcos mecanismos de rexistro de capturas e xeolocalización. // No seu despacho de San Caetano, Núñez Feijóo departíu durante máis de duas horas coa portavoz do BNG, Ana Pontón, e logo fixo o propio co socialista Gonzalo Caballero. //.As restriccións de mobilidade na Semana Santa favorecen as reservas de casas de turismo rural e destinos fóra das cidades como a Mariña de Lugo. // Peregrinos e turistas internacionais axudan mediante Crowdfunding a un hostaleiro de Santiago. Tras un ano de perdas polos peches e as restricións, tenta salvar así o seu bar no casco histórico. Xa conseguiu máis de dous mil euros, dos quince mil que precisa. 26-03-2021
Refórzase o anticiclón esta fin de semana con sol e suba lixeira de temperaturas con forte contraste entre o día e a noite. Exemplo, Ourense, con 4 graos o domingo pola noite e 26 graos que se esperan para o día. Ou Lugo, que pasará dos 0 de mínima aos 23 de máxima. 26-03-2021
Contra o novo regulamento europeo de control da pesca. E o seguemento masivo da protesta convocada pola Federación de confrarías para rexeitar unha normativa que obliga a levar nos barcos mecanismos de rexistro de capturas e xeolocalización. // No seu despacho de San Caetano, Núñez Feijóo departíu durante máis de duas horas coa portavoz do BNG, Ana Pontón, e logo fixo o propio co socialista Gonzalo Caballero. //.As restriccións de mobilidade na Semana Santa favorecen as reservas de casas de turismo rural e destinos fóra das cidades como a Mariña de Lugo. // Peregrinos e turistas internacionais axudan mediante Crowdfunding a un hostaleiro de Santiago. Tras un ano de perdas polos peches e as restricións, tenta salvar así o seu bar no casco histórico. Xa conseguiu máis de dous mil euros, dos quince mil que precisa. 26-03-2021
Alberto Núñez Feijó reuniuse xa coa líder da oposición, a nacionalista Ana Pontón. A lider do BNG presentoulle ó presidente da Xunta catro bloques nos que actuar: sanidade, recuperación económica, infraestructuras e autogoberno. Continúa agora reunido co lider socialista.
A frota de baixura secunda hoxe unha xornada de folga contra a instalación de cámaras no barcos.
Embarcacións de tódolas confrarias sairon á bocana dos portos facendo soar as súa bucinas.
Uns dez mil traballadores do sector da automoción vanse ver afectados pola falta dun microchip para os coches. Ó ERTE para 3.800 operarios que propón Stellantis hai que engadir os das empresas auxiliares.
O exconselleiro de Industria, Fernando Blanco, satisfeito co Consello Xeral do Poder Xudicial. Recoñécelle que ten dereito a ser indemnizado polas irregularidades e retrasos das operacións xudicias instruídas pola xuiza Pilar de Lara.
No tempo....hoxe unha fronte fría a Galicia vai deixar chuvias pouco significativas
- Remata a rehabilitación da ala sur do conxunto de Santo domingo de Bonaval
- Engade 1600 metros cadrados para completar o percorrido pola historia de Galicia
O consorcio de Santiago acaba de rematar a rehabilitación da coñecida como "ala sur" do conxunto de Santo Domingo de Bonaval, o que permitirá engadir 1.600 metros cadrados á superficie actual. Estes novos espazos van permitir completar o percorrido pola historia de Galicia e reordenar os contidos das salas xa existentes nesta cabeceira simbólica dos museos antropolóxicos de Galicia.
Esta mesma fin de semana poderían comezar os cribados de Covid 19 no aeroporto de Alvedro. Aena aprobou a cesión de espazos e o programa de colaboración coa Xunta para realizar os test de antíxenos no aeródromo coruñés. os cribados extenderánse tamén ás estacións de tren
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
Galicia segue resistíndose á cuarta vaga. Cunha incidencia acumulada de 73 casos por cada cen mil habitantes, a comunidade mantén a raia a presión asistencial nos hospitais e loita por non pasar dos 200 contaxios diarios. Con todo, a ponte do 19 de marzo, xa se notou, e hai lixeiras repuntas. Un exemplo en dous concellos moi turísticos, como Sanxenxo e Baiona, que dende hoxe non poden abrir a hostalaría no interior. Só nas terrazas e ó 50 por cento. Así será tamén durante a Semana Santa, segundo un novo mapa de limitacións covid que comeza a rexer dende hoxe.
Polo demais, ERE en Adolfo Domínguez para 300 persoas e ERTE en Stellantis, en Vigo, con máis de 3.700 traballadores afectados.
A Xunta presenta tamén os 354 proxectos cos que aspira a captar 20 mil millóns dos fondos europeos de recuperación. Un asunto que o xefe do executivo galego levará as reunións bilaterais desta mañá cos líderes da oposición
- Eran tres ovellas, un carneiro e tres años
- Non é o primeiro ataque nese concello de Lugo
Eran tres ovellas, un carneiro e tres años. Non é o primeiro ataque do lobo nesa zona de Lugo
Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona, deberán a afrontar a Semana Santa con maiores restricións, debido ao empeoramento da evolucion de contaxios dende a Ponte de San Xosé. En Santiago algúns hoteis abren coa esperanza de atraer a clientela galega. // Os viaxeiros procedentes do resto de España que visitaron Galicia durante o ano pasado foron 5´4 millóns, o que significa unha reducción do 46 por cento respecto ao ano anterior. // De cara á Semana Santa, a Xunta pídelle de novo ao Goberno central que autorice a facer probas da detección da covid aos pasaxeiros que cheguen aos aeroportos e estacións de tren. // Os lobos, presuntamente, acabaron con sete ovellas en Friol,na provincia de Lugo. Os seus propietarios que non son profesionais da gandeiría, empregaban o rabaño para manter limpa unha extensa finca e lamentan a perda de catro reses adultas e tres años. 25-03-2021
Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona afrontan a Semana Santa con maiores restricións, ao multiplicarse alí os contaxios rexistrados dende a ponte de San Xosé. // Baixan a 2.400 os casos activos, ainda que repuntan lixeiramente os novos contaxios, 162, nas últimas horas. A presión hospitalaria segue á baixa, e rexistráronse catro mortes máis. //.Demanda conxunta contra 11 entidades financeiras para reclamar a devolución de comisións de apertura de préstamos hipotecarios. A Asociación Galega de Consumidores considera que foron cobradas indebidamente. // Un sistema de cores e letras para identificar cómo de saudables son os alimentos. O semáforo nutricional Nutri Score comenza a ser usado por algunhas marcas, a espera da sua regulación obrigatoria polo goberno, ainda que moitos consumidores o descoñecen. 25-03-2021