Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aumenta a inestabilidade atmósferica que se fará notar máis a partir de mañá. Xa esta tarde poden volver as chuvias porque medrarán nubes de evolución no interior con posibilidade de chuvascos treboentos. 08-04-2021

Os maiores de 75 anos incorpóranse ao proceso de vacinación masiva, co fármaco de Pfizer, mentres a Xunta suspende a administración das máis de 1.400 doses de AstraZeneca que tiña previsto poñer hoxe a persoas menores de 60 anos, pertencentes a colectivos esenciais como forzas de seguridade. // A maioría das enfermeiras declara non sentirse realizada no seu traballo e ata o 90 por cento sofren ansiedade. Un informe do SATSE revela o empeoramento da saúde mental do colectivo a consecuenta da sobrecarga laboral durante a Pandemia. // A Axencia Tributaria prevé devolver en Galicia 606 millóns de euros na campaña da declaración da renda de 2020. E un 4´6 por cento menos que o ano anterior debido ao aumento dos ERTE. Calcula que as declaracións con resultado a pagar chegarán a 380 mil. // Películas familiares e domésticas elaboradas que reflicten a vida cotiá dende unha ollada íntima. E a oferta do Museo Online de Cine Autobiográfico, unha iniciativa promovida dende LUgo que arranca hoxe. 08-04-2021

A decisión do COnsello Interterritorial de reservar a vacina de Astrazéneca só pra maiores de 60 anos obriga a suspender a inoculación a 1400 traballadores esenciais Hoxe comezou a inoculación a milleiros de persoas entre 75 e 79 anos.


O congreso dos deputados aproba a estas horas a lei de cambio climático. PP e BNG piden que se modifique un artigo que a Xunta recorrerá ante o Tribunal Constitucional se finalmetne se aproba.

Repsol presenta un expediente de regulación temporal de empleo para 212 traballadores da refinería da Coruña. Xustifica a medida na reducción no consumo de combustibles a causa da crise

Outro expediente, o do grupo téxtil HM suporá o peche de tres tendas en Galicia. O sindicato CIG asegura a multinacional sueca propon o peche de tendas en Vigo, Ferrol e Ourense e a reducción de persoal noutras tres de Lugo, Vigo e A Coruña.

Campaña informativa a favor de marcar o "Xe" Solidario na declaración da renda. Un xesto máis necesario agora ca nunca para poder avanzar na reconstrucción social e superar os efectos da crise económica.

O tempo. Hoxe con algo máis de inestabilidade

A vacina de Astrazeneca so será suministrada a persoas de entre 60 e 65 anos para evitar as reaccións adversas padecidas especialmente en mulleres de menos de 60.

 O ministro de transporte reunirase mañá co presidente da Xunta e a alcaldesa da Coruña para falar do porto da cidade.

 Os traballadores da planta de reciclaxe da Coruña movilizanse para reclamar a mellora das condicións laborais e das instalacións. Será na plaza de Maria Pita coincidindo co pleno municipal.

 En Bergondo protesta dos veciños  contra o peche de entidades bancarias.

Este xoves comeza coas novidades en torno ó proceso de vacinación. Agora as doses de AstraZéneca serán só para os maiores de 60 anos. Á espera do que se decida hoxe na Comisión de Saúde, Galicia seguirá administrando este fármaco ás persoas de entre 60 e 65.

Máis novidades. Ó final non será necesario usar máscara na praia cando esteamos na toalla. E ó final é xa dende hoxe, non dende mañá, cando entra en vigor o novo mapa de restricións por concellos. Dende esta pasada medianoite O Grove e A Pobra do Caramiñal xa teñen peche perimetral.

Ademais, a partir do sábado volven estar permitidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

E xa que estamos cos cambios, apunten os do tempo. Á espera das chuvias de mañá, hoxe aumentan as nubes.

La presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, ha vuelto a defender sus gestiones con los representantes de la vacuna rusa Sputnik V para la COVID-19. Este miércoles, su compañero de partido, Núñez Feijóo, ha reconocido que las farmaceuticas hablan con las distintintas comunidades autónomas, pero en su opinión, hay unos requisitos que hay que cumplir.

Cribado En busca de asintomáticos, entre menores e adultos no concello do Grove, que pasará esta medianoite, xunto coa Pobra do Caramiñal, a situación de máximas restricións. No resto de Galicia, dende o sábado permitiránse as reunións de ata catro persoas non conviventes no interior das vivendas e ata seis no exterior.. // Alta afluencia aos centros de vacinación, noo programa previsto de administración masiva, coas doses de AstraZeneca a persoas entre 60 e 65 anos, que a Comunidade de Castela e León decidiu suspender. // Agasallando con leitugas nas Rúa. Así é como estes agricultores quixeron denunciar hoxe en Santiago a considerable baixada de prezo que está a rexistrar a verdura nas grandes cadeas de distribución. // Fillos adolescentes que adican demasiado tempos aos videoxogos e con baixo rendemento nos estudos. Unha situación cada vez máis frecuente, ante a que os expertos recomendan aos pais poñerse de acordo para fixar límites. 07-04-2021

O anticiclón desprázase hacia o leste traendo inestabilidade atmosférica. Ceo pouco anubado con intervalos de nubes altas. Temperaturas mínias sen cabios e máximas en ascenso lixeiro, ata 22 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra. 07-04-2021

Cribado En busca de asintomáticos, entre menores e adultos no concello do Grove, que pasará esta medianoite, xunto coa Pobra do Caramiñal, a situación de máximas restricións. No resto de Galicia, dende o sábado permitiránse as reunións de ata catro persoas non conviventes no interior das vivendas e ata seis no exterior.. // Alta afluencia aos centros de vacinación, noo programa previsto de administración masiva, coas doses de AstraZeneca a persoas entre 60 e 65 anos, que a Comunidade de Castela e León decidiu suspender. // Agasallando con leitugas nas Rúa. Así é como estes agricultores quixeron denunciar hoxe en Santiago a considerable baixada de prezo que está a rexistrar a verdura nas grandes cadeas de distribución. // Fillos adolescentes que adican demasiado tempos aos videoxogos e con baixo rendemento nos estudos. Unha situación cada vez máis frecuente, ante a que os expertos recomendan aos pais poñerse de acordo para fixar límites. 07-04-2021

Esta tarde reúnese o Consello interterritorial de saúde, coa polémica obriga de usar máscara nas praias sobre a mesa. A Xunta reclamará a súa revisión.

Tamén pedirá seguridade xurídica a partir do mes de maio, cando remata o estado de Alarma. Especialmente ante o recurso do goberno central contra a Lei galega de Saúde, única ferramenta da autonomía pra manter algún tipo de restrición.
 
A pobra do Caramiñal e o Grove serán dende o venres os únicos concellos con peche perimetral. O comité clínico tamén acordou que a partir do venres se poderán realizar reunións de non conviventes nos domilicios.

Nas vacinacións, as autoridades sanitarias piden que se respete a hora da cita, pra evitar incidentes como os acontecidos esta pasada tarde na Cidade da Cultura, onde acabou intervindo a policía

No campo, UUAA denuncia que as grandes cadeas de distribución empregan a leituga como produto reclamo e provocan unha caída dos prezos

O BNG alerta do efecto contraproducente da moratoria na plantación de eucalipto, que está provocando replantacións aceleradas.

O concello da Pobra do Caramiñal situase no nivel maximo de afectación da Pandemia. Pola contra A Coruña e Arteixo melloran a súa situación. A partir do venres estarán no nivel máis baixo.

 Continúa a campaña masiva de vacinación da persoas con idades comprendidas entre 60 e 65 anos. As autoridade sanitarias piden que non se acuda ós centros de vacinación antes da hora da cita para evitar aglomeracións.
 
 Os traballadores de naturgy concentranse esta mañá diante do parlamento. protestan polo traslado a madrid do centro de operacións da compañía ubicado agora na Coruña

Moi bo día. Benvidos a esta mañá de mércores, na que de momento seguen os ceos despexados.
Seguirá tamén a vacinación masiva, cun obxectivo: 145 mil persoas ata o domingo. A pasada tarde rexistráronse algunhas aglomeracións na Cidade da Cultura, en Santiago. Pero tamén no recinto feiral de Vigo ou en ExpoCoruña. O SERGAS fai un chamamento para que se respecten as horas das citas.

Polo demais, o día comeza co anuncio de cambios no mapa de restriccións. A partir do venres, O Grove e A Pobra do Caramiñal serán as localidades en nivel máximo. Mellores noticias noutros concellos, como Sanxenxo e Baiona, que despois da Semana Santa pasan a nivel medio. A Coruña e Arteixo, ó baixo.