Xunta prepara un plan dotado con 15 millóns de euros para a realización de 230.000 actos sanitarios entre os que hai probas diagnósticas, consultas e intervencións cirurxicas que foron retrasados por mor da pandemia...
Logo ampliamos esta información...
Pero antes dicir que a partir de mañá os restaurantes poderán abrir en Galicia ata as once da noite... iso sí, deberán levar a cabo un rexistro dos seus clientes e garantir a ventilación dos seus locais.
Aparellos de medición de CO2 deberán estar presentes nos restaurantes, para garantir a axeitada ventilación, para poder abrir ata as 11 da noite. É a nova norma de desescalada, que entra en vigor mañá. Dende hoxe os comercios poden adherirse ao Bono Activa. Unha iniciativa para dinamizar un sector moi castigado na pandemia. Funciona cun sistema de bonos de 30 euros, que os Os clientes poden conseguilo cunha aplicación móbil a partir do 5 de maio. // O Tribunal Supremo confirma a condena a Sito Miñanco e o embargo da sua inmobiliaria familiar, valorada en máis de dez millóns de euros. A sentenza impónlle tres anos e nove meses de prisión e unha multa de cinco millóns de euros por narcotrafico e branqueo de capitais.. // Estrea en Vigo da patrulleira de fibra de políester mais grande de Europa. Ten una autonomía de 2.000 millas náuticas. 15-04.2021
Os medidores de CO2, deberán estar presentes nos restaurantes, para garantir a axeitada ventilación, para poder abrir ata as 11 da noite. E a nova norma de desescalada, que entra en vigor mañá. // Soben a 199 os contaxios detectados nas últimas horas, a segunda maior cifra nun mes. Volven subir os casos activos mentres a presión hospitalaria se manten controlada. // Pasan a disposición xudicial as tres persoas detida na Coruña por retención ilegal dunha menor. Segundo a investigación, iniciada en Córdoba, os pais vendérona alí por 4.000 euros. A nena, de 12 anos, quedou baixo a tutela da Xunta. // Axudar a atender urxencias médicas ou vixilar incendios forestais. Son algunhas aplicacións dos vehículos non tripulados deseñados por empresas galegas, no centro de Investigación de Rozas, que conta máis de 160 millóns de investimento nos últimos anos. 15-04-2021
Preocupación polos casos da variante brasileña en Vigo. A maioría en xente nova e sen contacto entre si. Vanse facer cribados a menores de 30 anos.
Os restaurantes ultiman os preparativos pra cumpri-los requisitos que lles permitirán abrir, dende mañá venres, ata as 11 da noite. Finalmente terán unha semana máis pra poñer en marcha os sistemas de control de CO2.
AETINAPE denuncia a paradoxa dos barcos atuneiros. As tripulacións están compostas por tripulantes bascos e galegos. Os de Euzkadi están a ser vacinados, pero os galegos non.
O servizo de vixilancia aduaneira estrea hoxe un novo patrulleiro. O Cóndor é o de maior eslora da súa clase, e ten unha autonomía de 2 mil millas, o que lle permite estadías máis longas no mar. Unha das súas prioridades será o narcotráfico
As víctimas de Angrois presentaron no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid un recurso contra a decisión do Ministerio de Transportes de non renova-la comisión de investigación de accidentes.
Mobilización dos traballadores de Aluibérica. Están en Madrid, ás portas do Ministerio de INdustria, pra reclamarlle que a SEPI tome o control da empresa.
Mentres, o comité de empresa de Repsol na Coruña busca apoios políticos pra paralizar o expediente de regulación de emprego que a compañía presentou pra un terzo do cadro de persoal.
Galicia retrasa o toque de queda ata as 11 da noite... aínda que mantén o peche perimetral da comunidade...
Os bares poderán abrir ata as 9 da noite, e os restaurantes ata ás once, iso sí deberán fácelo mantendo unhas normas... das que lles daremos conta....
E todo isto nun día no que se celebra un novo comité interterritorial de saúde no que se abordará que facer coas vacinas de Janssen que se esperaban para esta semana.
Galicia esperaba recibir este mércores 8.500 doses...
A incidencia da pandemia en Galicia mantense en niveles semellantes ó final do verán. A Xunta anuncia que esta semana empezará a emitir os certificados de vacinación.
Núñez Feijóo rexeita calquera cambio sobre as competencias autonómicas nos impostos de sucesións e patrimonio.
O presidente da Federación de Municipios e Provincias, Abel Caballero, pensa que as comunidades autónomas son pouco recaudadoras e que haberá que alcanzar no futuro unha coherencia na fiscalidade.
O Concello de Pontevedra pide información á Xunta sobre un informe que acredita a presenza de mercurio no subsolo do complexo ENCE-ELNOSA
Colapso da sede electrónica da Xunta ante os milleiros de persoas que pretenden pedir o bono turístico. Foi imposible acceder ó sistema para inscribirse
O periodista Manuel Rico gaña o Premio José Couso de Libertad de Prensa. O director de investigación do diario Infolibre vén de publicar un libro no que denuncia a dramática situación que se viviu na residencias de maiores durante a pandemia do coronavirus.
O tempo. De novo, con temperaturas por riba dos 20 graos.