- Aunque son grupo prioritario, no pueden demostrarlo al no tener un contrato laboral
- Mapa de España | Evolución de la curva | Hospitales y UCI
- Vacunas en España | Guía de restricciones | Mapa mundial | Especial: La gran vacunación
Volve a repunta-la presión sanitaria pola COVID19. Están hospitalizadas 214 persoas, dez máis que na xornada precedente, ainda que se reduce o número de doentes atendidos nas UCI. Son agora 45, un menos.
NO lado positivo, tras cinco días de suba fréase a evolución dos casos activos. 3.015 persoas padecen a enfermidade, unha menos que no reconto anterior.
Tamén baixan sensiblementes os novos casos detectados. Foron 141, medio cento menos..
O Sergas non engadiu ningún falecido na última xornada. E por primeira vez no que vai de pandemia, cúmprense 10 días sen casos de COVID nas residencias de maiores, nin entre os usuarios nin entre os traballadores.
A tasa de positividade mantense por baixo do dous por cento
- O pedagogo José Paz reuníu 30.000 volumes sobre o pensador bengalí
- Paz faleceu este venres e lembrámolo nunha información de anos atrás
Máis de cen mil doses de Pfizer, 15.000 de Moderna e 6.000 de AstraZeneca. Son as novas remesas previstas para esta semana, que permitirán acelerar o ritmo e vacinación ata superar as 180.000. De momento a vacinación masiva céntrase no grupo entre 70 e 79 anos. // O presidente da Xunta afirma que estamos a piques de sortear a cuarta onda nunha relativa estabilidade cun ascenso contido de positivos ainda que apela a manter a prudencia. // Retirar máis dunha tonelada de residuos do fondo mariño. Foi o resultado da iniciativa levada a cabo pola Fundación Abanca no entorno da Ría de Arousa. O obxetivo, concienciar dos danos que os refugallos causan no medio mariño, e especialmente elementos como os microplásticos. // Soterrado en Ourense José Paz, o pedagogo que posuía a biblioteca privada máis completa do mundo sobre o filósofo e escritor indio, Rabindranath Tagore.26-04-2021
A chegada de novas remesas de Pfizer, Moderna e AstraZeneca permite acelerar o ritmo de vacinación esta semana, na que está previsto administrar unhas 180.000 doses en Galicia. A de Janssen irá destinada ao grupo de idade entre 65 e 69 anos. // A incidencia da Pandemia estabilízase, cos casos activos por riba dos 3.000. Aumentan en 10 os hospitalizados e hai 45 na UCI, nun día no que non se contan novos falecementos. A Xunta di que a cuarta vaga está a piques de ser superada, pero atrasa a decisión sobre novos relaxamentos das restricións. // Os actores de “Cuñados”, que fan así unha demostración dun anovador sistema de Telepresenza en tempo real. É o Holobox, presentado na Coruña pola multinacional galega Trison, especialista en integración audiovisual. // O Celta encarrila a permanencia, unha temporada máis en primeira diivisión, logo de vencer por dous goles a un ao Osasuna. Un partido no que abriu o marcador un gran gol de Iago Aspas. 26-04-2021
A borrasca Lola desprazase máis ao sur pero aínda deixará inestabilidade. Despois dunha mañá con nubes e claros e chuvascos illados, á tarde poden repertirse as treboadas con máis probabilidade no interior. 26-04-2021
Volve a repunta-la presión sanitaria pola COVID19. Hoxe hai 10 pacientes máis nos hospitais galegos ca na xornada de onte. NO lado positivo, fréase a evolución dos casos activos. Esta semana citarán a 180 mil persoas pra vacinarse. Por primeira vez no que vai de pandemia, cúmprense 10 días sen casos de COVID nas residencias de maiores
O BNG pide que se camiñe cara á xestión pública das residencias da terceira idade. Sinalan que teñen que deixar de ser centros caritativos ou un negocio en mans de fondos de investimento.
Preocupación en Santiago e Pontevedra pola proliferación de festas ilegais en pisos.
A derrogación íntegra da reforma laboral é a principal reivindicación dos sindicatos galegos de cara á celebración do 1 de maio, este próximo sábado. De novo vanse manifestar por separado: CCOO e UGT, por unha banda, e a CIG, por outra.
Novas paradas na factoría Stellantis de Vigo, antiga PSA, por mor da falta de microchips procedentes de Asia.
A quenda de noite deste domingo pasado non traballou nin tampouco vai traballar esta noite, e mañá pararán tódalas quendas
Gonzalo Caballero considera antidemocrático que o PP pida a renuncia ddo portavoz socialista en Ourense para negociar unha moción de censura no concello.
O tempo. A borrasca, que deixou treboadas intensas na fin de semana, alonxouse pero aínda nos trae certa inestabilidade
A chegada de novas remesas de Pfizer, Moderna e AstraZeneca permite acelerar o ritmo de vacinación esta semana, na que está previsto administrar unhas 180.000 doses en Galicia. A de Janssen irá destinada ao grupo de idade entre 65 e 69 anos. // A incidencia da Pandemia estabilízase, cos casos activos por riba dos 3.000. Aumentan en 10 os hospitalizados e hai 45 na UCI, nun día no que non se contan novos falecementos. A Xunta di que a cuarta vaga está a piques de ser superada, pero atrasa a decisión sobre novos relaxamentos das restricións. // Os actores de “Cuñados”, que fan así unha demostración dun anovador sistema de Telepresenza en tempo real. É o Holobox, presentado na Coruña pola multinacional galega Trison, especialista en integración audiovisual. // O Celta encarrila a permanencia, unha temporada máis en primeira diivisión, logo de vencer por dous goles a un ao Osasuna. Un partido no que abriu o marcador un gran gol de Iago Aspas. 26-04-2021
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Domingo Bobillo
Los últimos estudios demuestran que la eficacia de las pruebas PCR en saliva se acerca mucho a la de las habituales a través de la nariz. Además, necesitan menos personal especializado y se pueden hacer en casa. En Galicia, se stán administrando en algunas farmacias, mientras que en Cantabria se están utilizando en cribados y contactos estrechos con positivos. Coronavirus: última hora.
Foto: Un cliente retira un test de saliva para detectar el coronavirus en una farmacia de Vigo, Galicia. EFE/Salvador Sas.
A pandemia segue en fase ascendente. Os casos activos da covid volveron aumentar por quinta xornada consecutiva e superan a barreira dos 3.000 por primeira vez desde o pasado 11 de marzo.
Así as cousas, as doce desta noite entran en vigor as novas restriccións dictadas polo comité clínico que sitúan a cinco concellos no nivel máximo, ao incorporarse Vilanova de Arousa.
No tempo da entrevista o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Miguel Ángel Vázquez, non dubida en cualificar de masacre o vivido nas residencias de maiores durante a pantemia e duplica a cifra oficial de falecidos nestas instalacións
Xosé Manuel García fala co presidente da Sociedade galega de xeriatría e xerontoloxía
As repuntas nos casos de Covid en Galicia marcaron a marcha da pandemia esta semana e hoxe sábado continúan. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recoñéceo pero nunha tendencia a estabilización. Mentras o vicepresidente da Xunta adianta que así as cousas será difícil que o Comité Clínico relaxe as restriccións e chama á prudencia vendo o que pasa noutras comunidades.
Este 24 de abril tamén estaremos en dúas manifestacións. Unha en Mugardos, contra que se dean fondos europeos a empresas contamiantes e outra na Coruña contra o ERTE que Repsol quer facer na Refinería. Tamén hoxe o profesor e editor Víctor Freixanes renovou o seu cargo de presidente da Real Academia Galega para os próximos catro anos
O músico Xoán Curiel preséntanos hoxe en Radio Nacional o seu último traballo. Alejandra López fala con el de "Treides comigo!", un disco no que ofrece unha reinterpretación contemporánea das cantigas medievais. 11 composicións que toman ademais como fío condutor o Camiño de Santiago