Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta fin de semana vanse vacinar en Galicia a unhas 35.000 persoas máis. O 80% dos maiores de setenta anos xa foron inoculados cunha dose como mínimo, o que redunda na diminución da mortalidade.

Rosa Quintana, que foi a primeira persoa do goberno galego en ser inmunizada, pide ó ministerio de Sanidade que permita a vacinación dos mariñeiros.

O Tribunal Supremo revisará a sentenza que condenou a un veciño da Guarda por roubo con violencia. É firme, está xa na cadea, pero as pegadas e o ADN atopados na escea corresponden con outra persoa.

En 2020 a sinistralidade laboral baixou en Galicia case un 25%. Só se recoñecen 92 accidentes por covid, polo que Comisións obreiras pide que se recoñeza ós empregados esenciais que se contaxiaron no traballo.

Hoxe 23 de abril, cita co libro... As librarías fan un desconto do 5 por cento. Abre a feira do libro de Ferrol, e o salón do libro Infantil de Pontevedra.

O tempo. Ata o domingo van continuar os chuvascos treboentos.

 A Pobra do Caramiñal segue a ser  o único municipio da provincia co nivel máximo de restricióins anticovid.
 Ribeira empeora e desde hoxe está en nivel ato de limitacións.
 desde este venres,  os restaurantes que sirvan ceas teñen que contar, obrigatoriamente, cun medidor de CO2.

 
 O concello de Santiago no autoriza o regreso das atraccións de feira.

 O BNG presenta no Congreso unha iniciativa na que lle solicita ó ministerio de traballo que paralice o ERTE na Planta de Repsol na Coruña.

 
 Augas de Galicia financiará a ampliación da depuradora de augas residuais de Sada


 Dimite o director da área da cultura do concello da Coruña.

Este venres estreamos novas medidas contra o coronavirus. O fundamental, o novo mapa de restricións por concellos que coloca a Vigo entre os municipios en nivel medio, con cabidas máis limitadas na hostalaría. Esta é agora mesmo a cidade de Galicia que máis preocupa, e non axuda tampouco a baixa asistencia aos cribados nesta área sanitaria. Entre os máis novos apenas supera o 10 por cento.

Novidades tamén pras atraccións de feira e os mercadiños, con menos limitacións.

Hoxe volve reunirse o subcomité clínico e volve a vacinación masiva.

Galicia é, tras Asturias e Castela e León, a terceira comunidade con máis persoas con polo menos unha dose da vacina. Hoxe comezou a vacinación con Janssen, ós grandes dependentes.

Malestar dos mariñeiros ante o anuncio da ministra de sanidade, que rexeita adianta-la súa inmunización con esta marca.

Unha parte do sector hostaleiro, descontenta coa actual interlocución coa Xunta, acaba de fundar unha nova federación. Agrupa a catro mil empresarios de 13 asociacións.

En Pontevedra, Comisions Obreiras é o único que non quere falar da reubicación de Ence. O resto de sindicatos, incluso o presidente da compañía valoran  estudar outras alternativas

Folga no sector da limpeza da provincia da Coruña. Denuncian as súas condicións precarias, a pesar de ser un colectivo esencial durante a pandemia, e a patronal lles ofrece unha suba miserenta.

O secretario xeral de industria rexeita a cláusula que Alcoa quere incorporar ó seu contrato de venda á Sepi da factoría de San Cibrao, que lle evitaría posibles reclamacións unha vez se peche a operación.

Xa está en prisión o home que o pasado luns agrediu a tres persoas e tentou guidarse desde un oitavo piso. Está acusado de tres delitos de lesións e outro de violación de morada.

 Este xoves case dez mil traballadores do sector da limpeza da provincia da Coruña, maioritariamente mulleres, están chamados á folga hoxe... pero só poderán exercer o seu dereito un milleiro debido aos servizos mínimos impostos.
 
 Rexistrado un único falecemento por coronavirus nas últimas horas. Foi unha muller de 84 anos no Complexo Hospitalario da Coruña.

  O desmantelamento da central térmica de Endesa na Pontes retrasase entre catro meses e un ano.

 Este mércores quedou convocada a comisión interadministrativa do porto da Coruña para o 5 de maio.

Galicia comeza hoxe a administrar as vacinas de Janssen entre os grandes dependentes nos domicilios. A Xunta estaría disposta a usalas tamén para inmunizar os mariñeiros, pero o Goberno insiste en que este colectivo, de momento, terá que agardar.

Polo demais, este mércores seguirán inoculándose as doses de Pfizer en hospitais e centros de saúde, pero non en grandes recintos.

Así amence un día no que de momento temos menos nubes no ceo, pero no que aínda non podemos descartar as chuvias.

A aprobación da vacina de Janssen permitirá acelerar a vacinación de grandes dependentes e mariñeiros. acelérase o proceso pra chegar a xuño coa poboación maior de 60 anos vacinada. Con miras a retomar a normalidade en sectores coma o ocio nocturno.

SOS Sanidade  Pública convoca concentracións ás 8 da tarde para reclamar ó SERGAS atención presencial en Primaria. Xeralizar a atención telemática só beneficia ó sector privado.

O desmantelamento da central térmica das Pontes pódese adiar ata un ano. O ministerio de transición ecolóxica obriga á central a realizar avaliación ambiental ordinaria, e non abreviada, pra este proceso.

Non haberá mocion de censura en Ourense para sacar da alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome. O Partido Popular esixe que o socialista Rafa Villarino renuncie a súa acta de concelleiro. O portavoz socialista xa aclarou que non o vai facer.

Alertan sobre os riscos de investir en criptomoedas sen informarse axeitadamente. As compras deben facerse sen intermediarios. A unha veciña de Sarria estafáronlle 47 mil euros con ese pretexto.

Tempo. Quedamos na influencia dunha borrasca situada ó oeste de Fisterra...