Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 Volven repuntar os contaxios diarios de coronavirus. Achéganse de novo aos 200, ó sumar 174 confirmados por PCR nunha soa xornada. Son 73 máis que no reconto anterior. A taxa de positividade sobe ata o 2,8. Os casos activos son agora 3.048, 26 máis. No lado positivo, baixa a presión hospitalaria.

Hai 207 pacientes con covid ingresados. Deles, 163 están en planta, 11 menos; e 44 na uci, 2 menos.
A cifra de falecidos está agora en 2.385, despois da última morte comunicada polo SERGAS. Unha muller de 97 anos

Alivio de restriccións no Grove e a Pobra do Caramiñal, que saen do nivel máximo a partir do venres. O Comité Clínico mantén a Vigo no nivel medio e amplía de dous a sete días o rastrexo de contactos en caso de contaxio. // A Xestión das multas por non levar a máscara complícase para os concellos. Só o 3 por cento das sancións impostas por policías locais ata agora chegaron a ser cobradas, mentres comenza a haber sentezas xudiciais que cuestionan a sua legalidade. // Os efectos da pandemia pasan factura a Adolfo Domínguez, que duplica perdas durante o último ano, ata os 19 millóns de euros. As súas vendas caeron máis do 40 por cento nese período, pese a un crecemento do 20 por cento do comercio on line. // Unha novela de intriga con protagonista detective ao estilo de Sherlock Holmes. E "Los Misterios de Selva", unha novidade editorial, obra de Emilia Pardo Bazán, que permanecía inédita, e sae a luz cando se cumplen cen anos do pasamento da escritora. 28-04-2021

Galicia supera o millón de vacinas dispensadas. O Sergas agarda que esta semana todos os maiores de 70 teñan polo menos unha dose.

Na busca do control da enfermidade, ampliarase o rastrexo dos contactos, que se vai retrotraer a sete días antes de dar positivo.

Mellora a incidencia nos concellos máis castigados. Dende o venres só quedan tres con peche perimetral.

Alberto Núñez Feijóo desvela que propuxo ó Goberno unha reinterpretación da lei saúde. Para Gonzalo Caballero, isto demostra que a Xunta se extralimitou

Protesta do sector de servizos de festas populares e verbenas ante o Parlamento. Pidenlle á Xunta axudas polo ano que levan sen traballar, e que negocie unha desescalada segura.

Adolfo Domínguez rexistrou no seu último exercicio, ata marzo, case 20 millóns de euros en perdas. A empresa afronta con optimismo o futuro, pero propón un ERE que suporá a saída do 40 por cento dos traballadores de San Cibrao, en OUrense.

A Xunta recoñece que o último estudo da Real Academia Galega sobre o galego nas aulas debe levar a reflexión.  O secretario xeral de Política Lingüística di que hai que seguir traballando para que os castelán-falantes adquiran máis competencias en galego.

O tempo. Ceos parcialmente cubertos, e temperaturas máis baixas

Alivio de restriccións no Grove e a Pobra do Caramiñal, que saen do nivel máximo a partir do venres. O Comité Clínico mantén a Vigo no nivel medio e amplía de dous a sete días o rastrexo de contactos en caso de contaxio. // A Xestión das multas por non levar a máscara complícase para os concellos. Só o 3 por cento das sancións impostas por policías locais ata agora chegaron a ser cobradas, mentres comenza a haber sentezas xudiciais que cuestionan a sua legalidade. // Os efectos da pandemia pasan factura a Adolfo Domínguez, que duplica perdas durante o último ano, ata os 19 millóns de euros. As súas vendas caeron máis do 40 por cento nese período, pese a un crecemento do 20 por cento do comercio on line. // Unha novela de intriga con protagonista detective ao estilo de Sherlock Holmes. E "Los Misterios de Selva", unha novidade editorial, obra de Emilia Pardo Bazán, que permanecía inédita, e sae a luz cando se cumplen cen anos do pasamento da escritora. 28-04-2021

O aire frío nas capas altas mantén a intestabilidade, de xeito que se esperan ceos con alternancia de nubes e claros. Ao sureste pode haber algún chubasco tormentoso. Lixero descenso das temperaturas 28-04-2021

Datos Covid
 Continúa en aumento a presión nos hospitais por mor da pandemia. Son 220 as persoas ingresadas. Delas, 174 están en planta, cinco máis, e 46 na UCI, unha máis.Os casos activos tamén soben lixeiramente.
 Colócanse en 3.022, sete máis que no reconto anterior.  
 Pola contra baixan os contaxios diarios. Confirmáronse 101 positivos por PCR. Son 40 menos. E a taxa de positividade cae ó 1 por cento.
 As vítimas mortais pola pandemia ascenden a 2.384, tras notificar o SERGAS dous novos falecementos a pasada tarde.
 Un 11% dos galegos ten a pauta vacinal completa, tras superar Galicia o millón de doses administradas.
 Esta tarde reunese o comité clínico. Non se agardan cambios en canto ás medidas para a desescalada, si se espera algunha variación en canto a situación dos concellos en función da repercusión da pandemia en cada un deles.
 
 Un total de 400 farmacias da provincia de Pontevedra inician  este miércoles un cribado masivo para personas de entre 12 y 64 años. Realizarase mediante a recollida dunha mostra de saliva. 
 En Pontevedra hay 627 mil personas nesa franxa de idade
 A campaña manterase todo o tempo que sexa necesario, segundo indicou o colexio de farmacéuticos

A declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas como patrimonio da Humanidade pola Unesco está máis cerca coa inclusión das Cíes na rede Internacional de Humidais. Galicia convértese na terceira comunidade con máis espazos deste tipo protexidos, despois de Andalucía e Valencia .

Os datos da pandemia están estabilizados, con lixeiras alzas na presión hospitalaria. Esta tarde terá lugar unha reunión do comité clínico da que non se agardan novos pasos na desescalada.

A Xunta denuncia discrecionalidade no goberno central no reparto de fondos para os gastos da pandemia. O conselleiro de Facenda agarda que esa situación non se manteña na asignación dos plans de recuperación financiados con fondos europeos.

Operación policial contra o tráfico de drogas en varias localidades das provincias de Pontevedra e a Coruña. Realizáronse rexistros en domicilios de Cambados, A Illa, Porriño, Ponteareas, Tui, Vigo e Ferrol. Hai dez detidos.

O actual modelo educativo reduce as competencias en galego dos alumnos castelán-falantes. Un estudo da Real Academia galego acredita que case 1 de cada 3 alumnos que falan castelán acaban a ESO cunha escasa competencia en galego.

O tempo. Mantense certa inestabilidade