Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A xunta mantén a ameaza de acudir ó Constitucional se Sanidade non modifica os límites horarios para a hostalaría. Orde que tamén rexeita o sector. Pero a ministra Carolina Darias xa iniciou os contactos coas comunidades para retomar a negociación.
Galicia conta co aval duns datos cada vez algo mellores que pode levar hoxe ó comité clínico relaxar máis as medidas en vigor.
Nun martes moi sinalado para máis de 13 mil estudantes que desde hoxe se enfronta ó temido exame de selectitivade. Farano nun día que amence con neboas e nubes baixas pero que quedará despexado e  temperaturas altas

 Xunta, a hostalaría e o lecer nocturno únense contra as normas que dende esta fin de semana regulan a apertura do sector. Galicia está disposta a recorrer ante o Tribunal Constitucional argumentando que o Executivo central invade competencias autonómicas. Polo dagora a Audiencia Nacional xa paralizou a aplicación destas medidas na Comunidade de Madrid.


Que tal... boas tardes... Mañá a Xunta dará a coñecer os detalles dese posible recurso e pide, en todo caso, que as normas se revisen periodicamente.


Decontado ampliamos esta e outras novas.

Os casos activos redúcense case á metade no último mes, e tamén caen as hospitalizacións. As Ucis teñen a metade de pacientes que o luns pasado.

O goberno xa non fala de xullo para comezar a aplicar os descontos anunciados na Autopista do Atlántico. Ampliaranse ós transportistas

Carlos Babio absolto dun delito contra a honra da familia Franco, por dar conta en Mediaset das súas investigacións sobre o patrimonio do dictador

Todo listo pra a celebración mañá da ABAU, a antiga Selectividade. Por segundo ano, os exames estarán condicionados por un protocolo anti-cóvid

A Biblioteca Nacional, en Madrid, acolle desde hoxe unha das cinco  exposicións que se dedican a Emilia Pardo Bazán no ano do centenario do seu pasamento.

 Desde hoxe, ningún municipio da provincia está en risco extremo por coronavirus.
 A Pobra do Caramiñal abandona o nivel máximo de restricións.  O terceiro desde o inicio da pamdemia sanitaria.
 Os seus veciños recuperan a mobilidade.
 
 A área sanitaria de Santiago/Barbanza estrena a vacinación anticovid do grupo de idade de 40 a 49 anos.
 
 Os portos da provincia poden recibir, desde hoxe, cruceiros internacionais. Estaba prohibido dede o 23 de xuño de 2020.
 
 O aeroporto de Santiago recupera os vos internacionais. Este verán contará con 14 rutas.

 Morre o profesor da Universidade de Santiago Luis Caramés.

A partir de hoxe esténdense a toda Galicia a vacinación do colectivo de entre 40 e 49 anos. Unha nova que coincide no tempo coa recuperación da libre mobilidade en toda a comunidade. Mos e A Pobra do Caramiñal despedíronse esta noite do peche perimetral.
Boas novas en relación coa pandemia, que este domingo nos deixaba ademais unha das cifras de contaxios máis baixas dos últimos once meses

Chega a hora da entrevista do domingo á Crónica de Galicia. Xosé Manuel García fala co presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias, que desenvolve a súa actividade profesional no hospital do Salnés e ademais é membro do comité de expertos que asesora á Xunta sobre a pandemia

Comeza arestora a vacinación dos menores de 50 anos en Galicia. E faino en Santiago. Mañá a inmunización deste grupo de idade estenderase a outras áreas sanitarias.
Mentres, a pandemia, continúa a tendencia descendente.

Hoxe soubemos tamén que o 14 de xuño o Papa recibirá no Vaticano ó presidente da Xunta e ó arcebispo de Santiago con motivo do Xacobeo.

Contra ás dúas menos vinte, a entrevista. Hoxe con Tato Vázquez Lima, presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e membro do comité clínico que asesora á Xunta sobre a pandemia.

A Xunta non aplicará de momento as medidas do Goberno para a desescalada. Antes quere saber se son obrigatorias. Agárdase que a asesoría xurídica se pronuncie a vindeira semana.

A pandemia continúa, mentres, a súa evolución positiva, cos casos activos por baixo dos 2 mil por primeira vez en dez meses.

E estamos tamén en Santiago, nunha marcha para reclamar un novo modelo eólico para Galicia, apoiada por milleiros de persoas.

Contra ás dúas menos vinte, a entrevista. Hoxe, con Marta Pazos, directora da compañía de teatro Voadora.

O Ministerio de Sanidade vén de remitir ás comunidades autónomas a orde que obriga a cumprir os acordos do Consello Interterritorial de Sanidade que non comparte a Xunta. Galicia propón revisar este documento e que se avalíe cada quince días polas comunidades para ilo adaptando á situación sanitaria.


Que tal boas tardes... Audasa terá que investir 3,4 millóns de euros na AP-9 para cumprir os requerimentos de seguridade que lle fai o Ministerio de Transportes.


Decontado ampliamos estas e outras novas.

A concesionaria da AP-9 vai ter que investir 3,4 millóns de euros.

Non por vontade propia, senón porque un informe do Ministerio de Fomento advirte de fallos na seguridade.

- O Bng reclama que se debata xa no Parlamento o dictame da comisión de reactivación.

Debería estar xa en xaneiro. Os nacionalistas rexistraron esta maña a súa proposta de conclusións con 170 medidas para incentivar a recuperación de Galicia.

- concentración de traballadores das prisións de Pontevedra e Ourense para reclamar máis persoal.

Prodúcense logo da última agresión sufrida esta semana por tres funcionarios do cárcere pontevedrés. Os sindicatos denuncian a falta de persoal na vixilancia dos internos

- A Ribeira Sacra terá que agardar un ano máis pra que a UNESCO considere a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

O goberno galego e o central acordaron apraza-la candidatura pra reforza-lo documento, e asegurar que en 2022 é a proposta máis forte de España.

O Rei Filipe Sexto fará persoalmente a ofrenda ao Apóstol e non recorrerá, como noutros anos, a un delegado rexio. Anunciouno onte en Santiago onde participou no Primeiro Congreso Xacobeo.

 ---Convocada unha marcha cívica nos xardíns do Pazo de Meirás o día 19 para reivindicar o inmoble como patrimonio público.

  ---As praias da cidade da Coruña deberán estár sen xente a noite de San Xoán a partir da 21 horas.
 
  --- O concello da Coruña aproba cun retraso de 33 anos o primeiro regulamento de uso do galego. O PP votou en contra