Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A partir deste sabado non haberá limitación de número para as reunións que se produzan no interior dos fogares ou na rúa. Limitacións que so continuarán en vigor, ainda que suavizadas, nos locais de hostalaria, quince persoas en terrazas e seis no interior dos locais. Nuns intres ampliamos esta información, antes titulares deste xoves dez de xullo.

 Os xardíns do pazo de meiras abriranse ó público a partir do próximo día 25. Será con reserva previa.

 Detectase un gromo de coronavirus nunha granxa de visóns en Carral. Afecta a cinco exemplares. Se o contaxio non remite serán sacrificados os 65 mil animais na granxa.

 Nos deportes destacar  a derrota do leyma coruña fronte o granada, co que non poderá loitar polo ascenso á ACB.

A melloría nos contaxios e nas hospitalizacións e o elevado número de inmunizados leva á Xunta a adiantar a este sábado varios cambios no mapa de restriccións e anunciar unha revisión maior a partir da vindeira semana.
De momento, desde pasado mañá, excepto na hostalería,  onde se amplía o número, xa non hai número límite para as reunións.
Este xoves, no que poderemos contemplar un mini eclipse solar entre as once e as doce, coñecemos tamén que o Pazo de Meirás vai ser de novo visitable.
Deportes. Cara e cruz. O Breogan estará na final polo ascenso á ACB o Basquet Coruña quedou eliminado.
Seguiremos con tempo de verán.

Galicia entra na "nova normalidade". Cunha incidencia acumulada de 48 casos por cada 100 MIL habitantes a 14 días, o comité clínico avanza na desescalada e elimina as restricións ás xuntanzas entre persoas non convivintes. Dende o sábado poderá reunirse canta xente o desexe e a calquera hora, agás na hostalaría

A esta hora o presidente da Xunta, Núñez Feijóo da conta dos acordos do comité clínico. Anuncia unha revisión completa das restricción debido a boa evolución da pandemia.

O comité clínico deixou case toda Galicia co nivel mínimo de restricións. A boa marcha dos datos sanitarios permite rebaixa-las limitacions nunha xornada na que a Interterritorial deberá analizar unha nova proposta do Ministerio de Sanidade. Desta vez serán recomendacións, e non obrigas para as comunidades.

As crises de 2008, e a máis recente provocada pola pandemia, acentuaron o paro da mocidade en Galicia en 20 puntos

O presidente Núñez Feijóo defende no Parlamento a xestión medioambiental da Xunta. A oposicion acúsao de estar ó servizo das eléctricas.

En Ourense, o alcalde someterase o luns a unha moción de confianza, vencellada á aprobación dunha modificación de crédito. Só conseguiu 4 votos pra unha modificación presupostaria por valor de 62 millóns de euros

Xa non queda ningún concello na provincia, tampouco en Galicia, nos niveis máximo ou alto, de restriccións por mor da pandemía, o único que había, o de Oroso, baixará de nivel alto a nivel medio, a partir deste sabado. Nuns intres ampliamos a información relacionada coa pandemia antes, outros titulares deste mércores 9 de xuño.
 
  Todolos grupos municipais do concello da Coruña chegan a un acordo para axilizar as axudas á autónomos e micropimes. A contia será de dous mil euros

  A xustiza admite a trámite o recurso presentado pola familia franco para que se lles permita retirar todolos bens do pazo de Meiras.

 A Universidade da Coruña pon en marcha un servizo de Información ás Vítimas e Familiares do Franquismo que coordena a cátedra da Memoria Histórica.

 

En xullo comeza a vacinación das persoas de menos de 40 anos. O SERGAS habilitará un sistema para solicitar cita previa no que poderán participar xa os maiores de 18 anos, que serán chamados cando vaian quedando ocos.


Que tal boas tardes... e Galicia proba a vacina de Pfizer nos nenos. 55 menores galegos de 12 anos participan nun estudo internacional para probar a resposta deste soro.


Deseguido ampliamos estas e outras novas.

A situación da pandemia segue mellorando, pero faino a un ritmo máis lento. Os casos activos redúcense lixeiramente. Hoxe son 1.729, cinco menos ca onte, tras rexistrarse 82 novos contaxios, que supoñen 28 máis que na xornada anterior. // O Ministerio de Sanidade elabora unha nova proposta de medidas, que inclúe máis flexibilidade para a apertura do lecer nocturno, tras o rexeitamento de varias comunidades, entre elas Galicia, ás que aprobou a semana pasada..// Sen vacinar aos seus 64 anos. Esa e a situación que quixo denunciar o senador socialista pola Coruña Antonio Vázquez. Di que, a estas alturas, nin sequera recibíu información para a primeira cita, polo que hoxe amenazou con pecharse na xefatura territorial da Xunta. // Os sindicatos do Ensino, preocupados polo protocolo para o póximo curso. Acusan á consellería de educación de ocultar unha posible redución de profesorado, coa decisión de rebaixar a distancia entre o alumnado a 1 metro con 20. 08-06-2021

Historia de España, e Lingua e Literatura Castelá. Así comezaban as probas de Avaliación para o Acceso a Universidade, para 13.200 alumnos galegos, logo dun bachalerato marcado pola pandemia. // A Xunta anuncia accións legais para defender o Plan de Marisqueo, tralo recurso presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. A conselleira do Mar asegura que a suspensión do plan pon en risco o futuro dun sector con 8.700 empregos. // A poboación de xabarís ascende en Galicia a uns 200.000 exemplares, segundo Unións Agrarias, que denuncia un aumento de ataques desta especie a explotacións agrícolas e gandeiras. Estima nuns 15 millóns de euros anuais os danos, // O traballo que leva a cabo o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, a través das fotografías dun estudante colaborador. É unha iniciativa con motivo do Día Mundial dos Oceanos, para concienciar da importancia de coñecer e preservar o mar. 08-06-2021

Poucos cambios a nivel atmosférico, polo que haberá ceos despexados en xeral con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Máis cuberto ao norte da Coruña e Lugo Tempeaturas sen cambios. 08-06-2021

Historia de España, e Lingua e Literatura Castelá. Así comezaban as probas de Avaliación para o Acceso a Universidade, para 13.200 alumnos galegos, logo dun bachalerato marcado pola pandemia. // A Xunta anuncia accións legais para defender o Plan de Marisqueo, tralo recurso presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. A conselleira do Mar asegura que a suspensión do plan pon en risco o futuro dun sector con 8.700 empregos. // A poboación de xabarís ascende en Galicia a uns 200.000 exemplares, segundo Unións Agrarias, que denuncia un aumento de ataques desta especie a explotacións agrícolas e gandeiras. Estima nuns 15 millóns de euros anuais os danos, // O traballo que leva a cabo o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, a través das fotografías dun estudante colaborador. É unha iniciativa con motivo do Día Mundial dos Oceanos, para concienciar da importancia de coñecer e preservar o mar. 08-06-2021

España non esixirá o certificado COVID ós viaxeiros procedentes de Portugal. Así o comunicou o ministro portugués de exteriores, que di que se trata dun erro que o goberno central corrixirá hoxe mesmo

Arrinca a segunda ABAU baixo protocolos de prevención anticóvid. 13.200 estudantes enfróntanse dende esta mañá ás probas de acceso á universidade.

Máxima preocupacion dos sindcatos do ensino ante a falta de informacion sobre o vindeiro curso escolar. Non admitirán recortes de persoal ou medidas de seguridade.

O presidente da Xunta cre que hai espazo en Galicia para dúas pasteiras, e para unha fábrica de viscosa de orixe forestal.

O goberno galego irá ata o final na defensa do plan de explotación marisqueira fronte ó recurso presentado polo MInisterio de Transición

Unións agrarias denuncia unha "praga sen control" de 200 mil xabaríns en Galicia. Reclamarán no xulgado o cen por cento dos danos.

As emisións de CO2 galegas baixaron un 24% dende 1990. A Xunta aspira a ter emisións neutras no ano 2040.

 As dez da mañá, arranca a ABAU, a antiga selectividade.
 Este curso, son 6.200 os  estudantes de bacharelato que poden realizar as probas de acceso a universidade na provincia.
 Por segundo ano consecutivo, os exames están condicionados pola pandemia do corornavirus.

 Os gandeiros da Costa da Morte denuncian danos causados polo xabarín nas súas plantacións de millo.

 Coas obras de saneamento da Malata xa rematadas, finaliza  a depuración da ría de Ferrol.

 O alcalde de Santiago confía en que o Papa Francisco acepte o convite pra visitar Santiago durante este Ano Santo.