- Os 27 certames pretenden a longo prazo medidas de igualdade de xénero e apoio a proxectos locais
- Nesta iniciativa internacional, Pacto da Cultura Sustentable, están o Festival de Cans, o da Luz, Cineuropa e o Marisquiño
Comprométense para 2022 a eliminar plásticos nos festivais, minimizar a pegada de CO2 e a aumentar a enerxía renovable nun 50 por cento.
O delegado do goberno confirma a detención dunha cuarta persoa en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que non coñecía de nada á vítima, igual que os otros tres detidos anteriormente, que mañá pasarán a disposición xudicial. Todos son de nacionalidade española e non teñen antecedentes penais. // Novo salto dos casos activos en Galicia, que son xa 3.231. É a maior cifra dende o pasado 29 de abril, tralo aumento derivado da Semana Santa. Os novos contaxios detectados ascenden a 412, un número que non se rexistraba dende febreiro pasado. A incidencia acumulada supera xa os 100 casos por 100.000 habitantes. .// O Festival de Cans, o da Luz, Cineuropa ou o Marisquiño.... Ata 27 dos principais eventos culturais que se celebran en Galicia suscribiron hoxe o Pacto de Cultura Sustentable. Unha iniciativa internacional para que disfrutar dos espectáculos sexa máis compatible co respecto ao medio ambiente. 08-07-2021
Un varón de entre 20 e 25 anos, é o cuarto detido en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que, Igual que os outros tres , non coñecia de nada á vítima. // Os casos activos avanzan, logo de rexistrarse máis de 400 novos contaxios nas últimas horas. Mentres, as doses administradas chegan xa aos tres millóns. Os certificados de vacinación poderán pedirse a partir de agora tamén nas farmacias. // Os Sindicatos médicos denuncian situacións de sobrecarga de traballo, tensión e estrés na Atención Primaria, ante o avance da Pandemia e a chegada de turistas a Galicia. // Comenza a producción de tres novos modelos de furgonetas 100% eléctricas na factoría de Stellantis en Vigo. A dirección da multinacional anuncia que debido ao aumento da demanda, a sua fabricación será compartida cunha planta de Inglaterra. 08-07-2021
O Tempo cambia hoxe para quedar baixo a influencia anticiclónica. Os ceos ainda parcialmente nubrados a primeira hora no norte, van deixando paso ao sol e ceos despexados en xeral. As temperaturas máximas en ascenso, máis altas canto máis ao sur, e van dende os 21 da Coruña aos 30 que se acadarán en Ourense. 08-07-2021
Un varón de entre 20 e 25 anos, é o cuarto detido en relación coa morte de Samuel Luiz na Coruña. Os investigadores cren que, Igual que os outros tres , non coñecia de nada á vítima. // Os casos activos avanzan, logo de rexistrarse máis de 400 novos contaxios nas últimas horas. Mentres, as doses administradas chegan xa aos tres millóns. Os certificados de vacinación poderán pedirse a partir de agora tamén nas farmacias. // Os Sindicatos médicos denuncian situacións de sobrecarga de traballo, tensión e estrés na Atención Primaria, ante o avance da Pandemia e a chegada de turistas a Galicia. // Comenza a producción de tres novos modelos de furgonetas 100% eléctricas na factoría de Stellantis en Vigo. A dirección da multinacional anuncia que debido ao aumento da demanda, a sua fabricación será compartida cunha planta de Inglaterra. 08-07-2021
Vaise pechando o círculo dos presuntos culpables pola morte o sábado de Samuel Luis Muñiz na Coruña. Un cuarto detido foi levado hoxe ao cuartel de Lonzas.
Os concellos analizarán coa delegación do goberno o dispositivo para evitar botellóns. A Coruña e Santiago adiantan que non pecharán parques nin praias.
O sindicato médico pide reforzos pra atender a suba de contaxios e de pacientes, coa chegada de máis turistas. Temen o colapso dos centros de saúde e dos PACS.
O BNG denunciará o plan eólico da Xunta ante a COmisión Europea. Din que vulnera seis directivas comunitarias en materia medioambiental.
A Casa Museo de Rosalía de Castro cumpre 50 anos. Celebrarano cunha ampla programación, entre a que se inclúe unha completa visita virtual.
- Es un amigo de los otros tres arrestados el pasado martes
- El detenido está acusado de homicidio y apropiación indebida
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Os tres detidos pola morte do mozo corruñés Samuel Luis Muñiz, de 24 anos, poderían pasar a disposición xuduicial nas próximas horas. Foron detidos o martes.
Os amigos de Samuel esperan que a xustiza non os decepcione.
A fiscal xeral do Estado, Dolores Delegado, pide prudencia e promete investigar todo o ocorrido para coñecer toda a verdade.
Morre unha muller de 38 anos a causa da covid no Hospital da Coruña.
O grupo municipal do BNG en Santiago recolle sinaturas contra a suba do prezo da luz.
As Autoescolas da Coruña denuncian a falta de examinadores para sacar o carnet de conducir.
Deportes. O Deportivo inicia hoxe a pretemporada coas probas médicas. O luns, primeiro adestramento.
Galicia non propón pechar o lecer nocturno malia o aumento de casos covid nesta semana. Sen embargo nos lugares con incidencia elevada vai ser precisa unha PCR previa para poder entrar nos locais. A Xunta tamén solicita aos concellos que precinten certos espazos, como parques ou prazas, durante a noite para evitar botellóns, que semellan ser sitios de propagación do virus.
Na investigación polo asasinato de Samuel, ocorrido o pasado sábado na Coruña, os tres detidos como presuntos autores, dous homes e unha muller de entre 20 e 23 anos, poden pasar a disposicón xudicial hoxe. E poden non ser os últimos detidos en relación co crime.
En Santiago está a celebrarse na Cidade da Cultura a maior feira de dróns de España. Alí a Xunta anunciou 70 millóns de investimento nos vindeiros 5 anos para consolidar este sector en Galicia.
Para este xoves, no meteorolóxico prevese o regreso do anticiclón.
- A desescalada corre perigo polo aumento dos contaxios entre os mozos
- O comité clínico acordou pechar praias, parques e prazas entre as doce da noite e as seis da mañá para evitar botellóns
A Xunta precintará lugares habituais de botellón en horario nocturno e pedirá PCR para entrar en discotecas e pubs en concellos de nivel medio
Parques e praias pechados a partir das 12 da noite para evitar concentracións de xente É unha das medidas do Comité Clínico para frear o aumento de contaxios, especialmente entre a mocidade. Sanidade fai un chamamento a participar nos cribados masivos e advirte que a desescalada está en perigo. // Tres persoas detidas en relación co crime de Samuel Luiz. Dos homes e unha muller, de entre 20 e 25 anos, mentres sigue a investigación para identificar ao resto dos autores da malleira que acabou coa vida do mozo. // Gandeiros de leite bloquean o acceso á unha planta envasadora en Outeiro de Rei para reclamar o pago de máis de cen mil euros que di, lle adebeda o Grupo Santé. // O sector da aviación non tripulada, os drons, é o que máis empresas creou en Galicia durante a pandemia. 70 firmas internacionais participan estes días nun evento que se celebra na Cidade da Cultura. 07-07-2021

O aumento de contaxios, sobre todo entre os mozos, leva ao Comité Clínico a medidas como o peche de parques, praias e outros espazos habituais de botellón, a partir das 12 da noite. Tamén fai un chamamento a participar nos cribados masivos dirixidos a este grupo de poboación // No novo mapa de restricións, dez concellos pasan a nível medio e no alto, a parte do concello de Sarria, o comité clínico decidiu incluir aos de Vilagarcía, A Illa de Arousa e Cambados. Restricións que entrarán en vigor o próximo sábado. // Retorno a Tagen Ata, unha das máis emblemáticas obras de Xosé Luís Méndez Ferrín, cumpre 50 anos. Con tal motivo a banda de metal Dioivo fai unha homenaxe a este clásico da literatura galega. No tema que o dúo vigués acaba de editar participa o propio escritor. 07-07-2021