Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta quinta onda da pandemia vai camiño de alcanzar niveis de primeiros de ano. con récord de contaxios diario. Xa estamos en 8.300 positivos. A diferencia coa terceira onda e que daquela no peor momento pasaba dos mil hospitalizados e agora, aínda que aumentaron, non chegan a un cento.
O subcomité clínico está reunido desde as doce e media. Pero non se agardan cambios significativos nas restriccións xerais, só no mapa de concellos. Xa saben desde a próxima medianoite 7 quedan no nivel alto e 15 no medio. Pero estes números poden variar.

O Concello da Coruña propón mercar o 75 por cento do peirao de Batería.
O 25 por cento restante apartaríano o resto da administracións.
É a proposta que presentou este xoves na xuntanza da Comisión que estuda o futuro do porto interior da cidade.
O goberno local sostén que, deste xeito, blíndase a titularidade pública dos terreos portuarios.

Empeoran os datos da pandemia na provincia. En só 24 horas, houbo máis de 350 novos contaxios de covid.

Concentración na Coruña en contra do parque eólico da Pena do Corvo, en Monfero.


A xuiza que investiga a morte de Samuel Luiz cita esta mañá ós tres mozos maiores de idade detidos, para ratificar a súa prisión provisional.


Deportes: O base Monaghan renova co Basquet Coruña. Seá a súa sexta temporada. Os coruñese arrancan a nova temporada o 8 de outubro na pista do Cáceres.
 

O aumento de casos de coronavirus aumenta a preocupación do sector da hostalería que quere evitar un novo peche xeral. De momento, a Xunta, que recoñece o empioramento da situación, non quere falar de toque de queda. Hoxe reúnese osubcomité clínico que podería modificar os niveis dalgun concello. De momento, se non hai cambios, a próxima medianoite 7, catro do Salnés, a illa Vilanova Vilagarcía e Cambados e 3 de Ourense, a capital, Barbadás e O Baraco pasan ó nivel alto co que os bares non poden abrir no interior.
Este día do carme comeza con ceos limpos e agárdanse temperaturas xa propias dos mellores día do verán.

O aumento de casos dispara nas farmacias a demanda de test de saliva e os de antíxenos, que ofrecen o resultado en poucos minutos. A partir da próxima semana poderán mercarse sen necesidade de receita.

Os últimos datos da pandemia son os peores desde que comezou esta onda de xullo. Detectáronse máis de mil casos en só 24 horas e xa pasan de 7 mil os casos activos. Pero, ademáis, agora soben tamén as hospitalizacións 12 máis: na UCI hai case a metade máis.
As novas restriccións non empeza ata o sábado, ademáis con polémica. Algúns municipios queixanse dos criterios que emprega sanidade pra establecer os distinstos niveis. As miradas diríxense a Sanxenxo porque queda no nivel medio a pesar de ter unha incidencia de casos superior a doutros concellos que están no alto.

Volta atrás na chamada desescalada da pandemia do coronavirus.
A provincia da Coruña segue sen ningún concello en nivel alto de restricións anticovid.
Hai catro en nivel medio. Pasa de un a catro as cero horas do sábado.
Tamén desde o sábado só pode haber 10 persoas non conviventes xuntas nas terrazas e 6 no interior dos locais de hostalería.

O concello da Coruña presenta esta tarde a súa poposta para os peiraos de Calvos Sotelo de batería.
Morren duas mulleres de covib en Ferriol en Betanzos. Tiñan 88 e 100 anos de idade.
O concello de Ferrol debate esta tarde en pleno os orzamentos de 2021. As contas serán aprobadas tralo acordo alcanzado polo goberno local con Ferrol en Común e co BNG.
A Casa Museo de Rosalía de Castro cumpre hoxe 50 anos. Falaremos co seu director, con Anxo Angueira. Será dentro duns minutos.

A Xunta pisa o freo na desescalada. Pero, como as hospitalizacións están estables, céntrase nas reunións de non conviventes, volve a limitar o numero, e no lecer nocturno: a partir do vindeiro mércores haberá que aportar certificado de vacinación ou proba negativa para entrar nos locais.
Iso sí, aumenta os concellos con limitacións: sete no nivel alto e 15 no medio.
E é que os contaxios non para de subir e xa hai de novo 6.300 casos activos.
Tras case unha semana sen mortes, vén de comunicarse o falecemento de dúas mulleres en Ferrol e nunha residencia de Betanzos.
O tempo. A partir de hoxe anúnciase unha suba siginificativa das temperturas.

 O feito de que as hospitalizacións a causa da pandemia se manteñan estables fai que a Xunta cambie os criterios para determinar as limitacións que ten cada concellos. Para subir de nivel hai que ter unha incidencia superior . Aínda así 7 concellos, entre os que está a capital ourensá, quedan no nivel alto de restriccións, o que supón o peche da hostelería. Outros 15, incluídos Vigo e Pontevedra, pasan o nivel medio, o que conleva o peche no interior da hostelería.

A Xunta decide ademáis limitar a 10 e 6 as reunións de non convivientes en terrazas e interiores; e vai pedir PCR en tódo-los locais de lecer nocturno a partir do vindeiro martes.

A incidencia da COVID entre os mozos de 20 a 29 anos están en 782; a de 70 anos, en 31. Pero a Xunta valora que se mant´ña estable a situación nos hospitais.

Antonio Garrido, reportero de Como Sapiens, viaja hasta Arzúa para cocinar junto a Mº José Sanmartín, de Casa Chelo, un plato con un queso gallego con Denominación de Origen: el queso Arzúa-Ulloa. Se trata de un queso de pasta blanda y corteza fina, que se elabora con leche de vaca rubia gallega. Su elaboración se limita a una zona geográfica que abarca únicamente 24 municipios.

El plato elegido, un bacalao confitado con pimientos, patatas y queso Arzúa-Ulloa. Para hacer esta receta solo vamos a necesitar una pieza de bacalao, pimientos, patatas, queso Arzúa-Ulloa, aceite y sal. Asaremos los pimientos con aceite y sal al horno, cortamos las patatas "redonditas y finitas" y las freímos. Después pondremos a aceite muy tibio el bacalao para que no llegue a freír. El último paso, colocar encima del bacalao una loncha del queso y hornear.

Si quieres explorar más recetas de Como Sapiens visita nuestro portal de Cocina RTVE.