A reunión en Estados Unidos da Ministra de Industria en Estados Unidos con responsables da multinacional Alcoa non acaba de despexar o futuro da fábrica de alumnio de San Cibrao. Reyes Maroto amosa a súa sorpresa co comunidado no que Alcoa-España nega que houbera un compromiso da multinacional para negociar a venda da fábrica de aluminio de San Cibrao á marxe da Sepi.
Repuntan os casos de Covid nas nosas provincias. Os casos activos increméntanse nas catro as áreas sanitarias.
As dez desta mañá comeza na Audiencia Provincial da Coruña o xuizo contra o ex alcalde popular de Coristanco, Antonio Pensado. Acúsaselle de delitos de prevaricacióne malversación.
O Concello de Santiago, por outra banda, confía en que a folga convocada para o sábado e ó domingo en Tussa, a empresa municipal de transportes, poida cancelarse se de aquí á fin de semana.