Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Dous informes de ADN implican directamente a dous dos adultos encarcerados pola morte de Samuel Luiz hai un mes na Coruña. Xa están en más da xuiza que leva o caso, que vén de levantar o segredo do sumario.
Os implicados están acusados de dous delitos contra a vida, un deles consumado. A policía incorpora a especialistas en redes para analizar os móbiles dos detidos que borraron as conversas. A agresión fatal que acabou coa vida de Samuel na madrugada do 3 de xullo durou seis minutos.

Baixan os casos activos e os novos diagnósticos, pero aumentan as hospitalizacións.

Hai 12 persoas máis ingresadas. Son en total 328, delas 43 están nas unidades de críticos, unha menos que no anterior balance.

- Sanidade cré que estamos chegando ó pico desta quinta onda da pandemia.

Por iso no adoptrá máis restriccións na reunión desta semana do no comité clínico, É máis, poderíanse relaxar algunhas medidas.

- A Xunta pretende crear un polo de tecnificación cuántica a partir do Centro de supercomputación de Galicia.

É un dos proxectos presentados por Galicia para acceder ós fondos Nest Generation ó que propón destinar 154 millóns de euros.
 

Os hostaleiros galegos rexistran un elevado número de cancelacións. Vincúlanas ó tempo e tamén ós requisitos que se esixen nos concellos
en nivel alto e máximo, que representan un terzo da poboación. Cren que supoñen un gasto a maiores para os turistas e pide piden flexibilidade na aplicación das medidas.
Agora recollemos as súas queixas. Antes outros titulares deste primeiro luns de agosto.

Este domingo empioraron todos os datos da pandemia e rexistráronse outros tres falecementos.

Hoxe acaba o prazo que os traballadores de Alcoa deron para manter en suspenso a folga na fábrica de aluminio.

O BNG quere que en Galicia non se poidan construir parques eólicos no mar. Consideran que non son compatibles coa actividade pesqueira.

A pandemia non acaba de remitir en Galicia. Este domingo temos que dar conta de aumentos en tódos rexistros. Hai máis persoas coa enfirmidade. Sobiron os contaxios ata os 1.300 nun día. E a presión hospitalaria aumenta tanto nas Unidades de Coidados Intensivos como nos que están en planta.

Mentras a esixencia de presentar test negativo ou carné de vacinación para entrar en establecementos hostaleiros está a provocar cancelacións. Un requisito vixente nos concellos en nivel alto e máximo, que representan un terzo da poboación.

Nos deportes moi pendentes do que poida facer a ribeirense Ana Peleteiro nos xogos olímpicos de Tokio na proba de triple salto que vai comezar en uns minutos.

El pasaporte COVID es una de las medidas que están intentando aplicar las comunidades autónomas para conseguir el buscado equilibrio entre salud y economía. Sin embargo, su uso para acceder a interiores tiene una implantación desigual en España. Ya se está aplicando en Galicia, pero la justicia lo ha tumbado en Cantabria y en Canarias. Por eso, con el pasaporte o sin él, los expertos insisten: mascarilla, distancia y lavado de manos.

Coronavirus: última hora en directo

Foto: EFE/Kiko Delgado

A pandemia está a tensionar aos profesionais sanitarios que se amosan esgotados e decepcionados. Así as cousas o Colexio de Médicos de Pontevedra non dubidou en presentar unha denuncia pola vía penal contra os responsables do Sergas pola sobrecarga que sofren na atención primaria.

Mentras, a pandemia da mostras de que o pico da quinta onda podería estar xa pasado. Onte foron 63 menos os contaxios que o día anterior. Baixan os hospitalizados pero hai catro persoas máis nas ucis.

Noutra orde cousas, as primeiras horas da operación saída de agosto déixanos duhas persoas mortas por atropelo nas estradas. Unha en Mugardos e outra en Vilariño de Conso.

Nos deportes, a boa nova olímplica é que o atleta de Viveiro, Adrián Ben, clasificouse para a correr mañá a semi final de 800 metros.

A conferencia de presidentes que se celebrta en Salamanca aborda o proceso de vacinación, o reparto dos fondos europeos ou o reto demográfico.
O presidente galego pediu que se permita aplicar doses de Jansen ós menores de 40 anos para compesar o descenso da vacinas. Pedro Sánchez anunciou que en agostos haberá máis doses de Pfizer polo que se poderá manter o ritmo de inmunización.

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia xa pasan de 300 e hai case 19 mil persoas coa enfermidade.

As residencias de maiores rexistran 21 positivos e aumentan a 24 os contaxiados en centros de atención a discapacitados tras detectarse 17 casos en Vigo.

- O Tribunal Superior de Galicia autoriza a limitación do dereito á reunión en toda a comunidade polo incremento de casos de coronavirus.

Os maxistrados consideran que son necesarias e proporcionadas porque os datos da pandemia revelan un preocupante aumento na transmisión da infección.


- A deputación permanente do parlamento acordou por unanimidade a comparecencia do consellerio de Sanidade na Cámara.

A petición realizouna o BNG ante os datos que está deixando en Galicia a quinta onda da covid. A comparecencia será o vindeiro martes.

- A Audiencia provincial de Pontevedra ordena a análise da corda, pelos e flores atopados ó carón do cadáver da moza Déborah Fernández.

En contra do criterio do xulgado de Tui, sinala que as novas tecnoloxías poderían atopar restos de ADN.

A relaxación das medidas contra o coronavirus e o progreso da vacinación permitiron unha mellora significativa do mercado laboral. O paro baixo case catro puntos no segundo trimestre, aínda que boa parte dos contratos son de carácter temporal. Pero este avance non chega a todos: aumentan o número de fogares con tódo-los activos no paro ou aqueles que non teñen ningún ingreso.
O consello da Xunta aprobou o teito de gasto para 2022. Ascende a 11.571 millóns

Coronavirus: os casos activos aumentan a menor ritmo pero hai 13 hospitalizados máis.


Xa están en vigor os descontos polo uso frecuente da AP-9, pero con críticas en Redondela e Vigo.

Hoxe protestan porque a medida non supón que se eliminen as cabinas de cobro. Pra non pagar, os conductores terán que dispoñer do dispositivo de telepeaxe.

Protestas esta tarde en defensa da sanidade pública en Ribadeo e Vigo...
 

O aumento de casos da pandemia xa ten consecuencias nas restriccións nos concellos. Desde o sábado haberá 12 en nivel máximo e no nivel alto 48, incluidas as 7 cidades.
 

Esta medianoite entraron en vigor as rebaixas nas peaxes da AP-9. OS camioneiros quéixanse de que o 20 por cento de desconto que se lles aplicará non abonda.

O Estado retira o recurso de incons-titucionalidade contra a lei galega de saúde. A Xunta deberá redactar unha disposición adicional sobre cando será obrigatoria a vacinación.

O Concello da Coruña e o goberno galego negociarán qué aportación fai a Xunta para a adquisición dunha parte dos terreos do Porto Interior.
 

As 7 grandes cidades pasan ó nivel alto de restriccións. Xa estaban Ourense, Pontevedra e Vigo, e segundo acordo do comité clínico tamén pasan a este rango, A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo. Outros 12 concellos están en nivel máximo.
Pero, agora os establecementos hosteleiros non teñen que pechar, aínda que deben esixir certificado de vacinación ou proba negativa.
A incidencia de casos aumentou un 25 por cento nunha semana.
A incidencia de casos nos grupos de entre 12 a 29 anos está por riba da media e pasa dos 2 mil casos por cada cen mil habitantes.
A próxima medianoite entran en vigor os descontos na autopista AP-9. O Boletín oficial do Estado publica hoxe o Decreto aprobado polo Consello de Ministros.

A rebaixa das peaxes decepciona ós transportistas, que reclamaban un desconto de alomenos un 50 por cento e que queda no 20 por cento.


Os gandeiros denuncian que Mercadona está tirando os prezos do leite coas súas marcas brancas.

A Federación Rural de Galicia asegura que está cobrando polo litro de leite entre 58 e 62 céntimos, un prezo -din- insostible.

Hoxe estamos pendentes do que decidiu o Comité Clínico celebrado a tarde pasada e do que se informa esta maña. Podería aumentar as restriccions naqueles concellos que sumaron máis contaxios na última semana. Mentras, os positivos seguen aumentando: 1.200 casos diarios.

A espera para intervencións cirúrxicas baixa en xuño ata os 70 días segundo o Sergas. A Covid non incrementou o tempo de agarda.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegura que a área metropolitana será a maior beneficiada da rebaixas das peaxes na AP-9. Feijoo insiste en que a bonificación aos transportistas debería ser maior.

Nova mobilización dos traballadores de ENCE. A subdelegada do goberno en Pontevedra os empraza a setembro para convocar a mesa de diálogo sobre o futuro da pasteira.

Comeza en Ourense vacinación dos 17.000 adolescentes de entre 16 e 19 anos que solicitaron a autocita.

O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta.

A todos os vacinados ofrecíaselle a posibilidade de participar nun cribado.