Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comeza nesta cidade vacinación dos 17.000 adolescentes de entre 16 e 19 anos que solicitaron a autocita

O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta anos

Temos xa máis de 18 mil persoas contixiadas e seguen aumentando as hospitalizacións: 30 en cuidados intensivos.
En todo caso, en sanidade preocupan os casos, pero de momento non o nivel asistencial.

O pleno da Deputación de Lugo aproba unha moción en defensa da sanidade pública. O seu presidente fala de situación dramática no rural.
Santiago contará cunha plataforma loxística pró reparto de mercadorías na zona vella.

É un dos proxectos incluidos no plan investidor de 281 millóns de euros prós vindeiros once anos aprobado polo Real Padroado. Pretende acabar co excesivo tránsito de camións na área monumental.

Os viños galegos teñen que servir para manter a paisaxe, xerar riqueza, fixar poboación e atraer turistas.

Con este obxectivo presentouse esta mañá a Estratexia de Dinamización das Comarcas Vitivinícolas, que afectará ás nosas cinco denominacións de orixe ata 2026.

A un ano de cumprir o seu primer cuarto de século, o Salón do Cómic da Coruña, volverá a abrir o próximo día 9.

É a segunda que se fai baixo os condicionantes da pandemia, pero desta volta case non se prescinde de ningunha actividade.

 O Consello de Ministros aproba hoxe o Real Decreto que vai baixar as peaxes na AP-9. A medida comezará a aplicarse antes de que acabe o mes, é dicir antes do domingo. O máis destacado é que a viaxe de regreso é de balde se se fai nas 24 horas seguintes ao de ida. O custe das bonificacións para o Estado é de 55 millóns de euros anuais ata 2048, ano en que remata a concesión.

 O presidente da Xunta defende a esixencia do certificado covid para acceder aos locais de hostelería. Dí que é o único xeito de mantelos abertos.

 Sanidade informa de tres novas mortes por Covid nos últimos. Os novos casos descenden por terceira xornada consecutiva, aínda que continúan por riba do milleiro.

 A histórica conserveira Thenaisie Provote, que ten 140 traballadores entre o Grove e Mos, espera que algunha das tres oferta de compra que hai logren salvar a empresas.

Os descontos na AP-9 poderían comezarse esta mesma semana.
O decreto correspondente vai ser aprobado mañá no Consello de ministros.

Xa saben as viaxes de volta no mesmo día serán de balde, incluídos festivos, e aínda pode sumarse un 20 por cento de desconto máis en funcion do número de viaxes.
En Galicia xa hai máis de 17 mil persoas con coronavirus e soben as hospitalizacións.

xa hai máis de 250 persoas ingresadas, 30 máis nunha xornada. En críticos hai 25 enfermos, tres máis ca onte.

Detectado un brote de Covid-19 con 22 peregrinos contaxiados en dous albergues do municipio coruñés do Pino.

En Ourense, sete usuarios do "Fogar do Transeúnte" están confinados tras detectarse un positivo por Covid.

Antes de que remate este ano, o PSdeG vai face unha proposta para reformar o Estatuto de autonomía.

O secretario xeral, Gonzalo Caballero, di que é hora de actualiza-lo. O portavoz do PP, Pedro PUy, é excéptico sobre a posiblidade de que se poida chegar a un acordo.


Aprázase a declaración do Chicle nun xulgado de Noia en relación á suposta violación da súa cuñada.

O motivo é que o fiscal tiña que participar noutro procedemento. Fixouse unha nova cita para mañá.

  • En 1956 comezaron as emisións en Madrid, pero non foi ata cinco anos despois cando se puideron ver de xeito regular aquí

Permitiuno a instalación dun centro emisor en Santiago, inaugurado tras unha obra de catro anos

En 1956 comezaron as emisións en Madrid, pero non foi ata cinco anos despois cando se puideron ver de xeito regular aquí en Galicia. Foi grazas a instalación dun centro emisor en Santiago, a antena do Pedroso, inaugurada despois dunha complexa obra na que precisaron catro anos.

 A poucos días de que remate o mes de xullo a baixada das peaxes na AP-9 vai facerse realidade. As bonificacións que terán os usuarios da autoestrada serán presentadas hoxe pola ministra de Transportes, Raquel Sánchez, e mañá serán aprobadas no Consello de Ministros.

 Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijoo destacan na entrega da Medalla de Ouro de Galicia aos sanitarios que o labor en equipo despregadona comunidade na campaña de vacinación resultou exemplar.

 Na tradicional ofrenda ao Apostol celebrada na Catedral de Santiago, o Rei Felipe VI loubou á solidariedade dos cidadáns na crise sanitaria.

 O BNG reclama na tradicional manifestaación do 25 de xullo un estatus de nación para Galicia cun novo rango político e xurídico.

En el Día de Santiago Apóstol, los reyes han presidido la ofrenda en la Catedral de Santiago de Compostela. Minutos antes, en la Plaza del Obradoiro, y después del saludo de las autoridades, Felipe VI ha pasado revista a diferentes secciones militares, mientras los cazas de la Patrulla Águila han atravesado el cielo gallego.

Foto: El Presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, el rey Felipe VI y el Presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante la ceremonia de entrega de la Medalla de Galicia en Santiago de Compostela (EFE/Ballesteros)

Galicia celebra o seu día grande. Un 25 de xullo centrado, no institucional, na ofrenda ó Apóstolo que neste Ano Santo ofreceu ó Rei na Catedral, nunha visita coa familia real ó completo, onde Felipe Sexto apelou á unidade de España e á convivencia.
Actos institucionais que continuarán pola tarde, tamén coa asistencia do presidente do goberno Pedro Sánchez, para participar xunto a Felipe VI na xuntanza do Real Padroado de Santiago e na entrega das Medallas de Galicia ó colectivo sanitario encargado da vacinación. No político, celebración do Día da Patria coa manifestación que discorre arestora polas rúas de Compostela coa que o BNG reclama o dereito ó autogoberno de Galicia.
Volve aumentar o número de contaxios pola Covid, con 22 hospitalizados mais e mais de 1.400 novos contaxios...
E na entrevista dos domingos, hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
De seguida empezamos.

Han pasado ocho años del accidente del Alvia en Santiago, una tragedia que dejó 80 muertos y 144 heridos. La plataforma de víctimas reclama saber la verdad ¿Qué paso? ¿Por qué no funcionaron los sistemas de frenado automático? ¿Cómo estaba el trazado y la seguridad de la línea? Esta semana se ha anunciado que se abrirá el juicio oral contra el maquinista y el ex director general de seguridad de ADIF en 2022. Piden para ellos 4 años de prisión e inhabilitacion. Pero la asociación exige responsabilidades políticas y que se abra una investigación independiente. Para ellos el accidente no solo se debió a un error humano.

Foto: Familiares de las víctimas del accidente del tren Alvia participan en el acto homenaje que se realiza en el octavo aniversario en el lugar del accidente (EFE/Óscar Corral)

Manifestación en Galicia de las víctimas del accidente del tren Alvia que descarriló hace 8 años cerca de Santiago. Murieron 80 personas y más de 140 heridos resultaron heridos. Piden una investigación independiente y justicia para la víctimas.

Foto: La Plataforma de Víctimas Alvia 04155 recuerda a los fallecidos y afectados en el octavo aniversario del descarrilamiento del tren (EFE/XOÁN REY)

Os hosteleiros aseguran que non se están cumprindo nin poden facer cumprir as novas obrigas que pide a Xunta para permitir entrar no interior dos cafés e restaurantes nos concellos con nivel mais alto de restriccions. Primeiro día de novas normas, con respaldo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ás limitacions de reunions de non convivintes.
Os casos de covid seguen medrando: con mais de 1.300 novos contaxios e tres falecidos nas últimas horas.

Hoxe, no oitavo aniversario do accidente do Alvia en Santiago, as familias volven homenaxear ás víctimas. Manifestáronse este mediodía en Santiago para reclamar unha investigación independente do accidente.