Hoxe comezan as vacinacións por cita ordinaria dos menores de 20 anos. A sociedade galega de medicina interna cre que é un paso fundamental na estratexia de vacinación, pero pide que se manteñan as medidas que os protexeron no curso que rematou en xuño.
Os hostaleiros da Coruña ven extemporáneas e excesivas as novas restricións. Recúrrenas ante o tribunal superior. Culpan ós hostaleiros que recurriron contra o certificado Covid.
Os ecoloxistas piden máis controis sobre as concesións hidroeléctricas. Alertan das repercusións no medio ambiente do baleirado de encoros que se está a producir.
A campaña do polbo está sendo un éxito. Nos primeiros corenta días as descargas ofrecen cifras sete veces superiores ás de hai doce meses. E un dos precios medios máis altos da serie histórica
Hai 85 anos era fusilado o intelectual galeguista Alexandre Bóveda. No seu recordo, e o de tódalas víctimas da represión franquista, numerosos actos celebran o día da Galiza Mártir.
Encoros da provincia de Ourense tamén están afectados polo valeirado intersado por parte de Iberdrola. Están ao 46 por cento da súa capacicade máxima.
---Continúa as protestas polo recurte de aulas nas escolas. A tarde pasada houbo concentracións de denuncia en Brión e Sada.
----A primeira quincena de agosto foi de record para os establecementos turísticos das Rías Baixas. O que queda de mes será de boa ocupación pero non de cheo absoluto
Xa están en vigor as novas restricións que reducen as cabidas nos establecementos de hostalaría dos concellos que se atopan nos niveis máis altos de risco. Son 55 os municipios afectados, entre eles as cidades agás Santiago e Ourense. Todos poderán abrir os seus interiores ata o 30% de capacidade. Nesta situación queda tamén O Grove, que saíu finalmente do nivel máximo. Mañá o comité clínico revisa o mapa de restricións.
Reparamos hoxe tamén na situación dos encoros... a capacidade dos ourensáns baixou ao 46%, cando a media neste tempo é do 71%.
Cos trebellos de pesca e o móbil para difundir nas redes o seu traballo e o coidado do medio mariño
- Rogelio Santos comezou a contar historias nas redes sociais porque un profesor o animou
- O seu labor é recoñecido con premios e chámano para facer divulgación nos centros educativos
O seu teléfono móbil élle unha ferramenta igual de imprescindible cós aparellos de pesca
Esta noite entran en vigor as novas restricións na hostalaría aprobadas pola Xunta a raíz da negativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de permitir que se esixa o certificado COVID pra acceder ó interior dos locais.
Restablecido o tráfico ferroviario na liña Zamora-Ourense. Tivo que ser cortada polo fume dun incendio en Vilar de Barrio, en Ourense, que está controlado, despois de arrasar 20 hectáreas
Os transportistas reclaman ao goberno central un alivio fiscal no diésel. Encher o depósito sae hoxe 15 euros máis caro que o ano pasado por estas datas. A marxe de rendabilidade é mínima pros profesionais do sector
As Rías Baixas marcan un mes de agosto de récord de visitantes grazas ó bo tempo. Os hostaleiros aseguran que semella un ano normal, con altas ocupacións e moitos visitantes
Os encoros de Ourense están a case un 30% menos de capacidade que noutros anos por estas datas. A presa máis grande da provincia, a de Vilariño de COnso, está ó 18 por cento da súa capacidade. Temen que as eléctricas estén baleirando pra aproveitar a suba da luz.
O tempo solleiro desta fin de semana trouxo de novo incendios forestais ainda que non foron de moita consideración. Esta mañá preocúpanos un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, en Ourense. Ainda que se fala de que leva calcinadas unha 20 hectáreas o pior é que as lapas obrigaron a cortar a vía férrea Zamora-Ourense.
O Grove -o único concello que permanece en nivel máximo de restricións- está pendente do que decidda mañá o Comité Clínico. Podería baixar do nivel moi alto ao alto.
Os municipios de Vimianzo, Zas e A Baña, mobilizaranse se Abanca confirma o peche das respectivas sucursais de ABANCA.
Concentración este domingo convocada polo BNG en Oleiros, para denunciar as pintadas contra o colectivo LGTBI ás portas dos Institutos Miraflores e Xosé Neira Vilas de Perillo.
A partir desta noite péchanse os interiores dos establecementos de hostalaría naqueles concellos que permanezan en nivel máximo de restricións. Só o Grove está nesta situación.
Nos que estean en nivel alto a ocupación destes espazos pasa do 50 ao 30%. É o caso das cidades, agás Santiago e Ourense. No lecer nocturno os niveis medios e medio alto baixan tamén do 50 ao 30.
Son as novas medidas despois de que a xustiza rexeitase o certificado covid.
Un incendio en dúas naves dunha empresa de reciclaxe de cartón no concello ourensán de Barbadás moviliza bombeiros de toda a provincia. Xa está controlado. Os bombeiros traballan arestora para arrefriar as instalacions, despois de evitar durante toda a noite que as lapas se propagasen a outras naves. Hai cuantiosos danos.
Na portada, tamén o malestar na hostelaría polo anuncio da Xunta de novas restriccions a partir do martes tras negar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o permiso para esixir certificado covid para acceder ó interior dos locais.
Interior dos locais que terían que pechar no nivel máximo de restriccions, -lembremos que o único en Galicia nesa situación é o Grove-. E no sector hosteleiro da localidade, incertidume á espera de confirmarse que Sanidade podería rebaixar o nivel de alerta.
Entrevista ó Doutor Enxeñeiro de Montes e Catedrático da USC, Antonio Rigueira.
A entrevista foi realizada por Xosé Manuel García.
- Desautorizada la medida, a las 00:00 horas del martes entrará en vigor un plan alternativo con medidas ya conocidas
- Coronavirus: última hora | Curva por comunidades | Hospitales y UCI | Mapa mundial
- Guía de restricciones | Vacunas en España | Vacunas en el mundo | Especial: La gran vacunación
O concello do Grove terá que pechar o interior da hostelaría a partir do martes, se a Xunta segue adiante coa súa intención de aplicar novas restriccions, á espera de recibir antes desa data o permiso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para esixir o certificado covid.
Novas restriccions anunciadas onte á noite pola Xunta, e recibidas con indignación polo alcalde do Grove.
Nos datos do covid, baixa o número de afectados, case cen con respecto a onte, ainda que hai novos gromos nas residencias de maiores, cun total de 80 contaxiados: o último, 28 usuarios da residencia García Hermanos de Betanzos
Entrevista coa Directora e Fundadora do Festival de teclado da eurocidade Tui-Valença IKFEM, Andrea González, realizada por Óscar González
A ferrolá Melissa López viu o seu éxito despegar en redes sociais grazas aos seus videos de baile publicados en Tik Tok
- Influencer, a profesión que revoluciona as redes, sometida a unha posible regularización
- Un vídeo dela viralizou e decidiu meterse nunha axencia porque viu que podía gañar cartos co que xa facía por lecer
As lapas levan arrasadas unhas 200 hectáreas en Rubiá, en Ourense, onde se tiveron que despregar numerosos medios pra evitar danos maiores. Ourense e Lugo están en alto risco de lumes polas altas temperaturas previstas
A Xunta presentou a petición ó Tribunal Superior pra que avale a esixencia de certificado Covid na Hostalaría. Insiste en que non sería preciso, porque a nova lei de saúde pública os facultaría pra tomar este tipo de medidas.
O sindicato médico de Galicia pide a dimisión do xerente da área pontevedresa. Alertan dunha situación insostible na atención primaria. Cren que o conselleiro está poñendo interese políticos por riba das súas responsabilidades
Piden responsabilidade ante as celebracións da ponte da asunción. Soben os contaxios e as hospitalizacións en vésperas das xornadas con máis reunións familiares e festas de todo o ano.
1.200 puntos de atención pra reforza-la protección da muller no Camiño de Santiago. Cada vez son máis as que fan o camiño, pero este ano rexistráronse dúas agresións contra elas. Contarán con información e apoio pra garantiza-la súa seguridade.
O bo tempo trae desgraciadamente aparellada a aparición dos incendios forestais en calquera punto da nosa xeografía. Arestora estamos moi pendentes do que na tarde pasada se delcarou no concello ourensán de Rubiá. Cando ao solpor se retiraron os sete avións e os cinco helicópteros que participaban na súa extinción perimetraban a área afectada polas lapas en 150 hectáreas. Veremos canto se extendeu na noite.
A CIG cualifica de crítica a situación da atención primaria en toda a provincia de Pontevedra. Aseguran que os tempos de espera para unha cita poden chegar a mais dun mes.
En Malpica a marcha do goberno municipal do único concelleiro independente deixa ao alcalde socialista sen maioría. Polo momento non se plantexa unha moción de censura.
A Deputación de Ourense estuda a posibilidade de reconverte-lo Pazo Provincial nun hotel-balneario. Hai augas termáis baixo o edificio.
Tres semanas despois de aprobada a orde a Xunta anuncia que vai acudir ó Tribunal Superior de Galicia para que avale a esixencia de certificado COVID para entrar nos locais de hostelaría dos concellos que están nos dous niveis máximos de incidencia. Nunha nota, o executivo sinala que non fixo antes a solicitude porque pensaba que non afectaba a dereitos fundamentais. O alto tribunal galego acredita que si e aulou a vixencia da orde.
A oposición fala de chapuza.
Este venres temos que volver a falar de incendios... do que se rexistra no concello ourensán de Rubiá.
Ourense rexistra temperaturas moi altas, aínda que Galicia queda á marxe da vaga de calor que afecta a maoior parte da península
- Las imágenes están incluidas en el sumario del caso, que revela que el joven recibió más de 40 golpes durante la paliza
- Horas después del crimen, uno de los principales responsables repitió insultos homófobos contra Samuel en un parque
- El TSJ de Galicia ha tumbado la medida con el argumento de que la Xunta no pidió el aval
- Coronavirus: última hora | Curva por comunidades | Hospitales y UCI | Mapa mundial
- Guía de restricciones | Vacunas en España | Vacunas en el mundo | Especial: La gran vacunación