Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Preocupación en Ferrol polo futuro da empresa Electrorayma. Podería pechar se non acada un acordo con Navantia. Deixaría na rúa a 150 traballadores.


O alcalde de Teo queda en minoría ó rachar o pacto de goberno que mantiña co Partido Socialista. Rafa Sisto espera chegar a acordos co BNG.


4.000 veciños de Curtis continúan sen auga potable desde o xoves por culpa dun vertido de purín.


Deportes. Alex Suárez continuará no Obradoiro ata 2024.

Hoxe coñeceremos os reultados do comité clínico que este luns debatiu a nova estratexia na pandimia unha vez que os datos reflexan xa prácticamente unha situación de normalidade. A incidencia de casos así o reflicte. Por iso, agora estúdase prestar unha maior atención ós gromos para tratar de evitar a tempo unha nova repunta de casos.
Protagonismo hoxe para Vestas. Os traballadores vanse trasladar a Santiago onde ás catro da tarde se constitúe unha mesa, na que estará tamén a empresa, para tratar de evitar o peche da fábrica de Viveiro. Trátase evitar que pase a engrosar as listas do paro. Que xa non nos deron boas noticias en setembro.
O tempo. anunciase unha melloría, tamén das temperaturas.

Galicia entrou hoxe no que se coñece como nova normalidade. Isto é, hai unha incidencia de coronavirus inferior aos 25 casos por cada 100.000 habitantes. É de 22,9 contaxios. É xunto a Asturias a segunda comunidade nesta situación. Con estes datos riba da mesa, o comité clínico estuda esta tarde as novas medidas que regularán as actividades aínda restrinxidas. Barállase restablecer horarios e cabidas en función das licenzas dos establecementos e xa non da incidencia da COVID-19. Para iso, será chave ampliar o rastrexo de casos e a vixilancia dos gromos que poidan ir xurdindo.

Un equipo de arqueólogos trata de localizar unha das pezas emblemáticas da tradición xacobea, a pedra na que se supón que se pousou o corpo do Apóstolo, no desembarco en Galicia. Venerada nos primeiros séculos das peregrinacións, cren que debeu quedar logo sepultada no recheo do río Sar.

O paro subiu en Galicia o mes pasado algo máis dun punto, en concreto un 1'18, mentres que baixou no conxunto de España un 2'3 por cento. Os sindicatos salientan ese diferencial: que a nosa comunidade se desmarque negativamente da tendencia estatal.

A Xunta prefire face-la comparación non co mes anterior, senón con antes da pandemia

O presidente de Conxemar, José Luis Freire, pide a baixada do IVE para os productos pesqueiros. Quere que se lles aplique o 4 por cento, como se fai cos productos agrarios.


En Ferrol, unhas 150 familias están pendentes da situación de Electro Rayma. Esta auxiliar do naval presentou unha demanda contra Navantia por 4,7 millóns de euros.

En Teo, o alcalde rompe co seu socio de goberno.
Retira as competencias ós catro edis do PSOE, ós que acusa de deslealdade, e queda só coa apoio de tres concelleiros nunha corporación de 17.

A Garda Civil investiga as causas do accidente que lle custou onte a vida a unha muller en Mondariz-Balneario. Foi aplastada por unha árbore de grandes dimensións mentres asistía a un concerto

O 18 de febreiro de 1978 ardeu o Pazo de Meiras, a residencia veraniega de Francisco Franco durante toda a dictadura. Os soldados da Brigada Aerotransportable foron empuxados fóra das súas camas para tratar de salvar do lume tódolos bens posibles. 43 anos despois, un daqueles soldados relata o que sucedeu aquela noite. As súas palabras reviven as dúbidas sobre se aquel incendio foi provocado, e se se utilizou para tapar un expolio de obras de arte. 

Veciños e comerciantes da rúa do Vilar de Santiago avalían os danos do apagón da fin de semana. Estiveron doce doce horas sen luz na madrugada do sábado ó domingo.

A alcaldesa de Coruña e o conselleiro de Sanidade asinan esta mañá o convenio para a construcción dun centro de saúde no mercado de Santa Lucía.

Ferido un policía municipal de Santiago cando mediaba nun pelexa as portas dunha discoteca.

 


Na Coruña, expertos en arquitectura analizan dous barrios senlleiros da cidade: o barrio da Flores e Cidade Xardín.

Deportes.O Racing de Ferrol empata co Racing de Santander na Malata. O Deportivo segue segundo na clasificación.
 

Un concerto acaba da peor maneira posible en Mondariz-Balneario. Non faltaba moito para o final cando unha árbore de grandes dimensións caeu sobre o público nos xardíns do Hotel Balenario. Unha muller morreu e varias persoas máis resultaron feridas.
Unha fin de semana de novo con incidentes no Ensache, a zona da movida en Santigo, a pesar de que o sector do lecer nocturno, en xeral, non ampliou horarios pola dificultade de aplicación das medidas de seguridade.
Lembren que hoxe de novo hai paros en Renfe.
Deportes. Derrota do Celta e empate do Lugo. Moito mellor en baloncesto con triunfos dos dos equipos da ACB.
O tempo. Van predominar os ceos cubertos con chuvias, máis probables na metade oeste.