As enfermeiras que poñen as doses da vacina da covid... o persoal que atende nos centros de saúde... aqueles que levan meses sen ver a cara ós pacientes... parte do sector sanitario galego ten unha cita nuns minutos en Vigo para reclamar melloras para uns servizos que consideran empobrecidos, denuncian que a situación ESTÁ agravada pola pandemia... en seguida estamos alí....
Esta é unha das principais novas dunha xornada de dificultades para moverse no tren en Galicia debido á folga de maquinistas, paros que, saiban, continuarán mañán...
E hoxe tamén descubriremos os tesouros ocultos que emerxeron durante as obras de restauración da Catedral de Santiago.
A Coruña é a cidade galega con máis traxectoria en centros comerciais. Alí abría hai dez anos Marineda City, un dos máis grandes de España. A competencia e a crise económica fixeron que algúns pecharan e outros atravesen momentos de incerteza.
O número de persoas que padecen covid19 en Galicia baixa ata o milleiro. Bos datos que levan á Xunta a anunciar que a semana que ven estudarán unha nova metodoloxía pra avalia-la incidencia. Centrarase en cómo aborda-los gromos, e servirá pra decidir sobre as restricións.
O BNG denuncia que a atención primaria está ó borde co colapso. Esta tarde está prevista unha manifestación en Vigo para demandar máis medios e persoal para a sanidade pública.
Os pediatras, que celebran congreso na Coruña, analizan o impacto da COVID nos nenos. Ainda que o virus non lles afecta de forma grave, os especialistas constatan un incremento dos problemas psiquiátricos, incluidas autolesions e tentativas de suicidio.
A denuncia dunha empregada do fogar de Vigo atopa o dictame favorable do avogado xeral do Tribunal de Xustiza europeo. Estima que excluir das prestacións por desemprego a este colectivo, na maioría mulleres, é contrario ó Dereito comunitario.
Queixas polas deficiencias na comunicación por estrada entre Ferrol e A Coruña. Esta tarde está prevista unha concentración ante a estación de autobuses ferrolá.
Xornada de mobilizacións laborais dos traballadores da banca.
En Ourense, o sindicato CIG denunciou que o vinte por cento das horas extraordinarias non se pagan nin se cotizan. En Vigo.... concentración contra o ERE do Banco de Sabadell.
Os desacordos continúan na Coruña en torno a compra dos peiraos interiores. O Concello rexeita asinar a semana próxima coa Xunta o protocolo de adquisición.
O alcalde de As Pontes, Valentin González Formoso, presenta esta tarde a súa candidatura para dirixir ós socialistas galegos.
O BNG pide no Congreso dos Deputados que se levante o veto a construcción naval civil en Navantia Ferrol.
Deportes. O Deportivo xuvenil perde por tres goles a cero no seu debut na Youth League. A súa cobntinuidade na competeción decídese o día 20 en Riazor.
Se teñen previsto viaxar hoxe en tren comproben primeiro que servizos están operativos. Hoxe é o primeiro dos sete días de folga convocados polos sindicato de maquinistas daquí ó día do pilar.
Último día de mes, xornada fixada pola Xunta para pechar os grandes centros de vacinación, aínda que no da Coruña aínda se vai manter a actividade ata a fn de semana.
E este xoves hai convocada unha manifestación en Vigo para reclamar máis medios ó persoal para a sanidade pública.
O tempo. Cando levante a neboa vai quedaru un día de ceos despexados e as temperaturas subirán por riba dos 20 graos.
O rei, Felipe Sexto, pediu aquí en Galicia sensibilidade con quen peor o pasou na pandemia agora que se atisba a recuperación. Palabras do xefe de Estado durante a inauguración do Foro la Toja.
Un acto ás portas do que houbo protestas, as dos traballadores de ENCE e da Mesa pola Normalización Lingüística.
E esta tarde ingresou en prisión provisional o último detido polo crime de Samuel Luiz. Trátase dun mozo, amigo dos outros detidos, que está investigado por asasinato. Con el son sete os acusados.
Familiares con fillos en sete centro escolares coruñeses reclaman profesores para as prazas vacantes. Inflaron globos ás portas dos colexios para denunciaren que están “a piques de estoupar”. Din que hai alumnos aos que non se lles detectou a necesidade especial por non haber medios.
A xuizo do presidente da AMPA do CEIP Ramón de la Sagra de A Coruña, Marcelino Triñanes, “son as principais vítimas. Os alumnos con necesidades especiais teñen que ter mestres específicos para poder apoialos. E hai un problema aínda máis grave: alumnos aos que non se lles detectou esa necesidade especial porque non hai medios para facelo.”
A protesta máis multitudinaria foi a que protagonizaron as familias dese centro educativo, que marcharon en manifestación desde o colexio ata as portas do edificio administrativo da Xunta, para pedir á Consellería de Educación que adopte as medidas precisas para solucionar a situación.
Xa son sete os detidos en relación co crime que lle cuestou a vida a Samuel Luiz na Coruña. Esta mañá pasou a disposición xudicial o spetimo detido e estamos á espera das medidas que determine o xuiz que investiga o crime.
O último arresto, como coautor da brutal paliza, en palabras do delegado do goberno, é consecuencia da investigación policial que está na súa fase final.
A Xunta de persoal do hospital Vigo considera que a atención primaria e hospitalaria na área sanitaria está nunha situación crítica
Xustifican a manifestación prevista para para mañá pola tarde na cidade olívica, polas axendas interminables de pacientes, listas de agarda e colas á entrada dos centros de saúde.
Sete colexios de infantil e primaria da Coruña, Culleredo e Oleiros protestan hoxe pola falta de profesorado.
Denuncian que os recortes afectan especialmente ós alumnos con necesidades especiais.
A plataforma Stop Eólicos do Xurés-Celanova alerta do riscos dun parque eólico
Está previsto a dez quilómetros do Parque Natural do Xurés. Denuncian falta de información das autoridades á veciñanza sobre o risco pra fauna ou pro abastecemento de augas.
Un dispositivo especial de seguridade intentará evitar que se repitan, en Santiago, os disturbios e os enfrontamentos entre os estudantes e a policía municipal vividos o xoves da semana pasada..
No dispositivo participan as policias municipal, nacional e autonómica.
Estará en vigor hoxe, mañá, xoves, e o sábado.
7 colexios de infantil e primaria da Coruña, Oleiros e Culleredo protestan esta maña pola falta de profesorado.
O comité de empresa de Alú Ibérica pide que se cree un gabinete de crise para afrontar a situación pola que atravesa a planta. Está en preconcurso de acreedores.
Os estudantes da Facultade de Farmacia reclaman, nas rúas de Compostela, un novo edificio.
Deportes. O Deportivo xuvenil debuta esta tArde en Polonia na Youth League, a champións dos máis pequenos.