Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Una persona ha muerto y varias más han resultado heridas al desplomarse un árbol en la localidad pontevedresa de Mondariz-Blaneario. Ha ocurrido durante un concierto al aire libre en una zona ajardinada próxima al hotel balneario. Por razones que se desconocen, pasadas las nueve de la noche, el árbol cayó sobre parte del público que presenciaba el espectáculo. La víctima mortal es una mujer y entre los heridos se encuentra también su marido.

Valentín González Formoso considera que os galegos non validaron o proxecto que Gonzalo Caballero encabezou nas pasadas autonómicas e que non se percibe capacidade de melloría. O candidato ás primarias para elexir ó novo secretario do PSdeG critica as primarias "expres" convocadas pola dirección do partido.

Esta noite pasada Galicia deu un paso mais de cara a normalidade ao entrar en vigor as novas normas para a apertura do lecer nocturno. Finalmente case todos os locais non se acolleron á posibilidade de aumentar aforo e abrir ata as catro polas complicacións que lle supón. A Xunta agarda que o vaian facendo pouco a pouco.

E este mediodía sairon en manifestación os traballadores de Vestas en Viveiro para protestar contra a pretensión da multinacional de pechar a fábrica de Chavín e despedir aos 115 operarios.
 

Noite de venres, noite de festa para moitos... os que se decanten por acudir a algún local de lecer nocturno deben levar con eles o certificado covid... algúns dos establecementos, aqueles que decidan acollerse ó novo escenario para abrir ata máis tarde, deberán solicitarllo.... A xunta tira peito do aval xudicial ó seu plan... mais o sector considera que non ten medios para cumprir todas as normativas.. miran cara outras comunidades e desexan despedirse das limitacións...


Esta é unha das principais novas dun día que nos deixa unha data sinalada no calendario: o mes de decembro. Será cando chegue, por fin, o AVE a Galicia...


E seguimos cun ollo na Mariña.. onde os traballadores da industria que dá de comer á comarca seguen elevando a súa voz para pedir unha solución que lles garanta un futuro.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera xustificado pedir o certificado covid para entrar nos establecementos de lecer nocturno

A Xunta pide ao Estado que amplíe a reclamción xudicial da propiedade dos bens do Pazo de Meirás a outros 49 obxectos.

As estafas bancarias telemáticas superan xa a contía dun millón de euros na nosa comunidade. É a estimación que fai a unión de Consumidores de Galicia que tenta organizar unha reclamación conxunta ante as entidades

O BNG vai presentar iniciativas para que se rescate a concesión da AP-9. Tamén queren que se reprobe ós gobernos do PP e do PSOE que aceptaron a ampliación sen concurso previo.

Dous concellos galegos, uns oito mil veciños, non teñen auga potable. Trátase de Muxía, onde se confirma contaminación bacteriana da traída, e Curtis, por un verquido de purín ó río.