Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os traballadores de Alcoa non tiran a toalla. Nestes momentos visualizan o seu conflito cunha caravana de coches que remata as dúas en Burela.

Este domingo coñecimos que o Papa Francisco podería visitar Santiago o ano que ven, o segundo deste Xacobeo bianual. Sería a principios de Agosto.

No tempo da entrevista a convidada é Luz Couce, directora do Centro de Investigacións Sanitarias en Santiago. Couce suliña que a pandemia amosou entre outras cousas a importancia de investir en investigación.

As primarias no PSdeG marcan a actualidade deste sábado pero non é o único evento político desta xornada. Elixen secretario xeral entre o actual, Gonzalo Caballero, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Mentras, o BNG celebra o seu Consello Nacional no que Ana Pontón comparece despois de que o xoves anunciara que remataba o seu período de reflexión e que continuará como portavoz dos nacionalista. E o Partido Comunista elexiu Teis para pechar os actos conmemorativos do seu centario.

Polo demais a pandemia segue con tendencia alcista nos casos activos e na presión hospitalaria pero baixan os novos contaxios.

A variante Delta Plus da Covid xa está en Galicia. Na Coruña detectaronse tres casos dunha modalidade do virus que é máis contaxiosa, concretamente en dous cidadáns chegados de Bélxica e un de Italia. Con todo polo de agora non preocupa ao Sergas malia que aumentara algo a incidencia de casos covid.

Todo nun venres de comezo de Ponte de Tódolos Santos no que se agarda un cheo total de ocupación turísticas. En Sanxenxo, e non é o único sitio, hai 100 por cento de ocupación.

A repunta dos casos activos de Covid e xa dun 20 por cento na última semana, e volven superar os 500. En concreto hoxe son 505, 28 máis que onte, tras detectarse 56 novos contaxios nas últimsa horas. A presión hospitalaria, polo momento, continúa baixa, e os pacientes ingresados son 25 dos que soamente tres están nas UCI. O balance de falecidos dende o inicio da pandemia ascende a 2.652, trala morte onte dun home de 52 anos en Ourense. // O Presidente da Xunta comunicou que xa apareceron en Galicia os primeiros contaxiados coa nova variante Delta Plus. // O mellor Celta da tempada topou onte en Balaídos cunha parede na Portaría da Real Sociedad. O australiano Ryan, que se estreaba na Liga, demostrou moitos reflexos. Parou ata seis tiros, que poideron darlle a vitoria aos celestes. (29/10/2021)

Moitos vecinos sentían esta mañanciña o tremor de terra de magnitude 4´4, que se rexistraba fronte a costa cantábrica, entre as provincias da Coruña e Lugo, e que deixou moitos sustos pero sen ocasionar danos. // Casas de turismo rural e hoteis dos principais destinos, practicamente ao completo para a ponte festiva, con moitas reservas vinculadas ao bono turístico. Tráfico preve case medio millón de desprazamentos ata a medianoite do luns. // Cortadas a man, unha por uha. Así traballan nesta cooperativa de flores de Betanzos, para preparar a festividade de defuntos, que concentra o 30 por cento das vendas de todo o ano. Galicia é a terceira comunidade con maior producción. (29/10/2021)

Moitos vecinos sentían esta mañanciña o tremor de terra de magnitude 4´4, que se rexistraba fronte a costa cantábrica, entre as provincias da Coruña e Lugo, e que deixou moitos sustos pero sen ocasionar danos. // Casas de turismo rural e hoteis dos principais destinos, practicamente ao completo para a ponte festiva, con moitas reservas vinculadas ao bono turístico. Tráfico preve case medio millón de desprazamentos ata a medianoite do luns. // Cortadas a man, unha por uha. Así traballan nesta cooperativa de flores de Betanzos, para preparar a festividade de defuntos, que concentra o 30 por cento das vendas de todo o ano. Galicia é a terceira comunidade con maior producción. (29/10/2021)

Unha nova fronte fai entrada hoxe en Galicia, os ceos cubertos e os chubascos ocasionalmente intensos van ser os protagonistas a partir da tarde, nalgúns casos acompañados de aparato eléctrico. Un panorama similar ao que se prevé durante a fin de semana. As temperaturas máximas seguen en descenso. (29/10/2021)

Non se fala doutra cousa en boa parte do norte da Coruña e de Lugo. A terra tremeu baixo os nosos pés. Fíxoo de mañanciña, cando moitos estaban aínda na cama, e os máis madrugadores comezábamo-lo día. Foi o de máis magnitude dende 1997, pero o epicentro estivo o bastante lonxe da costa pra que hoxe só haxa que lamentar algún que outro susto ou mal espertar... Non só no norte... O instituto xeográfico nacional asegura que chegou a sentirse tan ó sur coma na Pobra ou en Quiroga, e incluso nalgúns puntos de Asturias...

Un terremoto sacudiu hai pouco máis dunha hora a zona norte de Galicia. Foi sobre as seis e media. O movemento sísmico, con epicentro no mar, ó norte de Ortigueira, tivo unha magnitude de 4,4 graos na escala ritcher.
O terremoto foi perceptible en cidades como A Coruña e Ferrol que nos sorprendeu nun venres no que estamos endentes do remolque dun portconetenedores. Quedou sen máquina e está sendo conducido ó porto de Vigo.
E con Alcoa, como nome propio... os trballdores contentos despois de que o Supremo confirmase que a multincional non pode pechar as cubas nin despedir a medio milleiro de empregados, pero a dirección xa adianta que non cambia nada e que a fábrica non é viable.
Deportes. O celta cae en Balaídos fronte ó lider de primeira, a Real Sociedade.

O Tribunal Supremo ratificou a sentenzaza do Superior de Xustiza de Galicia, que anula o ERE de Alcoa en San Cibrao, que pretendía o despedimento de 524 traballadores. Agora eles dín que o goberno debe facerse coa fábrica para vendela.

Tamén este xoves coñecimos a boa evolución do emprego. A EPA recolle a baixada do paroen 25 mil 700 persoas no terceiro trimestre do ano en Galicia.