Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Recoñecemento real para un colexio galego. O Centro Clara Torres de Tui recibe o premio Princesa de Girona a mellor Escola do Ano. Felipe e Letizia departiron cos alumnos, que lles deron amplas mostas dos seus coñecementos e materias como a nutrición sostible. // Os socialistas galegos decidirán esta fin de semana quen vai ser o seu secretario xeral. Na recta final para as primarias, os dous candidatos, Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso confrontaron os seus programas nun debate cara a cara.

 // Un novo centro de alta tecnoloxía dirixido ao sector pesqueiro acaba de abrir en Marín, da man da empresa Satlnik. Ofrece servizos de comunicación por satélite para a frota, e pretende, ademais ser un referente para formar profesionais altamente cualificados. // Celébrase na Coruña "Intersección", un festival de arte audiovisual contemporánea que trae á cidade as últimas tendencias cun formato pouco convencional, que converta a Fundación Luís Seoane en lugar de encontro entre artistas e público. (28/10/2021)

Entregan o premio á mellor escola do ano ao Centro Rural Agrupado Mestra Clara Torres, que ten as súas aulas espalladas por cinco parroquias do concello pontevedrés

O ERE de Alcoa queda definitivamente, anulado. O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, que declarou a nulidade por entender que a empresa actuou de mala fe durante a negociación do período de consultas. // O Colexio Rural Agrupado de Tui é recoñecido co premio Princesa de Girona como Escola do Ano. Os Reis Felipe e Letizia acudiron a entrega do galardón, e departiron con profesores e alumnos, que lles deron amplas mostas dos seus coñecementos. // Ana Pontón confirma que volverá optar a continuar como máxima dirixente do BNG. Logo do período de reflexión, marca como obxetivo para o nacionalismo conseguir agora a presidencia da Xunta. // Galicia sumou 35.800 empregos no terceiro trimestre, co sector servizos impulsado polos bos resultados da campaña de verán. A taxa de paro cae ó 10 por cento, dous puntos por debaixo da media do conxunto de España. (28/10/2021)

A fronte fría moi activa que entra polo noroeste, está a deixarse notar xa. Os ceos van estar máis cubertos conforme avance o día, con chuvias localmente fortes e que serán xeneralizadas pola noite. As temperaturas máximas descenden. (28/10/2021)

O ERE de Alcoa queda definitivamente, anulado. O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, que declarou a nulidade por entender que a empresa actuou de mala fe durante a negociación do período de consultas. // O Colexio Rural Agrupado de Tui é recoñecido co premio Princesa de Girona como Escola do Ano. Os Reis Felipe e Letizia acudiron a entrega do galardón, e departiron con profesores e alumnos, que lles deron amplas mostas dos seus coñecementos. // Ana Pontón confirma que volverá optar a continuar como máxima dirixente do BNG. Logo do período de reflexión, marca como obxetivo para o nacionalismo conseguir agora a presidencia da Xunta. // Galicia sumou 35.800 empregos no terceiro trimestre, co sector servizos impulsado polos bos resultados da campaña de verán. A taxa de paro cae ó 10 por cento, dous puntos por debaixo da media do conxunto de España. (28/10/2021)

El Tribunal Supremo ha confirmado la anulación del ERE queAlcoa pretendía aplicar en la planta de San Cibrao, en Lugo. La empresa no podrá apagar las cubas de electrólisis ni ejecutar los más de 500 despidos previstos. El Comité de Empresa dice que esta decisión confirma la mala fe con la que actúa la multinacional americana del aluminio e insiste en que el futuro de la fábrica pasa por la intervención pública hasta encontrar un comprador.

Alcoa non vai poder apagar as cubas de electrólise e tampouco executar o despedimento de 524 traballadores. O Tribunal Supremo confirma a senteza do Superior de Galicia favorable ós intereses dos empregados da fábrica de aluminio primaro da Mariña.
Pero o fallo non pecha o conflicto laboral, pero si pode facilitar a venda das instalacións

O paro baixou en 25 mil 700 persoas no terceiro trimestre do ano en Galicia. Os sindicatos sinalan que son empregos vinculados a campaña estival e advirten do incremento da precariedade, tamén no sector público.

Ana Pontón confirma que se presenta para continuar liderando o BNG. Asegura que a formación está en dondicións de disputar a hexemonía que ten o Partido Popular.

O alcalde de Ourense asegura que desviar cartos de Democracia ourensana á súa televisión é o mellor para os ourensáns. Está convencido de que a querela da fiscalía vai ser arquivada.

Tui recibe este xoves a visita dos Reis de España. Hai uns minutos fixeron entrega do premio escola do ano 2020, da fundación princesa de Girona, ó Colexio rural agrupado "Mestra Clara Torres".

Hoxe soben de novo, por cuarto día consecutivo, os casos activos de Covid. Son 473, 23 máis que onte, e os novos contaxios detectádos elévanse a 59, 16 máis. Hai un paciente ingresado máis, ata un total de 24, dos que 5 están na UCI. A cifra de persoas falecidas ascende a 2.651, ao notificarse nas últimas horas a morte dun home de 81 anos en Ourense. // A Xunta quere manter no sistema sanitario ao 80% dos profesionais que foron contratados para facerlle fronte á pandemia. Así o indicou Núñez Feijóo, fronte ás denuncias da oposición de que van ser despedidos 1.200 traballadores sanitarios. // Un grupo de empresas da madeira Lanza a marca Pino de Galicia. Pretenden fomentar a prantación de coníferas como piñeiro do país, o insigne ou o silvestre, ante a gran demanda do mercado internacional e a necesidade das industrias de converterse en sustentables. (27/10/2021)

Endesa prepárase para reanudar a actividade na central térmica das Pontes.
Hoxe está previsto que chegue ó porto de Ferrol un barco con 20.000 toneladas de carbón.
A compañía tamén está chamando a empregados seus que tiveron que deixar As Pontes para traballar noutros centros de Endesa en España.
A térmica está parada. Pero podería volver producir electricidade, se llo ordena Red Electrica Española.


--- Arrancan as negociacións entre Navantia e Electrorayma. A empresa auxiliar reclama 4,7 millóns de euros pola construcción dos buques AOR para Australia.

--- A autoridade Portuaria da Coruña e a Universidade poñen en marcha un proxecto de monitorización de datos... que mellora a operativa dos barcos.

--- O concello de Muugardos négase a devolverlle 6 millóns de euros a Reganosa. A regasificadora basea a súa reclamación no cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas.


--- O aeroporto coruñés de Alvedro contará, por primeita vez, cun voo directo con París

Reis estarán hoxe en tui. Viaxan para entregar ó Colexio Rural agrupado Mestra Clara Torres o reio Escola 2020, como exemplo de dinamización do ensino nas contornas ruris.
Sobre a pndemia, por segundo día aumenta a transmisión do virus. Hai máis dun mes que non se rexistrban tantos positivos nun día.
Sen avances na última reunión do ERE de Vestas e hoxe volve, despois de dous anos, a entrar carbón no porto de Ferrol para Endesa.
Deportes. O Celta xa volve a xogar hoxe. Recibe ó que ata esta xornada era o lider provisional da liga, a real Sociedade.

Compromiso do presidente da Xunta para tentar manter en plantilla do Sergas ao 80 por cento do persoal sanitario de reforzo que se contratou pola pandemia. Alberto Núñez Feijoo adiantouno no Parlamento na sesión de control.

Esta tarde non se conseguiron avances para evitar o peche da factoría de Vestas en Viveiro, na reunión que mantiveron os traballadores e a empresa.