Sanidade non descarta ampliar a obrigatoriedade do pasaporte COVID a máis ámbitos aínda que hai expertos que cuestiona a utilidade da medida pra evitar contaxios. Considera que so serve para incentivar a vacinación.
O conselleiro García Comesaña sinala que a ocupación hospitalaria será a que determine se se poñen ou non novas restriccións.
O caso é que a incidencia en Galicia xa está por riba da media estatal e nos colexios hai mais positivos que o ano pasado por estas datas.
Hoxe tamén destacamos que a ministra de transportes arrefría as posibilidades do traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia.
Deortes. O Arenteiro, Bergantiños e Deportivo avanzan na Copa... hoxe é o turno para o Lugo.
O tempo... levantámonos con máis frío.
O goberno central descarta a transferencia da AP9 a Galicia.. di que xa fixo bastante coas bonificacións...
É a última nova dunha xornada na que os casos activos nos colexios superan xa os 1000, e na que a presión hospitalario sube especialmente en Ourense... o persoal xa non da abasto...
Recolleremos tamén a delicada situacion da antiga planta de Alcoa na Coruña, Alu Iberica, que entra en concurso de acreedores, asi o declarou xa un xulgado da cidade. Pese a todo, din os expertos do BBVA que hai lugar á esperanza, que galicia recuperará a súa riqueza tras a pandemia.
- Uns 345.000 galegos están chamados a recibir a terceira picada nos centros de vacinación masiva desde hoxe
- O novo grupo coincide cos últimos que reciben o reforzo trala vacina monodose de Janssen
Uns 345.000 galegos están chamados a recibir a terceira picada nos centros de vacinación masiva desde hoxe. A vacinación comezou sen apenas ringleiras e con fluidez.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
A sexta vaga da pandemia non da signos de melloría. Ó contrario, na última xornada detectáronse máis de 700 novos contaxios, unha cifra que non se recorda dende o pico do mes de agosto. E nalgúns hospitais a presión comeza a ser insoportable. Iso denuncian as enfermeiras da planta covid de Ourense, que piden máis persoal pra denuncian que están a atender a case un terzo dos ingresados de Galicia sen un reforzo de persoal...
Dende a consellería de sanidade apoian a recomendación xeral de reduci-las reunións, pero non se estudan novas medidas.
En el primer día de "estado de calamidad" en el país vecino, conocemos cómo afectan las restricciones a trabajadores y vecinos de algunas de las zonas fronterizas de Galicia, Castilla y León y Extremadura.
As obras da nova facultade de Farmacia da Universidade de Santiago comezarán en 2022. Contruirase no Campus Sur
Santiago será a sede do centro de Protonterapia de Galicia, que financia a Fundación Amancio Ortega.
Deportes. Victoria de A Coruña e Racing de Ferrol, eliminados da Copa do Rey. Hoxe debutan o Deportivo o Bergantiños.
No tempo da entrevista, falaremos co periodista Iván Aguiar. Acaba de publicar o libro La génesis de Langosteira, sobre o porto exterior da Coruña.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
A incidencia da COVID xa rebasa os 200 casos por cada 100 habitantes despois de que este martes se comunicaran outros cincocentos positivos. Hoxe comeza a acudir ós centros de vacinación o grupo de 60 a 69 pra recibir a dose de reforzo.. De momento non hai novas medidas: a Xunta non necesario impoñer novas restriccións..
Alcoa: os traballadores non aceptan a proposta da multinacional e farán unha contrproposta. E outro multinacional é noticia, Inditex ó anunciarse o relevo de Pablo Isla que será substituído por Marta Ortega. Un cambio que non foi ben recibido polos mercados.
Deportes. Na Copa, eliminados Victoria e Racing e avanza o Celta. Hoxe turno para o Deportivo, o Bergantiños e Arenteiro.
O tempo... regresan as chuvias pero a cambio subiron as temperaturas mínimas.
Os traballadores de Alcoa din NON á proposta da multinacional pra recuperar o 100 por cento de actividade en 2024... non ven razóns pra estar parados ata esa data e non queren ademais que a fábrica deixe fora das medidas de protección ós compañeiros das empresas auxiliares.
É unha das principais novas dunha xornada na que a incidencia da covid supera os 200 casos a 14 dias... a xunta baralla usar o certificado covid en máis ambitos ademais dos actuais pero descarta de momento mais restricións. Si as haberá en Portugal a partir de mañá, e afectan ós cidadáns galegos.
Os expertos dubidan da eficacia das medidas para impedir a propagación da nova variante da covid
- Aconsellan combinalas con prevención e vacinas
- A variante ómicron demostra a importancia de vacinar a toda a poboación mundial
Aconsellan combinalas con prevención e vacinas. A variante ómicron demostra a importancia de vacinar contra a covid a toda a poboación mundial
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo