Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Dúbidas, preguntas e desconfianza... é o que xera entre traballadores e isntitucións o anuncio de Alcoa de que recúa na decisión de peche da factoría da Mariña... Pide a cambio un parón de dous anos, nos que só se fabricaría alúmina, e garantizaría cobertura ós traballadores. Un intento da multinacional de poñer fin á folga que lles impide vender milleiros de toneladas de aluminio, agora en prezos récord... As administracións piden probas e garantías... E os traballadores das auxiliares alertan de que eles non están cubertos....
 

Queda un mes para que se inicien os traballos de dragaxe da ría do Burgo.
Pero os 80 mariscadores afectados ainda non saben quén lles vai pagar as indeminizacións por non poder traballar. Xunta e goberno central non se poñen de acordo.
De momento, seguen dispotos a impedir o arranque das obras.



--- Aumentan as hospitalizacións por coronavirus. Hai ingresadas 46 persoas na provincia.


--- O concello de Santiago aproba a licenza para construir unha gasolinera preto da urbanización de Brandía, en Vidán.


--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusa a Xunta de non investir na cidade.


--- Deportes. Día histórico para o Victoria da Coruña. As sete recibe, no estadio de Riazor, ó Vilarreal na primeira eliminatoria da Copa do Rei. Falaremos co seu presidente.

A incidencia da COVID en Galicia achégase cada vez máis á media...xa está nos 190 casos por cada 100 mil habitantes a 14 días. E nas últimas horas comunicáronse tres novos falecementos. Xa hai 5 mil persoas coa enfermidade...e aumenta a presión asistencial. De momento as medidas de control limítanse o uso do pasaporte COVID.
Portugal aclara que estarán exentos de presentar proba negativa os que crucen a fronteira por motivos laborais. Para o resto os controis serán aleatorios.
E hoxe saberemos se os traballadores de Alcoa considern aceptable a proposta da dirección de interromper a actividade dous anos co compromiso de non eliminar emprego e reactiva-la producción en 2024.
Incendio de madrugada nunha fábrica de mobles en Forcarei. Os incendios tardaron cinco horas en apaga-lo lume.
Deportes... Hoxe empezan as eliminatorias de Copa. Os primeiros en competir, o Celta., Racing e o Vitoria, que recibe ó Vila-real.
O tempo...hoxe non teremos chuvias e soben as temperaturas.

Galicia non tiña tantos casos activos de covid desde o 6 de setembro, xusto despois dos meses de vacacións... a sexta onda preocupa, aumentan os hospitalizados, e hai gromos relacionados con persoas sen vacinar.


A mala evolución da pandemia segue a ser unha das principais novas nun dia no que o futuro de Alcoa pode despexarse pronto. A multinacional fala por primeira vez de manter a actividade.

Sanidade non ten previsto de momento adoptar novas medidas pra tratar de poñer freo ó número de casos desta sexta onda. Un aumento que hoxe se fai notar especialmente nos hospitais... cun aumento de 26 ingresados, 5 máis nas unidades de críticos, nas que preocupa a entrada directa de xente nova sen vacinar. Malia estes datos, o conselleiro asegura que a ocupación do sistema sanitario aínda non é preocupante e agarda a coñece-lo resultado das medidas activadas esta fin de semana, Polo de agroa non se estuda recortar horarios ou cabidas na hostalaría.

Empeoran os datos epidemiolóxicos da pandemia snaitaria.
ARRANCA a semana con máis persosas enfermas e con máis hospitalizados de covid.
Hai 41 doentes ingresasdos, e 10 deles permanecen en coidados intensivos.
As persoas con covid superan xa as 1300 nas tres áreas sanitarias da provincia.


--- As mulleres do rural son as que máis sofren a violencia machista, segundo denuncia a presidenta da Federación de mulleres rurais de Galicia.

--- O carballo de Conxo aspira a converterse na árbore Europea de 2022.


--- Deportes. O Deportivo empata co Bilbao Athletic e segue como lider. Ten tres puntos máis que o segundo, o racing de Santander, que non foi quen de gañarlle ó Unionistas.


--- No tempo da entrevista, falaremos dos problemas do barrio de San Lourenzo en Santiago

Sanidade non descarta adoptr máis medidas para conte-la pandemia daquí o nadal. Pero, de momento, vai agardar a ve-lo impacto das que estraron en vigor esta fin de semana que que se limitan ó uso do pasaporte COVID.
Os casos aumentan medio milleiro cada día e este domingo tamén foi relevante o incremento de hospitalizacións, haberá que agardar para ver que parte é atribuible á fin de semana, que é cando se dan menos altas.
No Barco, os veciños volveron sair á rúa: denuncian o desmantelamento do hospital comarcal.
E hoxe protagonismo tamén para Stellantis,que empeza a negociar un novo ERTE, e para o sector lácteo: o ministro de Agricultura reúne hoxe a representntes dos distintos eslabóns da cadea alimentraia.
O tempo...xa con menos frío

Nova protesta sanitaria para denunciar o deterio do servizo. Este mediodía profesionais e veciños manifestaronse no Barco para denunciar o que cualifican o desmantelamento do Hospital de Valdeorras.

Mentras os casos de covid seguen medrando a un ritmo de máis de 500 nun día, unha stuación, que hoxe sí se traslada xa a presión hospitalaria.

No tempo da entrevista a convidada é Verónica Marcos, presidenta da Federación de mulleres rurais. Denuncia o recorte de servizos no Rural, desde a sanidade, ensino ou bancarios e que marxinan a poboación de máis idade.